Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES

04/05/2018 - Novas do Concello

O próximo día 8 de junio, os ciclomotores de dúas rodas e máis de 3 anos de antigüidade poderán pasar a I.T.V. na estación móbil que se instalará nas inmediacións do Edificio de Protección Civil en Vilarchao.

Os horarios serán de 9:00 h a 13:30 h pola mañá e de 15:15 h a 18:00 h pola tarde.

A documentación que se deberá de levar para revisar os ciclomotores de dúas rodas é: o permiso de circulación, a tarxeta de inspección técnica ou certificado de características do vehículo e o seguro obrigatorio.

O teléfono de solicitude de cita previa é o 902 30 90 00, na páxina web www.sycitv.com  ou nas oficina do Concello.


XORNADA INFORMATIVA. AXUDAS Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS

04/05/2018 - Novas do Concello

O vindeiro luns 7 de maio, no Auditorio de Coles ás 19:00 horas,  realizarase unha charla informativa, impartida por técnicos da Xunta de Galicia, na que explicarán as axudas vixentes para a rehabilitación de vivendas.

Esta charla dirixido a veciños e veciñas as cales pretendan rehabilitar unha vivenda situada nas parroquias polas cales discorra o camiño de Santiago.


AUDITORIO COLES: MAIO E XUÑO

04/05/2018 - Novas do Concello

O longo dos meses de MAIO E XUÑO  vanse realizar as seguintes actuacións no Auditorio de Coles.

O domingo día 20 maio ás 19:00 horas, desfrutaremos dunha tarde de concerto a cargo de ROSA CEDRÓN.

O domingo día 27 de maio ás 19:00 horas, a tarde de concerto sera a cargo da fadista MARIA DO CEO.

A Compañía Lirica de Galicia" ofrécenos un concerto de ópera, o domingo día 3 de xuño ás 19:00 horas.

O venres 22 de xuño as 20 horas terémos o concerto dos alumnos e alumnas da Escola de Musica do Concello.

Os días 8 de maio e 16 de maio, as 11:00 h., con motivo de dia das letras galegas, este ano dedicada a Mª VITORIA MORENO, teremos teatro infantil, cunha viaxe a través dá literatura galega o dia 8 de maio "CARTEIRO EN BICICLETA" da compañia Caxoto contacontos e o 16 de maio "OS CONTOS DÁ FESTA NON FAIADO" de A tropa de Trapo


SEMINARIO VALORIZACIÒN DE PRODUCTOS DA CONTORNA ELABORACIÓN DE CONSERVAS

24/04/2018 - Novas do Concello

O Concello de Coles, en colaboración con ADERCOU (Asociación de Desenvolvemento Rural comarcal de Ourense) e a Universidade de Vigo, organiza un seminario para:

VALORACION DE PRODUCTOS DA CONTORNA – ELABORACIÓN DE CONSERVAS”

¿Queres coñecer a importancia dos produtos que tes na túa horta, aprender a conservalos? Aposta por darlle importancia os produtos de calidade que tes na túa contorna…. por calidade , por sabor e por sostenibilidade !

LÍMITE DE PRAZAS: 15

DIA: 5 – Maio – 2018

HORA: 10:00 a 13:30 16:00 a 20:00

LUGAR: LOCAL SOCIAL DE SOBRAL

INSCRICIÓN: CASA DO CONCELLO (988 205 134)


II BTT DE COLES

11/04/2018 - Novas do Concello

O próximo 22 de abril  terá lugar a II BTT do Concello de Coles, na que deporte e aventura se xuntarán para desfrutar das fermosas paisaxes do concello.

Para poder participar deberás anotarte antes do día 21  de abril no seguinte enlace: 

http://inscripciones.ranckr.com/evento/ii-btt-concello-de-coles.

O número de inscricións será limitado, cun máximo de 200 participantes.

O prezo por inscrición será de 15 euros.

 

Este ano, como novidade,  poñerase en marcha Circuíto Ciclista Infantil,  de 10:00 h. a 13:00 h., para nenos e nenas ata 12 anos, totalmente gratuíto.

Os nenos e nenas que participen terán que vir con casco.

O circuito consistirá en circuito de educación viaria: sinais, pasos de peóns e semáforos e xincana de adestramente, carpa taller de reparacións de bicis.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal