Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

TRATAMENTOS PREVENTIVOS CONTRA O CHANCRO DO CASTIÑEIRO

21/11/2016 - Novas do Concello

A Consellería de Medio Rural pon en funcionamento un programa de tratamento preventivo con cepas hipovirulentas contra o chancro do castiñeiro.

As persoas interesados en participar neste programa de loita biolóxica, poderán ser tanto propietarios particulares como asociacións de propietarios, e poderán contactar a través dos teléfonos das Xefaturas provinciais dos Servizos de Montes (988 687 583) ou nos Distritos Forestais (988 386 025), así como tamén mediante correo electrónico (montes.medio-rural.ourense@xunta .gal), e no propio concello de Coles (988 205 134) sen prexuízo de presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Xúntase a solicitude de tratamento das parcelas, que deberán ser debidamente cumprimentadas polos interesados/as.


BASES PARA A CONTRATACION DE PERSOAL DE AXUDA NO FOGAR

17/11/2016 - Novas do Concello

A presente convocatoria ten por obxecto a selección de cinco traballadores/as para o desempeño do posto de “Auxiliar de axuda no fogar” mediante a formalización de contrato laboral temporal.

TIPO DE CONTRATO: OBRA OU SERVIZO

DURACIÓN ESTIMADA: 12 MESES (01/01/2017-31/12/2017)

XORNADA: COMPLETA

HORARIO : 40 H/SEMANAIS DE LUNS A DOMINGO

O prazo de presentación de solicitudes e ata o día 24 de novembro


DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA

14/11/2016 - Novas do Concello

O mércores, día 16 ás 18:30 h  no salón de plenos do concello de Coles, técnicos da Xunta de Galicia e do Inega, realizarán unha xornada informativa encamiñada a  entender mellor a factura da luz,  na cal se aclararán dúbidas e responderán preguntas a tódolos veciños e veciñas. Con esta iniciativa a Xunta procura achegar as claves para que os consumidores poidan aforrar no seu recibo eléctrico.

Esta campaña facilitará a comprensión da factura e informará sobre como reducir o gasto a través de aspectos fundamentais como elixir o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisar a potencia contratada ou valorar a discriminación horaria. Tamén dar a coñecer os dereitos que nos asisten ós consumidores eléctricos.

Ademais, farase fincapé no aforro e a eficiencia enerxética, e achegarase información sobre como realizar os diferentes trámites ou presentar reclamacións ante as compañías eléctricas.

E farase especial fincapé nos consumidores máis vulnerables, con medidas como o tícket eléctrico social, co que xa se apoiou a preto de 5.000 familias, para contribuír ó pago da factura da luz con ata 300 euros ó ano. Esta medida está orientada a evitar os cortes de subministración eléctrica por impago.

 Apostando polo aforro e a eficiencia enerxética, con iniciativas como o Plan de aforro e eficiencia enerxética nas vivendas galegas, que impulsa a mellora das infraestruturas cara a construcións máis eficientes e o emprego de fontes de enerxía renovables.


CESIÓN PARCELA Á CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

07/11/2016 - Novas do Concello

O concello de Coles levou a cabo a compra dunha parcela lindeira ao C.P.I. ANTONIO FAÍLDE, coa fin de mellorar os accesos dos autobuses para realizar a manobra de entrada e saída á C.N. 525 e a seguridade do alumnado.

Dita parcela, de 635 metros cadrados, púxose a disposición da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, coa pretensión de aumentar a zona de estacionamento de autobuses e ampliación de aparcadoiro de vehículos particulares.


EN CONCERTO- AUDITORIO DE COLES

05/11/2016 - Novas do Concello

Este mes de novembro, no Auditorio de Coles poderemos desfrutar de dúas fins de semana de concertos.

O sábado, día 12, ás 20:00 h, actuarán a banda de RNB "RENEGADOS" e a blues band "BLIND DRUNK AND BLUE"

E o sábado 19, tamén ás 20:00 h, farano as bandas "THE TETAS´VAN" e "MITOCONDRIAS".

 

RENEGADOS é unha banda de RNB formada por músicos de Ourense e Valencia, multicultural dende os seus comezos e con unha década de traxecto.

Aínda que os seus músicos beben de diversas correntes musicais, o seu repertorio mostra influencias do soul, blues, R&R e funk.

O repertorio está composto de versións de: James Brown, Blues Brothers, Ray Charles... etc. e temas propios marca da casa. Os seus directos convértense nunha experiencia musical divertida e chea de enerxía.

 

BLIND DRUNK AND BLUE é unha blues band que, despois de coincidir no 2015 en varios festivais nos que sempre se xuntaban no escenario para rematar cunha Jam Session, no 2016 deciden xunguir "Mitocondrias" e "The Carallos" para tocar blues da vella escola.

O seu repertorio está basado en temas compostos por dous dos seus membros, Camden Gary e David Taín, ademais de versións dos clásicos do blues: dende o Blues de Chicago de MuddyWaters, o Jazz Blues de Louis Amstrong, ó Revaival Inglés dos Rolling Stones.

 

THE TETAS VAN é unha banda, de mozas na súa maioría, que intenta divertir, transmitir e reivindicar a través da nosa lingua galega, con temas versionados e "coa colaboración de poetisas que nos regalan as súas verbas" para darlle vida na súa música.

 

MITOCONDRIAS. O xerme da banda formouse nun bar, no ano 1.989, aínda que ata o 92 non se fixo presentación en directo. No 93, de xira por Portugal ofrécenlles gravar un disco, do que sae "Tiempos Difíciles".

Xiran por España e Portugal, pero as idas e voltas dos músicos desestabilizaron a banda, ata que no 97, con David á guitarra conclúese a formación actual.

No 2003 como Power Trío editan "Quien no Corre Vuela" coa Discográfica ourensá Arteficción Discos e no 2006 como cuarteto, "Trankilidad".

No 2.007 fan dous vídeos musicais ("Perro" e "La Resaca"), unha canción deles foi editada nun recopilatorio de bandas ourensáns e autoeditan un concerto "Directo Na Radio Galega".

"A Banda non ten maior pretensión que a de tocar e pasalo ben namentres o corpo o ature e o público nos ature a nós".

 


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal