Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

AUDITORIO MES DE XUÑO

31/05/2016 - Novas do Concello

Ao longo do mes de xuño vanse realizar as seguintes actuacións no Auditorio de Coles.

A primeira será o domingo día 5 ás 19: horas, o Grupo de teatro "IAD 14" do IES UNIVERSIDADE LABORAL OURENSE presenta a comedia satirica “LISÍSTRATA " con adaptación dramatúrxica de MATILDE VÁZQUEZ IGLESIAS. A comedia Lysístrata (a que disolve o exército) de Aristófanes (comediógrafo grego , ano 411 a.c.) ten múltiples versións na cultura universal. Unha delas é , a reescritura en clave queer, que realiza no ano 1987 o alemán Ralf König no seu cómic Lisístrata. A Lisistrata que nos presentamos é unha adaptación propia, onde se combina a versión orixinal con esta outra de enfoque novedoso. Temos nesta comedia satírica un exemplo de utopía cómica, do mundo ao revés. As sofridas mulleres dos guerreiros do Peloponeso, fartas deesperar o regreso dos seus maridos malferidos do campo de batalla, capitaneadas por Lisístrata , apodéranse da Acrópole e do diñeiro que alí se garda para armamento e néganlles o favor sexual ós seus conxuxes, convencidas de que así eles , desesperados por non poder desfogarse, asinarán a paz. Co que elas non contaban é que cando unha muller alónxase dun home sempre hai outro home disposto a ocupar séu lugar.

O venres día 10 ás 20:00 horas vaise ofrecer os concertos de fin de curso da Escola de Música do Concello de Coles. No que actuarán os alumn@s, Cantareiras "Charamusga", Banda de música Infantil e a Banda de música "SANTADEGA".

O domingo día 19 ás 19:00 horas, a compañía "DINAMO TEATRO" cós humonistas Pedro Brandariz e Felipe Díaz “Caxoto” presentan "RADIO TORREIRO", unha emisora radiofónica que en cada función teatral fai unha emisión en directo co público como protagonista e único receptor. Esta emisora tan particular é temática: encárgase de recoller toda a información vinculada ás festas, verbenas, romarías e demais celebracións populares que poboan Galicia durante todo o ano. Os dous locutores irán debullando os diferentes programas da grella onde se irán recollendo as escenas máis cómicas das festas: os bailes da sesión vermú, as encherolas das festas, as repichocas das verbenas, as incómodas situacións á hora de pedir para a festa, etc. Todo dende un punto de vista humorístico, irónico e mordaz. A comedia Radio Torreiro vai dirixida preferentemente ao público adulto

Para remate das actuacións do mes de xuño e de tempada o domingo día 26 ás 19:00 horas teremos un concerto do grupo "CLAVE DE FADO" formado por Iría Estevéz Piña e Gonzo Piña. " CLAVE DE FADO" e un grupo independente que nace en Galicia a finais do 2009 . A súa música bebe do fado e a cantiga galega, pero recibe múltiples influencias doutros estilos como a bossa-nova. Unha proposta aberta e actual, que nos descobre unha vez máis, que o fado é unha música universal, que pode transformarse e viaxar a todo a todo o mundo.

Estas duas últimas actuacións está subvencionada nun 50 % pola terceira edición de 'Cultura no Camiño', correndo a cargo o restante ós fondos do Concello.


CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE AXUDA NO FOGAR

22/05/2016 - Novas do Concello

A presente convocatoria ten por obxecto a selección de dous traballadores/as para o desempeño de dous postos de “Auxiliar de axuda no fogar” mediante a formalización de contrato laboral temporal.

DURACIÓN contratos:

  • 1 posto (01/06/2016-30/11/2016)
  • 1 posto (01/06/2016-31/12/2016)

XORNADA: COMPLETA

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O DÍA 25 DE MAIO.

Á vista da proposta do Tribunal, serán contratadas as persoas de maior puntuación, quedando os demáis en lista de espera para a cobertura de posibles baixas ou novas demandas no servizo, nas condicións establecidas nas bases.

As bases están a disposición nas oficinas do Concello.


CONCERTOS DE PRIMAVERA

09/05/2016 - Novas do Concello

O vindeiro día 15 de maio, terá lugar, o primeiro concerto do ciclo CONCERTOS DE PRIMAVERA dentro da programación do Auditorio de Coles.

Abrirá o programa o concerto a cargo de Álvaro Blanco Seoane (Piano), e José Manuel Mosquera (Clarinete).

O domingo día 22 de maio o turno será para Naiara Acuña Celada (Piano), e Alberto Loureiro Casas (Saxo-Alto-Soprado).

Para pechar este ciclo de concertos contaremos, o día 29 de maio, coa Compañía Lírica de Galicia. Unha actuación extraordinaria na cal se representarán algunhas das obras musicais de maior beleza de tódolos tempos no seo da gala denominada “Gala Lírica de Opera e Zarzuela”.

O programa da compañía inclúe algunhas das creacións máis fermosas escritas para a voz humana. Os mellores solistas da Compañía Lírica de Galicia, interpretarán obras mestras da Lírica, que emocionan ó público máis esixente e non deixan indiferente a ninguén.

Esta última actuación está subvencionada nun 50 % pola terceira edición de 'Cultura no Camiño', correndo a cargo o restante ós fondos do Concello.

Tódolos concertos serán ás 19 horas.


CHARLA INFORMATIVA SOBRE FONDOS LEADER

03/05/2016 - Novas do Concello

O venres 6 de maio, ás 19:00 horas, celebrarase unha sesión informativa sobre Fondos LEADER para axudas á creación de novas empresas e para modernización das existentes, no Salón de plenos do Concello de Coles.

A persoa que vai presentar as liñas de axudas será Beatriz Martínez, Xerente da Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (ADERCOU), na que Coles é un dos concellos que a integran, formando parte, así mesmo, da xunta directiva desta entidade asociativa incluída nos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia e, por extensión, na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

A asistencia a esta actividade é de interese para coñecer vías de financiamento para iniciativas tanto de carácter social como empresarial, así como aquelas con finalidade produtiva ou non produtiva.

Tales posibilidades enmárcanse na medida LEADER de Galicia cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, dándose cumprida información de todo nesta reunión.


INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES

01/05/2016 - Novas do Concello

O próximo día 6 de xuño, os ciclomotores de dúas rodas e máis de 3 anos de antigüidade poderán pasar a I.T.V. na estación móbil que se instalará nas inmediacións do Edificio de Protección Civil en Vilarchao.

Os horarios serán de 9:00 h a 13:30 h pola mañá e de 15:15 h a 18:00 h pola tarde.

A documentación que se deberá de levar para revisar os ciclomotores de dúas rodas é: o permiso de circulación, a tarxeta de inspección técnica ou certificado de características do vehículo e o seguro obrigatorio.

O teléfono de solicitude de cita previa é 902 30 90 00 ou ben nas oficinas do Concello.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal