Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Cultura e Deporte

TALLER “INTERNET E REDES SOCIAIS. SEGURIDADE E RISCOS”

22/09/2016 - Cultura e Deporte

O CONCELLO DE COLES, coa colaboración do C.P.I. ANTONIO FAÍLDE organiza este taller co que se pretende dar a coñecer as diferentes formas de comunicación existentes hoxe en día a través de Internet, e tendo como finalidade ofrecer unha visión actualizada sobre as redes sociais e as súas diferentes aplicacións. 

Este taller servirá para obter información de primeira man sobre seguridade e bo uso das redes sociais para a súa posterior aplicación e tratamento.

Os OBXECTIVOS serán:

- Achegar ós rapaces ás Redes Sociais.

- Informar sobre como obter información da rede a través de fontes fiables.

- Usar internet de xeito eficiente e seguro.

- Fomentar a comunicación mediante a utilización de APPs instaladas en dispositivos móbiles.

LUGAR, DATAS E HORAS DE REALIZACIÓN:

C.P.I. ANTONIO FAILDE - Os xoves 6, 13, 20 e 27 de outubro - de 16:15 h a 17:15 h.

A INSCRICIÓN SERÁ NO C.P.I. ANTONIO FAÍLDE, mediante as fichas que se entregarán ó alumnado.


PROGRAMACIÓN AUDITORIO DE COLES MES DE XUÑO

15/06/2015 - Cultura e Deporte

Ao longo do mes de xuño vanse realizar as seguintes actuacións no Auditorio de Coles.

A primeira  será o sábado día 20 ás 19:00 horas vaise ofrecer os concertos de fin de curso da Escola de Música do Concello de Coles.

O domingo día 21 ás 19:00 horas, como motivo do día Día Europeo da música realizásese un concerto do "Grupo Sons do Fol". É un grupo de alumn@s e ex-alumn@s do Conservatorio de diferentes instrumentos: piano, saxofón, frauta, contrabaixo, clave, gaita e acordeón. Un programa variado e de diferentes estilos.

O domingo día 28 ás 19:30 horas o Grupo de teatro "IAD 12 +13" do IES UNIVERSIDADE LABORAL OURENSE presenta a obra "VODAS DE SANGUE" de Federico García Lorca. Vodas de sangue recolle a paixón amorosa dun home e unha muller por riba dos odios familiares e das normas sociais e ten como fin unha traxedia colectiva: a noiva fuxe co seu antigo noivo o día da súa voda e iso orixina a morte dos dous rivais


CONCERTOS DE PRIMAVERA

01/04/2015 - Cultura e Deporte

O vindeiro día 12 de abril, terá lugar, o I CONCERTO DE PRIMAVERA dentro da programación do Auditorio de Coles.

Abrirá o programa o concerto a cargo de Celia Adrián (Acordeón), Raquel Carrera (Violín) e Agustín Lage (Guitarra ).

O día 19 de abril o turno será para Purificación Iglesias (Piano), Santiago Comesaña (Clarinete) e Emilio José Vázquez (Saxo).

O día 26 de abril, Xoán Manuel Iglesias (Piano), Antonio Caneda (Trombón) e Esteban Noel Quintas (Trompa).

 Para pechar este ciclo de concertos contaremos, o día 3 de maio, coa Compañía Lírica de Galicia. Unha actuación extraordinaria na cal se representarán algunhas das obras musicais de maior beleza de tódolos tempos no seo da gala denominada “A Música Cantada Máis Sublime”.

O programa da compañía inclúe algunhas das creacións máis fermosas escritas para a voz humana. E así, o repertorio dá cabida a pezas operísticas de Mozart, Verdi, Puccini, Boito, Händel, Bellini, Cilea, Bizzet e Delibes, nunha aproximación ó canto dende a perspectiva da “música pura”.

Os mellores solistas da Compañía Lírica de Galicia, acompañados por un piano e, cando proceda, dunha serie de solistas instrumentais (arpa, frauta traveseira, violín, violonchelo) interpretarán obras mestras da Lírica, que emocionan ó público máis esixente e non deixan indiferente a ninguén.

Esta última actuación está subvencionada nun 50 % pola terceira edición de 'Cultura no Camiño', correndo a cargo o restante ós fondos do Concello.

Tódolos concertos serán ás 19 horas.

 

VI ANDAINA DE COLES

04/10/2013 - Cultura e Deporte

VI ANDAINA DE COLES terá lugar el próximo domingo 20 de outubro de 2013

O punto de partida estará situado no campo dá Feira de Cambeo.

Vaise realizar sobre unha distancia aproximada de 22 quilómetros, sendo circular, con punto central no campo dá Feira de Cambeo, podendo realizar un percorrido máis curto de 10 quilómetros. 

A hora de  saída será as 9:30 horas. Entregándose os dorsais 15 minutos antes.

A cota de inscrición será de 3 euros que se fará efectiva o mesmo día da andaina, previa inscrición no concello. Sendo a data limite da mesma ata o día 17 de outubro.

 


Música para o Día Internacional da Muller

07/03/2013 - Cultura e Deporte

O Concello de Coles co gallo da conmemoración do 8 de marzo, "Día Internacional da Muller", o domingo 10 de marzo, podemos asistir a un concerto gratuito.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal