Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do día... 1/7/2018

PERÍODO VOLUNTARIO DE COBRO DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA E RÚSTICA, EXERCICIO 2018.

01/07/2018 - Novas do Concello

Infórmase aos contribuíntes que o período voluntario de cobranza dos bens inmobles de natureza rústica e urbana (I.B.I.), para o exercicio 2018, comeza o 2 de xullo e finaliza o 3 de setembro, ambos inclusive.

Os recibos por este concepto estarán ao cobro en período voluntario, nas oficinas do CONCELLO DE COLES, mediante pago con tarxeta, ou na rede de sucursais da entidade bancaria colaboradora de ABANCA.

A partires do 4 de setembro do 2018 os recibos pasan a periodo executivo, nos prazos e coas recargas e intereses de demora que legalmente procedan.

O feito de non recibir o tríptico non exime das obrigas fiscais, podendo solicitar un duplicado e rectificar os erros que impediron a súa recepción.

Os recibos emitidos no ano 2018 manteñen os MESMOS TIPOS IMPOSITIVOS QUE SE VEÑEN APLICANDO DENDE O ANO 2012:

• Bens de natureza rústica: 0,34 %

• Bens de natureza urbana: 0,40 %

A base sobre a que se aplican os tipos impositivos indicados é a que establece o MINISTERIO DE HACIENDA a través do CATASTRO.

Por outra banda, nos recibos emitidos no ano 2018 indícase o número total de parcelas sobre as que se calculou o IBI, porque así o establece a lei, detallando as referencias catastrais dalgunha delas (ata un máximo de 8 segundo o modelo).

No número total de parcelas que consta no recibo están incluídas todas as edificacións que posúa o contribuínte, sempre segundo os datos facilitados polo catastro.

Para calquera aclaración,diríxanse ás oficinas municipais para ser informados ao respecto.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal