Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE JUDO

19/09/2016 - Novas do Concello

A Deputación de Ourense, coa colaboración do Concello de Coles, e co obxectivo de promover o deporte federado entre os máis novos, así como fomentar e favorecer a práctica deportiva entre os nenos e nenas, pon en marcha unha escola municipal deportiva de judo.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de 6 a 14 anos.

Os interesados poden formalizar dende hoxe as súas inscricións a través das solicitudes que se entregaron no colexio C.P.I. ANTONIO FAÍLDE, ou ven no concello.

A data límite de inscrición será o 28 de setembro.

A actividade realizarase os mércores e venres de 18:30 h a 19:30 h e comezará o día 5 de outubro.

O custo para cada participante será de 9 euros.


SEMINARIO DIVULGATIVO

09/09/2016 - Novas do Concello

O vindeiro xoves 15 de setembro celebrarase un seminario divulgativo gratuíto sobre Fomento da economía social nos sectores máis dinámicos: CULTURA na Casa do Concello de Coles.

Esta actividade formativa impartirase de xeito intensivo, tendo unha duración de 5 horas cuxo inicio será ás 16:00 horas e terá o seu remate ás 21:00 horas desa mesma xornada.

O seminario enmárcase nas accións desenvoltas no “Mes do Cooperativismo Ourense” que se inclúe no seo do Programa OURENSE COOPERATIVA. Este programa é levado a cabo pola agrupación de concellos de Ourense (Amoeiro, A Peroxa, Coles, Ourense, O Pereiro de Aguiar e Vilamarín), que se institúe como Oficina de Fomento Cooperativo e da Economía Social integrada na Rede Eusumo .

O destino deste seminario, así como doutras actividades semellantes que tamén se realizan este mes, é permitir identificar oportunidades de negocio, innovar, mellorar a xestión de proxectos e crecer en novos mercados conformados en torno á economía social. Vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas en coñecer as oportunidades que ofrece a economía social, como a persoas ou axentes intermedios interesados en coñecer as potencialidades da economía social en diversos sectores.

O número de inscricións limítase a un máximo de 20 persoas, debendo materializarse a través do seguinte enderezo electrónico: comunicacion@ourensecooperativa.gal

Máis información en http://ourensecooperativa.gal


A ESCOLA DE MÚSICA DE COLES ABRE O PRAZO DE MATRICULACIÓNS PARA O CURSO 2016/2017

04/09/2016 - Novas do Concello

O prazo de inscrición para o curso 2016-2017 da Escola de Música Municipal de Coles está aberta dende o día 5 ó 19 de setembro.

A oferta é moi ampla e variada, dende Música e movemento (para menores de 7 anos), solfeo e linguaxe musical, a formación instrumental (en instrumentos como: frauta, clarinete, saxofón ou trombrón, tuba, percusión, pandeireta, etc.)

En música, completarase a ensinanza con participación en grupos colectivos que se organicen na escola, como é o caso da Banda Infantil.

Os interesados deberán realizar a inscrición nas oficinas do Concello. O horario de atención ó público é de 8:30 h a 14:30 h.

A presentación do vindeiro curso da ESCOLA DE MÚSICA será o día 30 de setembro ás 20:00 h no Auditorio de Coles.


ACTIVIDADES 2016/2017 PAVILLÓN DE COLES

04/09/2016 - Novas do Concello

Aberto o prazo de inscrición para as actividades que se desenvolverán no Pavillón de Coles durante o período 2016/2017.

As actividades que se levarán a cabo este ano son: os luns CARDIO ás 20:00 h., IOGA os martes ás 20:30 h, os mércores ás 20:00 h. PILATES e os xoves ás 20:30 h. AEROBIC DANCE.

Poderá haber cambios en grupos e horarios segundo a xente inscrita.

O custo será de 5 euros mensuais por actividade para empadroados/as e 10 euros mensuais para non empadroados/as (prioridade na inscrición empadroados).

Será necesaria a inscrición no concello, ata o día 25 de setembro.

O comezo das actividades será o día 3 de outubro.


XIMNASIA DE MANTEMENTO GRATUÍTA NOS LOCAIS SOCIAIS DO CONCELLO DE COLES

04/09/2016 - Novas do Concello

A partir do día 3 de outubro, un ano máis, o Concello de Coles pon en marcha a Ximnasia de Mantemento nos diferentes locais sociais do Concello.

Este programa está baseado nun conxunto de actividades encamiñadas á conservación e á mellora da condición física, mediante o exercicio periódico e continuo. Os exercicios de mantemento que se realizarán neste programa comprenden unha serie de movementos sinxelos nos que se utilizan as principais articulacións do corpo.

Os obxectivos que ten este programa son, entre outros, recuperar a forza perdida ó longo dos anos, diminuír tanto as dores articulares, como musculares, mellorar a flexibilidade e mobilidade articular, alcanzar un maior control e coñecemento do seu propio corpo e prever lesións de tipo xeral, incidindo en posturas corporais saudables.

Os destinatarios do Programa son os veciños e veciñas do Concello de Coles.

A actividade é totalmente gratuíta.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal