PROGRAMACIÓN AUDITORIO DE COLES MES DE XUÑO
15/06/2015 - Cultura e Deporte
Ao longo do mes de xuño vanse realizar as seguintes actuacións no Auditorio de Coles.
A primeira será o sábado día 20 ás 19:00 horas vaise ofrecer os concertos de fin de curso da Escola de Música do Concello de Coles.
O domingo día 21 ás 19:00 horas, como motivo do día Día Europeo da música realizásese un concerto do "Grupo Sons do Fol". É un grupo de alumn@s e ex-alumn@s do Conservatorio de diferentes instrumentos: piano, saxofón, frauta, contrabaixo, clave, gaita e acordeón. Un programa variado e de diferentes estilos.
O domingo día 28 ás 19:30 horas o Grupo de teatro "IAD 12 +13" do IES UNIVERSIDADE LABORAL OURENSE presenta a obra "VODAS DE SANGUE" de Federico García Lorca. Vodas de sangue recolle a paixón amorosa dun home e unha muller por riba dos odios familiares e das normas sociais e ten como fin unha traxedia colectiva: a noiva fuxe co seu antigo noivo o día da súa voda e iso orixina a morte dos dous rivais