Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

II BTT DE COLES

11/04/2018 - Novas do Concello

O próximo 22 de abril  terá lugar a II BTT do Concello de Coles, na que deporte e aventura se xuntarán para desfrutar das fermosas paisaxes do concello.

Para poder participar deberás anotarte antes do día 21  de abril no seguinte enlace: 

http://inscripciones.ranckr.com/evento/ii-btt-concello-de-coles.

O número de inscricións será limitado, cun máximo de 200 participantes.

O prezo por inscrición será de 15 euros.

 

Este ano, como novidade,  poñerase en marcha Circuíto Ciclista Infantil,  de 10:00 h. a 13:00 h., para nenos e nenas ata 12 anos, totalmente gratuíto.

Os nenos e nenas que participen terán que vir con casco.

O circuito consistirá en circuito de educación viaria: sinais, pasos de peóns e semáforos e xincana de adestramente, carpa taller de reparacións de bicis.


CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO K2/C2

11/04/2018 - Novas do Concello

O sábado, día 14 de abril, no concello Coles teremos unha cita co piragüismo en Barra de Miño ás 10:00 horas, co Campionato Galego de Inverno K2/C2.


PERIODO DE COBRANZA VOLUNTARIA 2018 - I.V.T.M. E LIXO

24/03/2018 - Novas do Concello

O Concello de Coles informa de que o prazo para o pago voluntario do IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA e LIXO de 2018 permanece aberto  o próximo 1 de abril.

Para ofrecer un mellor servizo aos veciños e veciñas, a partir deste ano, o SERVIZO DE RECADACIÓN MUNICIPAL é nas DEPENDENCIAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE COLES.

Este ano, como en anteriores, mantéñense as tarifas de anos anteriores, dentro da política municipal de conxelación de impostos e taxas.

Para facilitar o seu pago voluntario manterase aberto ata o 31 de maio.

 A recarga de apremio e vía executiva será a partir de 1 de xuño de 2.018.

Poderase realizar o pago en calquera Oficiña de ABANCA ou na oficiña de recadación, no edificio do Concello de Coles (planta baixa), mediante pago  TPV (pago con tarxeta). 

Os documentos de cobro foron enviados ao domicilio declarado por correo ordinario. En caso de non recibilo, o obrigado ao pago debe acudir ás oficinas municipais  de recadación, no edificio do Concellode Coles (planta baixa), para obter un duplicado, xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pago, nin impide a utilización da vía de apremio  e vía executiva.

 


CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NOS NÚCLEOS RURAIS - CHARLAS INFORMATIVAS

24/03/2018 - Novas do Concello

O Concello de Coles, xunto con Distrito XII de Medio Rural, organizou unha Campaña de Sensibilización Preventiva sobre os Incendios Forestais.

Esta campaña organízase en nove charlas informativas que se desenvolvesen nos locais sociais das distintas parroquias de concello de Coles, co fin de implicar a todos os veciños e veciñas na prevención de incendios forestais, e o papel fundamental que teñen os propietarios e propietarias dos terreos.

Con esta campaña, que se desenvolverá ao longo do mes de abril, quérese presentar as novidades na lexislación actual, e resolver as dúbidas que os asistentes teñan.

Nestas charlas presentarase un mapa de franxas de limpeza nos distintos núcleos rurais que elaborou o Concello de Coles.

As  xuntanzas serán  en  CAMBEO, o venres, 06 de abril, ás 19:00 horas; GUSTEI, o sábado,   07 de abril, ás 18:00 horas; SOBRAL,  o  sábado,   07 de abril, ás 19:30 horas; RIBELA, o domingo, 08 de abril ás 12:00 horas; MIEGODEVILA, o venres,  13 de abril ás 19:00 horas;  FERREIROS, o sábado 14 de abril ás 18:00 horas; VILAR, o sábado,   14 de abril ás 19:30 horas; A BARRA, o domingo, 15 d abril ás 12:00 horas; e en  VILARCHAO o  venres 20 de abril ás 19:00 horas (salón de plenos do Concello). 


AUDITORIO COLES MES DE ABRIL

22/03/2018 - Novas do Concello

Ó longo do mes de abril vanse realizar as seguintes actuacións no Auditorio de Coles.

O domingo día 15  ás 19:00 horas, desfrutaremos dunha tarde de concerto a cargo da "BANDA DE MÚSICA DA LIMIA".

BANDA DE MÚSICA DE COLES "SANTÁDEGA" ofrécenos un concerto o domingo día 22 ás 19:00 horas. 

E para remate de actuacións do mes de abril, o domingo día 29  ás 19:00 horas, concerto de acordeón de "FOLES DE OURENSE", cos alumnos e alumnas  de escolas de música e do Conservatorio de Música de Ourense, baixo a dirección de Celia Adrián.  


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal