Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

CAMPAÑA ""SEPAREMOS BEN, RECICLEMOS MELLOR" EN COLES

01/09/2016 - Novas do Concello

A campaña informativa e formativa "Separemos ben, reciclemos mellor" estará  o vindeiro xoves, día 8 de setembro, na praza do Concello de Coles, con horario de 10:00h a 13:00 h coa fin de fomentar entre os veciños unha maior concienciación cidadá sobre a necesidade de clasificar residuos na súa orixe para favorecer unha mellor reciclaxe.

Esta iniciativa enmárcase dentro dun programa da Consellería de Medio Ambiente e Sogama, que percorrerá varios municipios galegos coa presenza de monitores especializados na materia para que poidan explicar ós cidadáns a importancia que ten participar activamente na xestión de residuos mediante a redución, a reutilización e a reciclaxe.

O principal obxectivo é concienciar e sensibilizar ós cidadáns de que non só é importante reciclar, senón que hai que facelo ben. Sabemos que reciclar é unha boa maneira de contribuír ó coidado da nosa contorna e do medio ambiente, e por iso, a colaboración dos cidadáns é fundamental. Incidindo na necesidade de producir menos lixo, de reutilizar ó máximo os produtos e de depositalos nos distintos colectores de recollida selectiva unha vez convertidos en desperdicios, posibilitando así a súa posterior reciclaxe.

Con este sinxelo xesto, conseguimos que os envases teñan unha nova vida. E é que con 60 botellas de auga mineral conséguese facer un forro polar, con 6 briks unha caixa de zapatos, ou con 80 latas de refresco unha lamia de bicicleta.


ROMARÍA BRAVA

31/08/2016 - Novas do Concello

O Concello de Coles colabora coa organización da “Romaría Brava” , que se celebrará o sábado 10 de setembro no campo da festa de Cambeo.

Haberá sesión vermú, xantar con empanada e bebida a prezos populares, animación infantil e obradoiro de baile tradicional.

A partir das 19:00h, a tarde estará amenizada cos concertos de: As Macizas Centrais, Punkiereteiras, Porcas Bravas e Airinhos de Estrume.

Trae o teu instrumento e desfruta da Romaría Brava!!


I MARATÓN DE AEROBIC DANCE

29/08/2016 - Novas do Concello

O Concello de COLES colabora na organización de I MARATÓN DE AEROBIC DANCE, xunto con Centro Bienestar, que terá lugar o sábado día 17 de setembro, no pavillón polideportivo de Albán.

O aerodance é unha actividade dirixida aeróbica onde se utilizan diferentes coreografías (con base musical), compostas de movementos básicos de diferentes ritmos como son salsa, merengue, cumbia, reggaetón, samba, bellydance, flamenco, electrónico, africana, árabe e outros ritmos do mundo

Está enfocada a manter un corpo saudable, outorgándolle desenvolvemento cardiovascular, tonificación muscular, expresividade, coordinación e flexibilidade. A actividade está exposta de tal forma que pretende ser unha maneira divertida e dinámica de poñerse en forma, de mellorar as capacidades coordinativas e como non, a expresividade, a desinhibición, favorecer unha autoestima sa e benestar xeral.

O máis importante é pasalo ben e... non perder o sorriso!. Non importa a idade, o ritmo ou nivel de coordinación. A inscrición previa realizarase no Concello.

O custo da actividade é de 5 €, poderán participar a partir de 12 anos, sendo gratuíta de 12 anos a 17 anos. A actividade será impartida pola monitora Marga Ansias Varela.


INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES

22/08/2016 - Novas do Concello

 O próximo día 26 de setembro, os ciclomotores de dúas rodas e máis de 3 anos de antigüidade poderán pasar a I.T.V. na estación móbil que se instalará nas inmediacións do Edificio de Protección Civil en Vilarchao.

Os horarios serán de 9:00 h a 13:30 h pola mañá e de 15:15 h a 18:00 h pola tarde.

A documentación que se deberá de levar para revisar os ciclomotores de dúas rodas é: o permiso de circulación, a tarxeta de inspección técnica ou certificado de características do vehículo e o seguro obrigatorio.

O teléfono de solicitude de cita previa é o 902 30 90 00 ou nas oficina do Concello.


INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

22/08/2016 - Novas do Concello

Os próximos días 16, 19 e 20 de setembro, os vehículos agrícolas poderán pasar a I.T.V. na estación móbil que se instalará nas inmediacións do polideportivo de Albán.

Os horarios serán de 9:00 h a 13:30 h pola mañá e de 15:15 h a 18:30 h pola tarde.

O día 16 o horario será de de 9:00 h a 13:30 h pola mañá.

Os vehículos agrícolas con menos de oito anos de antigüidade están exentos de pasar a inspección mentres que os que teñen menos de 16 pasarana cada dous anos. Só aqueles vehículos que teñan máis de 16 anos deberán pasar unha inspección anual.

A documentación que se deberá de levar para revisar o vehículo agrícola é: o permiso de circulación, a tarxeta de inspección técnica ou certificado de características do vehículo, o seguro obrigatorio e a cartilla de inscrición agrícola.

O teléfono de solicitude de cita previa é o 902 30 90 00, nas oficinas do concello ou na páxina web www.sycitv.com.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal