Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

TALLER “INTERNET E REDES SOCIAIS. SEGURIDADE E RISCOS”

22/09/2016 - Cultura e Deporte

O CONCELLO DE COLES, coa colaboración do C.P.I. ANTONIO FAÍLDE organiza este taller co que se pretende dar a coñecer as diferentes formas de comunicación existentes hoxe en día a través de Internet, e tendo como finalidade ofrecer unha visión actualizada sobre as redes sociais e as súas diferentes aplicacións. 

Este taller servirá para obter información de primeira man sobre seguridade e bo uso das redes sociais para a súa posterior aplicación e tratamento.

Os OBXECTIVOS serán:

- Achegar ós rapaces ás Redes Sociais.

- Informar sobre como obter información da rede a través de fontes fiables.

- Usar internet de xeito eficiente e seguro.

- Fomentar a comunicación mediante a utilización de APPs instaladas en dispositivos móbiles.

LUGAR, DATAS E HORAS DE REALIZACIÓN:

C.P.I. ANTONIO FAILDE - Os xoves 6, 13, 20 e 27 de outubro - de 16:15 h a 17:15 h.

A INSCRICIÓN SERÁ NO C.P.I. ANTONIO FAÍLDE, mediante as fichas que se entregarán ó alumnado.


     

    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
    (C) Concello de Coles - Aviso Legal