Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

BASES PARA A CONTRATACION DE PERSOAL DE AXUDA NO FOGAR

03/12/2015 - Novas do Concello

BASES PARA A CONTRATACIÓN, POLO CONCELLO DE COLES, DE CINCO TRABALLADORES/AS NA OCUPACIÓN DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR.

TIPO DE CONTRATO: OBRA OU SERVIZO

DURACIÓN ESTIMADA: 12 MESES (01/01/2016-31/12/2016)

XORNADA: COMPLETA

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O DÍA 7 DE DECEMBRO.

 

LUDOTECA DE NADAL

02/12/2015 - Novas do Concello

Con motivo das vacacións de Nadal o Concello de Coles organiza unha ludoteca para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

A inscrición farase na Casa do Concello antes do día 18 de decembro.

As datas nas que terá lugar a ludoteca serán do 21, 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro de 2015 e o 4 e 5 de xaneiro de 2016 en horario de 10.00 a 13.00h.

Entre as actividades que se levan a cabo están talleres de creatividade artística ( barro, collage...) xogos populares sesións de contacontos e animación á lectura, xogos dirixidos e libres, e moito mais. Sen que se nos esquece celebrar fin de ano e reis.

O custo total será de 25 euros, e so poderán participar nenos e nenas empadroados/as


AUDITORIO DE COLES

02/12/2015 - Novas do Concello

O Concello de Coles organiza, un ano máis, o programa de actos no Auditorio de Coles, con motivo das festas de Nadal.

As actividades e actuacións, están dirixidas ó público en xeral.

Entre as distintas actuacións musicais que teremos no Auditorio o domingo día 13 as 18:30 h. o grupo de percusión grupo de percusión ODAIKO có ESPECTACULO "VAIA BANDA". Odaiko é un grupo de percusión fundado en 2003, que está formado por catro músicos licenciados en percusión clásica, contemporánea e jazz. Ofrecerán unha velada chea de boa música, humor e aventuras inesperadas nas que o público non poderá fuxir.

O domingo día 27 as 18:30 h. concerto a cargo das corais CORAL "XUNTANZA DE POBOS" A (PEROXA) e CORAL “CANTARES DE COLES” (COLES)

O domingo día 3 as 18:30 h. concerto a cargo das corais CORAL “AURIA CANTA" (OURENSE) e CORAL “ENCANTIÑO” BARRA DE MIÑO (COLES).

O luns día 4 as 16:30h. teremos CINE INFANTIL.

O domingo día 10 as 18:30 h. concerto a cargo das corais CORAL: "NENOS CANTORES DA CAPELA MADRIGALISTA" (OURENSE), "CORO DE VOCES BLANCAS DO OUO" (OURENSE) e a CORAL “GAUDEAMUS" (OURENSE)

O domingo día 17 as 18:30 h. o grupo de TEATRO "BARBAÑÁ" presenta a obra “APROXIMACIÓN Á MULLER NOCIVA” Unha obra de teatro actual, moderna, moi simbólica e que, ainda que esperemos vos faga pasar unha boa tarde, invita á reflexionar sobre as forzas que gobernan as nosas vidas


VIII ANDAINA DE COLES

25/10/2015 - Novas do Concello

A VIII ANDAINA DE COLES terá lugar el próximo domingo 8 de novembro de 2015.

O punto de partida estará situado no campo dá Feira de Cambeo.

Vaise realizar sobre unha distancia aproximada de 22 quilómetros, sendo circular, con punto central no campo dá Feira de Cambeo, podendo realizar un percorrido máis curto de 10 quilómetros.

A hora de saída será as 9:30 horas. Entregándose os dorsais 30 minutos antes.

A cota de inscrición será de 5 euros que se fará efectiva o mesmo día da andaina, previa inscrición no concello de Coles. Dos cales 2 € serán para gastos de organización e 3€ para Cruz Vermella, co Progama solidario “Ateción a Solicitantes de Asilo e Refuxiados da Cruz Vermella para responder ás necesidades humanitarias dos refuxiados e solicitantes de asilo que foxen de conflitos que asolan seus países de orixe buscando un ambiente seguro que lles permita vivir en paz “ .

O longo dos percorridos haberá varios puntos de avituallamento e o finalizar a proba bocadillos, froita e bebida.

Sendo a data de incripción ata o día 5 de novembro


FESTA INFANTIL DE SAMAÍN

15/10/2015 - Novas do Concello

O domingo, día 1 de novembro, desfruta no pavillón de Coles coa Festa Infantil de Samaín, de 18:00 a 21:00 h.

Haberá inchables para os nenos. 

Inscríbete este domingo, 18 de outubro, na Biblioteca do concello de 16:00 a 19:00 h. 

O prezo será de 1 euro por neno ou adulto con dereito a unha consumición.

Tódolos nenos deberán vir acompañados dun adulto.

E non esquezades vir disfrazados!

 


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal