Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

10/03/2016 - Novas do Concello

O 8 DE MARZO E O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. As orixes do Día Internacional da Muller están ligados ós partidos socialistas de Estados Unidos e Europa, en particular ó protagonismo das mulleres do Partido Socialista Norteamericano que, dende 1908, instauraron unhas xornadas de reflexión e acción denominadas Womans Day. A primeira tivo lugar o 3 de maio de 1908, no teatro Garrick de Chicago, co obxectivo central de facer campaña polo sufraxio e contra a escravitude sexual.

A II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, que tivo lugar en Copenhague no ano 1910, é a orixe da conmemoración actual do Día Internacional da Muller e, por extensión, da muller Traballadora que se celebrou por primeira vez en Alemania, Austria, Dinamarca e Suíza o 19 de marzo de 1911.

En España, a primeira celebración tivo lugar en 1936, e a Organización das Nacións Unidas (ONU) institucionalizou o día 8 de marzo como data de celebración a partires de 1975. Este ano, o lema ou consigna da ONU é: “Por un planeta 50-50 en 2030: demos o paso para a igualdade de xénero.”

Co galo da celebración do día 8 de Marzo día Internacional da Muller, no concello de Coles organízanse varios actos.

O primeiro destes actos será o día 8 de marzo, no cal o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade Santa Águeda organiza e súmase así a esta simbólica data recoñecendo a traxectoria vital das mulleres que loitan a cotío na nosa comunidade de concellos, e sinalando por vez primeira, con afán de continuidade, a unha delas en cada un dos municipios como emblema de loita e traballo.

Dende o Grupo de Goberno do Concello de Coles proponse como homenaxeadas a Amparo e Marité Vazquez Ramos, de Equal Sociedad Cooperativa Galega, como mulleres emprendedoras, as cales crearon a primeira cooperativa de Coles, apostando polo rural. O Centro inagúrase en maio de 2002, unha cooperativa de traballo asociado formada por Amparo e Marité Vazquez Ramos, que decidirán abandoar as súas profesións como docentes na ensinanza formal, para iniciar unha nova andadura no campo da ensinanza na Educación Ambiental.

O acto terá lugar no Auditorio de Coles a partires das 19:00 h.

No mencionado acto presentarase un vídeo referido ás homenaxeadas dos distintos concellos da Mancomunidade, e farase entrega dun obsequio na súa honra.

A lectura dun manifesto, e a entrega de premios ó alumnado que presentou os seus debuxos ó Primeiro Concurso denominado “A Igualdade da Muller e do Home no Traballo”

E o próximo día 13 de Marzo, ás 18:30 horas, tamén no Auditorio de Coles, remataremos a conmemoración do Día da Muller coa actuación das CANTAREIRAS "CHARAMUSGA" da Escola Municipal de Música de Coles. O Grupo está íntegramente formado por veciñas do Concello de Coles: Silvia Cid, Mª Jesús Gregorio, Mª del Carmen Montes, Isaura Núñez, Purificación Pavón, Elena Pérez, Ana Sotelo e Norma Vázquez, acompañadas pola súa profesora Patricia López. Nesta actuación teremos unhas cantas sorpresas máis.

 
 

MANIFESTO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

08/03/2016 - Novas do Concello

MANIFESTO CON MOTIVO DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo celébrase o día internacional da muller.

O primeiro Día Internacional da Muller convocouse en 1911 para chamar a atención sobre as inaceptables condicións de traballo das mulleres no mundo, polo dereito ó voto e pola igualdade de oportunidades para homes e mulleres de todos os ámbitos.

"Políticas públicas, reformas lexislativas que garantan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, estratexias sociais e prácticas institucionais que melloren a vida das mulleres e dean visibilidade ós seus problemas, son actuacións imprescindibles e inaprazables que o 8 de marzo se porán reivindicarán en todo o mundo.

Ese día, declarado polas Nacións Unidas Día Internacional da Muller, representa un ideal de xustiza e igualdade sen o que non é posible pensar a sociedade moderna, unha realidade da que a Administración Pública, en xeral, e as Entidades Locais, de maneira específica, son plenamente conscientes e que, ademais, leva implícita unha responsabilidade irrenunciable.

O 8 de marzo é un día para o recordo e a homenaxe. Para avanzar convén non esquecer o enorme sacrificio de moitas mulleres que enarboraron con decisión a bandeira dos seus dereitos civís e políticos, do mesmo xeito que outras moitas reivindicaron emprego e igualdade salarial. Hoxe seguen manifestándose diferenzas inxustificables entre uns e outras, e por iso compete á Administración Pública actuar para que deixen de producirse. Esa é a homenaxe que corresponde: resolver cunha verdadeira implicación todo o que aínda hai de inxusto na nosa sociedade.

Por iso, a conmemoración desta xornada supón unha oportunidade máis para mostrar o compromiso das institucións locais cos dereitos da muller, manifestar a implicación de todas e todos na resolución dos graves problemas que as afectan e singularmente para facer fronte á lacra da violencia de xénero, verdadeiro estigma da peor inxustiza social. A discriminación alcanza o seu punto máis elevado nos casos de maltrato e violencia en todas as súas formas, e en especial nos horribles crimes machistas que asolan ó noso país con datos estatísticos que nos obrigan a ser firmes, precisos e claros na loita para erradicalos.

Celebramos o impulso, por parte de Nacións Unidas, do programa "Por un Planeta 50-50 en 2030: Demos o paso para a igualdade de xénero", para lograr un mundo no que todas as mulleres e nenas teñan as mesmas oportunidades e os mesmos dereitos. Pide ós gobernos que den o paso para realizar compromisos nacionais que poñan fin á brecha na igualdade de xénero: dende leis e políticas ata plans de acción nacional e inversións adecuadas.

Ó longo dos últimos anos podemos ver o gran avance, despois de moitos esforzos e loitas individuais e colectivas, para as mulleres na nosa sociedade. Pero é necesario que garantamos a igualdade entre mulleres e homes na totalidade dos espazos da política local así como no acceso e integración da muller en todos os ámbitos da vida pública e a toma de decisións.

Dicía Clara Campoamor cando pedía o voto feminino: "la República no puede defraudar a las mujeres". A democracia, tampouco. A democracia non pode defraudar ás mulleres. Queremos unha sociedade de homes e mulleres que poidan soñar con facer realizade os seus proxectos vitais, os seus proxectos profesionais, que teñan a posibilidade de decidir que queren estudar, onde queren vivir, que tipo de familia queren construír, a quen queren amar, como poder ser felices. Queremos unha sociedade na que as mulleres vivan libres de violencia. Unha sociedade na que ninguén se queda fóra, na que ninguén se quede atrás. Sempre conta o machismo.

Dende o Concello de Coles manifestamos a vontade común de renovar o noso compromiso co avance da igualdade real. A igualdade é un dereito de cidadanía. Só cando as mulleres participen activamente e en igualdade en todos os sectores da vida pública e privada teremos unha sociedade máis xusta e igualitaria. Estamos comprometidos co futuro, co noso e co das xeracións que están por chegar, con todas as persoas –mulleres e homes– que viven nos nosos pobos e que demandan vivir e formar parte delas en igualdade".


ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2016/2017 CPI ANTONIO FAÍLDE

02/03/2016 - Novas do Concello

Queda aberto o prazo para a solicitude de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2016/2017 no CPI Antonio Faílde.

A presentación de solicitudes será do 1 ó 20 de marzo.


ABERTO NOVO PRAZO RENOVACION E NOVO INGRESO ESCOLA INFANTIL

29/02/2016 - Novas do Concello

Aberto o prazo de renovación e novo ingreso na Escola Infantil de Coles, Curso 2016-2017, do día 25 de febreiro ata o día 26 de marzo de 2.016.

Para máis información: Escola Infantil de Coles "A GALIÑA AZUL" número de teléfono 988 204 466.


ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE JUDO

18/02/2016 - Novas do Concello

A Deputación de Ourense, con colaboración do Concello de Coles, co obxectivo promover o deporte federado entre os máis novos, e así como fomentar e favorecer a práctica deportiva entre os nenos e nenas pon en marcha unha escola municipal deportiva de judo.

Esta dirixido a todos os nenos e nenas de entre 6 a 14 anos. Os interesados poden formalizar desde hoxe as súas inscricións no concello. A data de inscrición ata o día 29 de Febreiro. O custe para cada participante será de 9 euros.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal