Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do día... 17/2/2018

PLAN MARCO CONCELLO DE COLES "Mellora da capa de rodadura"

17/02/2018 - Novas do Concello

Nos próximos dias o Concello de COLES vai a iniciar os traballos de mellora de vias municipais dentro da plan municipal de obras. En concreto, estas están incuidas no PLAN MARCO "PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 2017-2018" que van a consistir en realizar duas actuacións na Parroquia de Ribela (San Xillao):

- Mellora de camiño en O Pazo:

Esta actuación consistirá no acondicionamento do camiño que dá acceso ao lugar de Ou Pacios ou Aldea de Se en Carballedo, desde as inmediacións da estrada provincial de Barra de Miño, dando servizo ás leiras que existen a ambos os dous lados do camiño. Con esta actuación preténdese a execución dun novo firme de formigón nun camiño actualmente totalmente deteriorado e en pésimas condicións de uso.

- Mellora de Camiño en Prados.:

Esta actuación consistirá no acondicionamento do camiño situado no Lugar de Prados, Consiste no mantemento da pista a base do movemento de terras normal da retroexcavadora para a apertura da caixa e achega de zahorra para a execución dun bo firme.

O importe total das obras e de 49.162,30 €. O concello de Coles financia o 21% destas obras, mentres que o 79% restante procede do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER, que aporta o 75% desta parte), o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MARM, que aporta o 7,5% de dita parte) e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER, de quen procede o 17,5% restante da antedita proporción).


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal