Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

IV ENCONTRO DE BANDAS DE MÚSICA MEMORIAL D. JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ MONTES.

09/10/2016 - Novas do Concello

O próximo domingo día 16 de outubro, no Auditorio de Coles dará comezo o IV ENCONTRO DE BANDAS DE MÚSICA MEMORIAL D. JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ MONTES.

Os concertos serán os días 16 e 23 de outubro ás 18:00 h.

Nesta edición contaremos coa presenza das seguintes bandas:

- BANDA DE MÚSICA POPULAR DE RUBIÓS, AS NEVES-PONTEVEDRA, o domingo día 16

-BANDA INFANTIL DA ESCOLA DE MÚSICA DE COLES BANDA DE MÚSICA SANTÁDEGA COLES,  o domingo día 23.


IX ANDAINA DE COLES

02/10/2016 - Novas do Concello

A IX ANDAINA DE COLES terá lugar o próximo domingo, 23 de outubro de 2016.

O punto de partida estará situado na CARBALLEIRA DE VILARCHAO.

Vaise realizar sobre unha distancia aproximada de 21 quilómetros, sendo circular, con punto central a CARBALLEIRA DE VILARCHAO, podendo realizar un percorrido máis curto de 10 quilómetros.

A hora de saída será ás 9:30 horas, entregándose os dorsais 30 minutos antes.

A cota de inscrición será de 5 euros, que se fará efectiva o mesmo día da andaina, e previa inscrición no concello de Coles.

Dos 5 euros, 2 € serán para gastos de organización e 3€ para a ONG "FURGONETA SOLIDARIA A GUINEA BISSAU” (FUNDACIÓN CUM LAUDE), co Progama solidario “PROXECTO DE POSTA EN MARCHA DUN PEQUENO DISPENSARIO MÉDICO EN GAMBASSE, UNHA ALDEA DA SELVA GUINEANA “ .

Ó longo dos percorridos haberá varios puntos de avituallamento e, ó finalizar a proba, bocadillos, froita e bebida.

Sendo a data de incrición ata o día 20 de outubro.


FORO EMPRENDEMENTO

02/10/2016 - Novas do Concello

O concello de Coles organiza un programa de impulso para o emprendemento da mocidade deste municipio, pretendendo a participación directa da mesma na busca activa de emprego e na posta en valor dos recursos endóxenos. Sendo, ó mesmo tempo, un laboratorio de emprendemento.

O que se pretende con esta actividade é promover a empregabilidade e emprendemento mediante a visibilización de experiencias rurais de éxito no seu entorno, e dotar de ferramentas precisas, de forma activa e dinámica, para o emprendemento, establecendo un intercambio de experiencias en campos que son viables como vía de negocio do rural.

O Foro de emprendemento comprende tres foros, onde expertos en diversas materias compartirán as oportunidades de negocio no noso concello:

a. Apicultura como vía de negocio.

b. Produción de cervexa.

c. A plantación de mazairas para a produción de sidra.

O lugar de realización do foro será o sábado día 8 de outubro no Auditorio de Coles ás 18:30 h.

 
 
 

OBRADOIRO DE TEATRO

01/10/2016 - Novas do Concello

O Concello de Coles organiza un OBRADOIRO DE TEATRO dirixido tanto a rapaces como a adultos.

As persoas interesadas deberán facer a inscrición no concello

O venres, día 14 de outubro, será o acto de presentación, ás 20:00 h no salón de plenos do Concello.

Neste acto de presentación, o grupo determinará os horarios no que se levará a cabo o obradoiro.

O grupo vai estar dirixido por Matilde Vázquez.


TALLER “INTERNET E REDES SOCIAIS. SEGURIDADE E RISCOS”

22/09/2016 - Cultura e Deporte

O CONCELLO DE COLES, coa colaboración do C.P.I. ANTONIO FAÍLDE organiza este taller co que se pretende dar a coñecer as diferentes formas de comunicación existentes hoxe en día a través de Internet, e tendo como finalidade ofrecer unha visión actualizada sobre as redes sociais e as súas diferentes aplicacións. 

Este taller servirá para obter información de primeira man sobre seguridade e bo uso das redes sociais para a súa posterior aplicación e tratamento.

Os OBXECTIVOS serán:

- Achegar ós rapaces ás Redes Sociais.

- Informar sobre como obter información da rede a través de fontes fiables.

- Usar internet de xeito eficiente e seguro.

- Fomentar a comunicación mediante a utilización de APPs instaladas en dispositivos móbiles.

LUGAR, DATAS E HORAS DE REALIZACIÓN:

C.P.I. ANTONIO FAILDE - Os xoves 6, 13, 20 e 27 de outubro - de 16:15 h a 17:15 h.

A INSCRICIÓN SERÁ NO C.P.I. ANTONIO FAÍLDE, mediante as fichas que se entregarán ó alumnado.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal