Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

X ANDAINA SOLIDARIA DE COLES

05/10/2017 - Novas do Concello

A X ANDAINA SOLIDARIA DE COLES terá lugar el próximo domingo 22 de outubro de 2017.

O punto de partida estará situado no campo dá Feira de Cambeo.

Vaise realizar sobre unha distancia aproximada de 22 quilómetros, sendo circular, con punto central no campo dá Feira de Cambeo, podendo realizar un percorrido máis curto de 10 quilómetros.

A hora de saída será as 9:30 horas. Entregándose os dorsais 30 minutos antes.

Este ano o recaudado será para o programa "CARRIÑO DON AMABLE" DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO DE OURENSE.

A cota de inscrición será de 5 euros que se fará efectiva o mesmo día da andaina, previa inscrición imprescindible no concello de Coles. Dos cales 2 € serán para gastos de organización e 3€ a " Asociación Española Contra o Cancro de Ourense"

O longo dos percorridos haberá varios puntos de avituallamento e o finalizar a proba bocadillos, froita e bebida.

Sendo a data de incripción ata o día 19 de outubro.


AUDITORIO - MES DE OUTUBRO -

02/10/2017 - Novas do Concello

Este mes de outubro, no Auditorio de Coles, poderemos desfrutar das seguintes actuacións:

O domingo día 8, ás 18:30h, o grupo musical "OS MENINOS" amenizará a tarde con música portuguesa.

E o domingo día 29, ás 18:30h serán protagonistas as corais, nun concerto onde actuarán: a Coral "ENCANTIÑO" (Barra de Miño, Coles), a "CORAL POLIFÓNICA DE TABOADA" (Taboada, Lugo) e a Coral Polifónica "ECOS DO AVIA" (Ribadavia).


OFERTA DE CONTRATACIÓN LABORAL PARA UN POSTO DE LIMPADOR/A

02/10/2017 - Novas do ConcelloConvocatoria para a contratación laboral que logo se indica, en cumprimento do Decreto da Alcaldía de data 27/09/2017. 1. Número de prazas:1. 2. Denominación: persoal de limpeza ou limpiador/a. 3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal de interinidade. 4. Xornada: parcial, 20 horas semanais, de luns a venres. 5. Servizo: Servizo de limpeza. 6. Sistema de selección: concurso de méritos. 7. Duración do contrato: ata reincorporación da traballadora substituída. 8. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 487,32 €. 9. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: CINCO días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación desta Convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. 10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34 – 32152 Coles) e na súa páxina Web www.concellodecoles.com.

AUDITORIO DE COLES - OBRA DE TEATRO "SOLO"

18/09/2017 - Novas do Concello

O domingo día 24 de setembro ás 19:30 horas, no Auditorio de Coles, poderemos desfrutar dunha tarde de teatro a cargo do grupo Solo Teatro que presenta a súa obra "Solo", dirixida por Matilde Vázquez.

Esta obra está dirixida a público adulto


NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMESTICO

07/09/2017 - Novas do Concello

O Concello de Coles, un ano mais, inicia unha nova campaña de compostaxe domestico, nesta ocasión en colaboración coa Deputación de Ourense.

O obxectivo é o de reducir o volume global dos residuos producidos no fogar mediante a reciclaxe da materia orgánica en orixe e obter así un fertilizante natural con excelentes propiedades para o chan  e eliminar ou, cando menos, minimizar o uso excesivo de fertilizantes químicos, reducir o custo económico que se deriva da recollida, transporte, xestión e tratamento dos residuos urbanos, así como recuperar unha práctica tradicional da cultura galega son outros dos obxectivos básicos que se perseguen con esta campaña, sen esquecer o compoñente educativo e de participación cidadá que se deriva desta práctica. A campaña vai dirixida a empadroados de Concello de Coles, con prioridade os que nunca antes participasen nunha campaña de compostaxe realizada polo Concello. 

As persoas interesadas en participar neste plan deberanse anotar nas oficinas municipais antes do 15  deste mes.

Os fogares que se inscriban na campaña recibirán de forma gratuíta un recipiente (compostero) para realizar a compostaxe no fogar, así como un manual didáctico e  participasen nun taller   formativo específico na materia


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal