Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do día... 13/7/2018

LIMPEZA DE FONTES E LAVADOIROS

13/07/2018 - Novas do Concello

O concello de Coles, puxo en marcha este pasado mes de maio un programa integral de limpeza de fontes e lavadoiros existentes nas distintas aldeas do concello, actuándose nun total de 41 infraestruturas deste tipo.

 As tarefas, fundamentalmente, consistiron na limpeza de muros e peches dos lavadoiros, así como das fontes, e na retirada de lodos e máis na roza de toda a área de influencia. ​

Estas actuacións son un primeiro paso de cara á posterior restauración daquelas fontes e lavadoiros que o precisen, como iniciativa nun plan deseñado polo concello para recuperar e poñer en valor estas construcións, que ata fai unhas décadas tanta importancia tiveron na vida diaria da nosa xente, e que son parte do noso patrimonio etnográfico a preservar.


CAMPAÑA DE LIMPEZA DE CAMIÑOS E VÍAS MUNICIPAIS

13/07/2018 - Novas do Concello

O concello de Coles rematou a primeira fase do plan de limpeza do concello. Esta fase tivo unha actuación a dúas bandas, a primeira delas desenvolta polo persoal do concello, os cales realizaron limpeza de cunetas de vías municipais, así como os diferentes rexistros que existen no concello en tódolos núcleos de poboación.  ​

Por outra banda, xunto con catro empresas, procedeuse á limpeza das vías e camiños dentro dos núcleos rurais. ​Seguindo co cronograma de actuación nos campos públicos, que se desenvolven ao longo de todo o ano.   ​

Estas  actuacións estiveron marcadas polas condicións climatolóxicas destas últimas semanas, que favoreceron o maior crecemento de vexetación, motivo de que nos próximos días se proceda á limpeza dos núcleos rurais e vías, que, de ser preciso, volverán a limparse nunha segunda volta.

A segunda fase do programa desenvolverase coas limpezas e rozas de camiños rurais, é dicir, os camiños que comunican os diferentes núcleos de poboación. Camiños que, por diferentes actividades deportivas, se limpan de forma regular durante o ano con motivo, por exemplo, da BTT e Ruta Cabalar, no primeiro semestre, ou da Andaina de Coles, no segundo.

Esta fase dará comezo nos próximos días, coa posta en marcha das  brigadas contra incendios.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal