Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

31/08/2015 - Novas do Concello

Os próximos días 21, 22 e 23 de setembro, os vehículos agrícolas poderán pasar a I.T.V. na estación móbil que se instalara nas inmediacións do polideportivo de Albán.

Os horarios serán de 9:00 h a 13:30 h pola mañá e de 15:15 h a 18:30 h. pola tarde.

O día 23 o horario será de de 9:00 h a 13:30 h pola mañá. Os vehículos agrícolas con menos de oito anos de antigüidade están exentos de pasar a inspección mentres que os que teñen menos de 16 a pasarán cada dous anos. Só aqueles vehículos que teñan máis de 16 anos deberán de pasar unha inspección anual. A documentación que se deberá de levar para revisar o vehículo agrícola é o permiso de circulación, a tarxeta de inspección técnica ou certificado de características do vehículo, o seguro obrigatorio e a cartilla de inscrición agrícola.

O teléfono de solicitude de cita previo é 902 30 90 00, ou na paxina web www.sycitv.com.


ACTIVIDADES 2015/2016 PAVILLÓN DE COLES

30/08/2015 - Novas do Concello

Aberto o prazo de inscrición para as actividades que se desenvolverán no Pavillón de Coles durante o período 2014/2015.

O custo será de 5 euros mensuais por actividade para empadroados/as e 10 euros mensuais para non empadroados/as (o grupo mínimo para o inicio da actividades será de 15 persoas).

Será necesaria a inscrición no concello entregando documento adxunto, ata o día 25 de setembro.

O comezo das actividades será o día 1 de outubro.

Para máis información: 988 205 134.


A Escola de Música de Coles abre o prazo de matriculacións para o curso 2015/2016

30/08/2015 - Novas do Concello

O prazo de inscrición para o curso 2015-2016 da Escola de Música Municipal de Coles está aberta dende o día 1 de Setembro ata o 18 de Setembro.

A oferta é moi ampla e variada, dende Música e Movemento, para menores de 7 anos, solfeo, linguaxe musical, e formación instrumental, dende instrumentos como clarinete, saxofón ou trombrón, tuba, percusión, pandeireta, gaita, etc.

En música, completarase a ensinanza con participación en grupos colectivos que se organicen na escola.

Os interesados deberán entregar a inscrición adxunta no Concello.O horario de atención ó público é de 8:30 a 14:30 h.

Máis información no teléfono do concello: 988 205 134


XIMNASIA DE MANTEMENTO LOCAIS SOCIAIS DO CONCELLO

30/08/2015 - Novas do Concello

A partir do día 5 de outubro, un ano máis o Concello de Coles pon en marcha a Ximnasia de Mantemento nos diferentes locais sociais do Concello.

Este programa está baseado nun conxunto de actividades encamiñadas á conservación e á mellora da condición física, mediante o exercicio periódico e continuo. Os exercicios de mantemento que se realizarán neste programa, comprenden unha serie de movementos sinxelos nos que se utilizan as principais articulacións do corpo.

Os obxetivos que ten este programa son entre outros, recuperar a forza perdida ó longo dos anos, diminuír tanto as dores articulares, como musculares, mellorar a flexibilidade e mobilidade articular, alcanzar un maior control e coñecemento do seu propio corpo e prever lesións de tipo xeral incidindo en posturas corporais saudables.

Os destinatarios do Programa son os veciños e veciñas do Concello de Coles.

A actividade é totalmente gratuíta.


SELECCIÓN DE PERSOAL PARA 4 BRIGADAS DO SERVIZO BRIGADA DEFENSA INCENDIOS FORESTAIS DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DE SANTA ÁGUEDA.

17/07/2015 - Novas do Concello

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 162 do 16 de xullo de 2015, a Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda publica as Convocatorias para a contratación de:

-4 xefes da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

- 4 peóns condutores da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

- 12 peóns da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

Sistema de contratación: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais a partir do da publicación no BOP, xa que logo este prazo remata o martes 21 de xullo de 2015.

Lugar de presentación de solicitudes: Concello de Coles e resto dos Concello da Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda (Coles, Amoeiro, Vilamarín e A Peroxa)

As persoas interesadas teñen a súa disposición as bases completas nas dependencias do Concello de Coles, documentación adxunta a nova  e no resto dos Concello da Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda (Coles, Amoeiro, Vilamarín e A Peroxa)


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal