Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do día... 4/5/2018

AUDITORIO COLES: MAIO E XUÑO

04/05/2018 - Novas do Concello

O longo dos meses de MAIO E XUÑO  vanse realizar as seguintes actuacións no Auditorio de Coles.

O domingo día 20 maio ás 19:00 horas, desfrutaremos dunha tarde de concerto a cargo de ROSA CEDRÓN.

O domingo día 27 de maio ás 19:00 horas, a tarde de concerto sera a cargo da fadista MARIA DO CEO.

A Compañía Lirica de Galicia" ofrécenos un concerto de ópera, o domingo día 3 de xuño ás 19:00 horas.

O venres 22 de xuño as 20 horas terémos o concerto dos alumnos e alumnas da Escola de Musica do Concello.

Os días 8 de maio e 16 de maio, as 11:00 h., con motivo de dia das letras galegas, este ano dedicada a Mª VITORIA MORENO, teremos teatro infantil, cunha viaxe a través dá literatura galega o dia 8 de maio "CARTEIRO EN BICICLETA" da compañia Caxoto contacontos e o 16 de maio "OS CONTOS DÁ FESTA NON FAIADO" de A tropa de Trapo


INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES

04/05/2018 - Novas do Concello

O próximo día 8 de junio, os ciclomotores de dúas rodas e máis de 3 anos de antigüidade poderán pasar a I.T.V. na estación móbil que se instalará nas inmediacións do Edificio de Protección Civil en Vilarchao.

Os horarios serán de 9:00 h a 13:30 h pola mañá e de 15:15 h a 18:00 h pola tarde.

A documentación que se deberá de levar para revisar os ciclomotores de dúas rodas é: o permiso de circulación, a tarxeta de inspección técnica ou certificado de características do vehículo e o seguro obrigatorio.

O teléfono de solicitude de cita previa é o 902 30 90 00, na páxina web www.sycitv.com  ou nas oficina do Concello.


XORNADA INFORMATIVA. AXUDAS Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS

04/05/2018 - Novas do Concello

O vindeiro luns 7 de maio, no Auditorio de Coles ás 19:00 horas,  realizarase unha charla informativa, impartida por técnicos da Xunta de Galicia, na que explicarán as axudas vixentes para a rehabilitación de vivendas.

Esta charla dirixido a veciños e veciñas as cales pretendan rehabilitar unha vivenda situada nas parroquias polas cales discorra o camiño de Santiago.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal