Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do día... 2/10/2017

AUDITORIO - MES DE OUTUBRO -

02/10/2017 - Novas do Concello

Este mes de outubro, no Auditorio de Coles, poderemos desfrutar das seguintes actuacións:

O domingo día 8, ás 18:30h, o grupo musical "OS MENINOS" amenizará a tarde con música portuguesa.

E o domingo día 29, ás 18:30h serán protagonistas as corais, nun concerto onde actuarán: a Coral "ENCANTIÑO" (Barra de Miño, Coles), a "CORAL POLIFÓNICA DE TABOADA" (Taboada, Lugo) e a Coral Polifónica "ECOS DO AVIA" (Ribadavia).


OFERTA DE CONTRATACIÓN LABORAL PARA UN POSTO DE LIMPADOR/A

02/10/2017 - Novas do ConcelloConvocatoria para a contratación laboral que logo se indica, en cumprimento do Decreto da Alcaldía de data 27/09/2017. 1. Número de prazas:1. 2. Denominación: persoal de limpeza ou limpiador/a. 3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal de interinidade. 4. Xornada: parcial, 20 horas semanais, de luns a venres. 5. Servizo: Servizo de limpeza. 6. Sistema de selección: concurso de méritos. 7. Duración do contrato: ata reincorporación da traballadora substituída. 8. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 487,32 €. 9. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: CINCO días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación desta Convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. 10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34 – 32152 Coles) e na súa páxina Web www.concellodecoles.com.

 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal