Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do día... 22/3/2018

AUDITORIO COLES MES DE ABRIL

22/03/2018 - Novas do Concello

Ó longo do mes de abril vanse realizar as seguintes actuacións no Auditorio de Coles.

O domingo día 15  ás 19:00 horas, desfrutaremos dunha tarde de concerto a cargo da "BANDA DE MÚSICA DA LIMIA".

BANDA DE MÚSICA DE COLES "SANTÁDEGA" ofrécenos un concerto o domingo día 22 ás 19:00 horas. 

E para remate de actuacións do mes de abril, o domingo día 29  ás 19:00 horas, concerto de acordeón de "FOLES DE OURENSE", cos alumnos e alumnas  de escolas de música e do Conservatorio de Música de Ourense, baixo a dirección de Celia Adrián.  


PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS. OBRIGAS DOS/AS PROPIETARIOS/AS NA LIMPEZA DE FINCAS

22/03/2018 - Novas do Concello

Coa chegada do verán é do máximo interese para tódolos veciños e veciñas de Coles que as leiras, montes e soares existentes no Concello se atopen nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada. Se ben este é un deber que teñen os propietarios de terreos durante todo o ano, nestas datas cobra unha especial relevancia polo risco de incendios.

A lexislación vixente é moi clara ó respecto; así de conformidade co disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, obrígase á limpeza das leiras antes do 30 de xuño nas seguintes condicións:

-XESTIÓN DA MALEZA NUNHA FRANXA DE 50 METROS AO REDOR:

• do núcleo rural.

• de edificacións de calquera tipo (vivendas, galpóns, …). No caso de construcións sen licenza ou que non se axustaran á licenza concedida, o responsable da xestión da maleza/árbores é o titular da edificación, según establece a propia Lei.

• de infraestruturas de uso público e áreas recreativas.

-XESTIÓN DA MALEZA QUE SE ATOPE A MENOS DE 2 METROS DO BORDE DAS VÍAS E CAMIÑOS.

-CERTAS ÁRBORES REGULADAS NA DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA (PIÑEIROS, EUCALIPTOS ACACIAS…), NON PODEN ATOPARSE A:

• menos de 50 metros das edificacións.

• menos de 2 metros do borde das vías e camiños.

O incumprimento dará lugar á imposición de sancións por parte da Consellería do Medio Rural.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal