Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

A ESCOLA DE MÚSICA DE COLES ABRE O PRAZO DE MATRICULACIÓNS PARA O CURSO 2016/2017

04/09/2016 - Novas do Concello

O prazo de inscrición para o curso 2016-2017 da Escola de Música Municipal de Coles está aberta dende o día 5 ó 19 de setembro.

A oferta é moi ampla e variada, dende Música e movemento (para menores de 7 anos), solfeo e linguaxe musical, a formación instrumental (en instrumentos como: frauta, clarinete, saxofón ou trombrón, tuba, percusión, pandeireta, etc.)

En música, completarase a ensinanza con participación en grupos colectivos que se organicen na escola, como é o caso da Banda Infantil.

Os interesados deberán realizar a inscrición nas oficinas do Concello. O horario de atención ó público é de 8:30 h a 14:30 h.

A presentación do vindeiro curso da ESCOLA DE MÚSICA será o día 30 de setembro ás 20:00 h no Auditorio de Coles.


ACTIVIDADES 2016/2017 PAVILLÓN DE COLES

04/09/2016 - Novas do Concello

Aberto o prazo de inscrición para as actividades que se desenvolverán no Pavillón de Coles durante o período 2016/2017.

As actividades que se levarán a cabo este ano son: os luns CARDIO ás 20:00 h., IOGA os martes ás 20:30 h, os mércores ás 20:00 h. PILATES e os xoves ás 20:30 h. AEROBIC DANCE.

Poderá haber cambios en grupos e horarios segundo a xente inscrita.

O custo será de 5 euros mensuais por actividade para empadroados/as e 10 euros mensuais para non empadroados/as (prioridade na inscrición empadroados).

Será necesaria a inscrición no concello, ata o día 25 de setembro.

O comezo das actividades será o día 3 de outubro.


XIMNASIA DE MANTEMENTO GRATUÍTA NOS LOCAIS SOCIAIS DO CONCELLO DE COLES

04/09/2016 - Novas do Concello

A partir do día 3 de outubro, un ano máis, o Concello de Coles pon en marcha a Ximnasia de Mantemento nos diferentes locais sociais do Concello.

Este programa está baseado nun conxunto de actividades encamiñadas á conservación e á mellora da condición física, mediante o exercicio periódico e continuo. Os exercicios de mantemento que se realizarán neste programa comprenden unha serie de movementos sinxelos nos que se utilizan as principais articulacións do corpo.

Os obxectivos que ten este programa son, entre outros, recuperar a forza perdida ó longo dos anos, diminuír tanto as dores articulares, como musculares, mellorar a flexibilidade e mobilidade articular, alcanzar un maior control e coñecemento do seu propio corpo e prever lesións de tipo xeral, incidindo en posturas corporais saudables.

Os destinatarios do Programa son os veciños e veciñas do Concello de Coles.

A actividade é totalmente gratuíta.


CAMPAÑA ""SEPAREMOS BEN, RECICLEMOS MELLOR" EN COLES

01/09/2016 - Novas do Concello

A campaña informativa e formativa "Separemos ben, reciclemos mellor" estará  o vindeiro xoves, día 8 de setembro, na praza do Concello de Coles, con horario de 10:00h a 13:00 h coa fin de fomentar entre os veciños unha maior concienciación cidadá sobre a necesidade de clasificar residuos na súa orixe para favorecer unha mellor reciclaxe.

Esta iniciativa enmárcase dentro dun programa da Consellería de Medio Ambiente e Sogama, que percorrerá varios municipios galegos coa presenza de monitores especializados na materia para que poidan explicar ós cidadáns a importancia que ten participar activamente na xestión de residuos mediante a redución, a reutilización e a reciclaxe.

O principal obxectivo é concienciar e sensibilizar ós cidadáns de que non só é importante reciclar, senón que hai que facelo ben. Sabemos que reciclar é unha boa maneira de contribuír ó coidado da nosa contorna e do medio ambiente, e por iso, a colaboración dos cidadáns é fundamental. Incidindo na necesidade de producir menos lixo, de reutilizar ó máximo os produtos e de depositalos nos distintos colectores de recollida selectiva unha vez convertidos en desperdicios, posibilitando así a súa posterior reciclaxe.

Con este sinxelo xesto, conseguimos que os envases teñan unha nova vida. E é que con 60 botellas de auga mineral conséguese facer un forro polar, con 6 briks unha caixa de zapatos, ou con 80 latas de refresco unha lamia de bicicleta.


ROMARÍA BRAVA

31/08/2016 - Novas do Concello

O Concello de Coles colabora coa organización da “Romaría Brava” , que se celebrará o sábado 10 de setembro no campo da festa de Cambeo.

Haberá sesión vermú, xantar con empanada e bebida a prezos populares, animación infantil e obradoiro de baile tradicional.

A partir das 19:00h, a tarde estará amenizada cos concertos de: As Macizas Centrais, Punkiereteiras, Porcas Bravas e Airinhos de Estrume.

Trae o teu instrumento e desfruta da Romaría Brava!!


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal