Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

FESTA DE ENTROIDO

24/01/2016 - Novas do Concello

O martes, 9 de febreiro, de 17:00 h a 21:00 h, ven a desfrutar o Entroido no Polideportivo de Albán.

Haberá concurso de disfraces:

-Infantil, con trofeos para 1º, 2º e 3º premio e agasallos para os participantes.

-Comparsas (para todas as idades) con premios en metálico (1º premio: 150 €; 2º premio: 80 €; 3º premio 50 €)

E tamén  inchables, touro mecánico, música con DJ e moita diversión.

O prezo da entrada será 1 euro. 

Á venda o 31 de xaneiro na Biblioteca municipal de 17:00 h a 19:00 h.

SERÁ PRECISO IR ACOMPAÑADO DUN ADULTO.

Organiza: Concello de Coles e ANPA CPI Antonio Faílde.


CURSO DE MANIPULACIÓN DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS.

10/01/2016 - Novas do Concello

A partir do 26 de novembro de 2.015, os agricultores, persoal auxiliar de empresas e explotacións agrarias dedicadas á aplicación de produtos fitosanitarios e o persoal auxiliar dos establecementos de venda ao público de produtos fitosanitario, deberán estar en posesión dun carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios, que acredite coñecemento apropiados para exercer as súas actividade.

O Concello de Coles organiza un curso de formación de nivel básico para a obtención do certificado de aplicador de produtos fitosanitarios cos seguintes contidos:

Módulo 1. Produtos fitosanitarios (3 horas) Módulo

2. Saúde e prevención (5 horas)

Módulo 3. Aspectos normativos (2 horas)

Módulo 4. Pragas e enfermidades dos cultivos. Manexo integrado de Pragas. Produción integrada e ecolóxica (6 horas)

Módulo 5. Maquinaria e prácticas de aplicación (6 horas)

Prácticas de aplicación (3 horas).

Cunha duración de 25 horas, que se desenvolverán os días: SABADOS: 30 xaneiro, 6, 13 e 20 DE FEBREIRO.

Horario: 8:30 h a 14 h.

Prezo: 70 € (máis 10 € taxas carnet)

Inscrición: ata o 28 de xeneiro no concello de Coles (988 205 134)


TALLERES DE MEMORIA

10/01/2016 - Novas do Concello

A semana do 18 de xaneiro de 2.016, comezará u octavo curso do taller de memoria do Concello de Coles, unha iniciativa destinada todos os veciños/as.

Os talleres organízanse en oito grupos nas distintas parroquias, co fin de achegar a actividade a todos os locais sociais e que podan participar o maior número de veciños/as.

O taller non é só un taller para exercitar a memoria, é un lugar de reencontro, de diversión e de aprendizaxe.

O tempo de duración dos talleres vai a ser ata xuño.

Os obxetivos centrais destes talleres son mellorar a calidade de vida, ofrecer un espazo de interacción cos demais e de expresión propia, afondar na idea do auto-coidado e a motivación para levalo a cabo, adestrar en estratexias técnicas de memoria, así como estimular outros procesos cognitivos básicos como a percepción, atención, linguaxe, orientación espazo-temporal e a capacidade lóxica Aquelas persoas que estén interesados en apuntarse no programa non e necesario facer unha inscrición previa, e poden facelo no propio local da actividade.

Unha máis das actividades gratuitas das que dispoñemos os veciños e veciñas do Concello de Coles.


CURSO OBTENCIÓN TITULO DA E.S.O. E COMPETENCIAS CLAVE

10/01/2016 - Novas do Concello

O Concello de Coles vai levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das probas libres para obtención de:

- Competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.

- Título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.)

Ditos cursos están dirixidos aos veciños/as de Coles.

A acreditación de competencias clave son un requisito para o acceso ós certificados de profesionalidade, para o acceso ó mercado laboral e para a realización de cursos promovidos polo INEM e outras entidades.

Ditas competencias clave confórmanas as materias de matemáticas, lingua e galego.

As prazas son limitadas e as clases desenvolveranse un día á semana.

REQUISITOS :

- Empadroados/as en Coles.

- Non ter formación regrada igual ou superior á ESO, 2º B.U.P., F.P I ou equivalente.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Concello de Coles ou chamando o teléfono do Concello (988 204 134).

PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o día 29 de xaneiro.

 
 

ASISTENCIA ECONÓMICA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR BÁSICA

01/01/2016 - Novas do Concello

O Concello de Coles, recibiu asistencia económica para o servizo de axuda no fogar básica a través do programa provincial de asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos e mancomunidades en materia de servizos sociais comunitarios para o exercicio 2016.

O importe ascende a 10.212,35 euros.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal