Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

VI ANDAINA DE COLES

04/10/2013 - Cultura e Deporte

VI ANDAINA DE COLES terá lugar el próximo domingo 20 de outubro de 2013

O punto de partida estará situado no campo dá Feira de Cambeo.

Vaise realizar sobre unha distancia aproximada de 22 quilómetros, sendo circular, con punto central no campo dá Feira de Cambeo, podendo realizar un percorrido máis curto de 10 quilómetros

Sairemos de Cambeo, percorrendo este ano a zona norte do concello:  Penas Albas, Santa Mariña de Alban, subiremos o Castro de Santa Agueda, e iremos  Vilaboa, Sas, A Telleira, Vilarnaz, Cambeo, Gustei, Pobadura, percorrendo un tramo da Ruta da Prata ata o Outeiro dos Ladróns, chegando a Eirexe e rematando no campo de  Cambeo.

A hora de  saída será as 9:30 horas. Entregándose os dorsais 15 minutos antes.

A cota de inscrición será de 3 euros que se fará efectiva o mesmo día da andaina, previa inscrición no concello.  Sendo a data limite da mesma ata o día 17 de outubro.

Todo o percorrido estará sinalizado, con estacas de  madeira e frechas,  con cintas branco/bermella e esprai marcador  laranxa-fosforito,  cunha distancia máxima entre sinais de 200 metros e nos cruces de camiños.

Ó longo do percorrido haberá tres puntos de avituallamento coa finalidade de prover ós participantes de auga e froita  durante o tempo no que se desenvolva a ruta.

O finalizar a proba haberá bocadillos,  froita e bebida. 


     

    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
    (C) Concello de Coles - Aviso Legal