Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

04/05/2015 - Novas do Concello

Coa chegada do verán é do máximo interese para tódolos veciños e veciñas de Coles que as fincas, montes e solares existentes no Concello se atopen nun adecuado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada. Se ben este é un deber que teñen os propietarios de terreos durante todo o ano, nestas datas cobra unha especial relevancia perante o risco de incendios.

A lexislación vixente é moi clara ó respecto; así de conformidade co disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, obriga a:

- Limpeza da maleza, antes do 30 de xuño de cada ano, que se atope a menos de 50 metros de calquera tipo de edificación (50 metros no caso de certas árbores).

O incumprimento dará lugar á imposición de sancións por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar.


CHARLA INFORMATIVA: ALIMENTACIÓN E DIABETE

04/05/2015 - Novas do Concello

O xoves día 7 de maio as 18:30 h no auditorio o Concello de Coles en colaboración coa Asociación de Diabetes organizan una charla sobre ALIMENTACIÓN E DIEBETE sendo a ponente Dona MARISA RUIZ, enfermeira especialista en diabete.


BOTANDO REDES

01/04/2015 - Novas do Concello

Coa posta en marcha deste primeiro ciclo de talleres ó que denominamos BOTANDO REDES, pretendemos achegar as novas tecnoloxías a toda a sociedade, xa que supón importantes vantaxes sobre todo para as persoas maiores, pero resulta evidente que existe un distanciamento que xera desigualdade no uso e proveito destas.

As novas tecnoloxías que para algúns deles son totalmente alleas, dende o propio manexo do ordenador e móbil, ata o coñecemento das redes sociais, uso de internet, conta de correo, videoconferencia etc., sendo un medio idóneo para ampliar as súas relacións sociais, posibilitando o contacto diario con familiares e amigos, facilitando o acceso a calquera tipo de información que lles sexa de interese: prensa diaria, cultura, saúde, etc. Así como o uso de móbiles como medio de comunicación e futuros dispositivos tecnolóxicos con aplicacións sociais e sanitarias de emerxencia. Os resultados obtidos van resultar unha motivación para os usuarios, descubrir as múltiples aplicacións do manexo destas tecnoloxías que nos fan a vida máis doada.

En definitiva, grazas ós adiantos da tecnoloxía, os nosos maiores poden vivir no seu fogar e cidade cunha mellor calidade de vida, evitando os efectos que o illamento e a dependencia puidera provocar.

Os talleres realizaranse na aula de informática os venres, días 10, 17 e 24 de abril e 8, 15, 22 e 29 de maio ás 18 horas.

As prazas son limitadas e é necesaria a inscrición nas oficinas do concello ou ben por teléfono.


CONCERTOS DE PRIMAVERA

01/04/2015 - Cultura e Deporte

O vindeiro día 12 de abril, terá lugar, o I CONCERTO DE PRIMAVERA dentro da programación do Auditorio de Coles.

Abrirá o programa o concerto a cargo de Celia Adrián (Acordeón), Raquel Carrera (Violín) e Agustín Lage (Guitarra ).

O día 19 de abril o turno será para Purificación Iglesias (Piano), Santiago Comesaña (Clarinete) e Emilio José Vázquez (Saxo).

O día 26 de abril, Xoán Manuel Iglesias (Piano), Antonio Caneda (Trombón) e Esteban Noel Quintas (Trompa).

 Para pechar este ciclo de concertos contaremos, o día 3 de maio, coa Compañía Lírica de Galicia. Unha actuación extraordinaria na cal se representarán algunhas das obras musicais de maior beleza de tódolos tempos no seo da gala denominada “A Música Cantada Máis Sublime”.

O programa da compañía inclúe algunhas das creacións máis fermosas escritas para a voz humana. E así, o repertorio dá cabida a pezas operísticas de Mozart, Verdi, Puccini, Boito, Händel, Bellini, Cilea, Bizzet e Delibes, nunha aproximación ó canto dende a perspectiva da “música pura”.

Os mellores solistas da Compañía Lírica de Galicia, acompañados por un piano e, cando proceda, dunha serie de solistas instrumentais (arpa, frauta traveseira, violín, violonchelo) interpretarán obras mestras da Lírica, que emocionan ó público máis esixente e non deixan indiferente a ninguén.

Esta última actuación está subvencionada nun 50 % pola terceira edición de 'Cultura no Camiño', correndo a cargo o restante ós fondos do Concello.

Tódolos concertos serán ás 19 horas.

 

PROXECTO DE POSTA EN VALOR DO INTERIOR DOS NUCLEOS.

24/03/2015 - Novas do Concello

O Alcalde, Manuel Rodriguez, ven de presentar un proxecto de arranxo de rúas internas de núcleos e recollida de augas chovedizas.

O comezo de estas obras forman parte de un ambicioso proxecto de posta en valor do interior dos núcleos rurais, o que se pretende realizar na maioría dos núcleos do concello.

O que se vai a facer con estes proxectos, e acondicionar as rúas interiores dos núcleos, as rúas principais dos núcleos, nas cales a capa de formigón atopase bastante deteriorada, e moi parcheada o longo dos anos.

O que se pretende e mellorar a situación actual do pavimento e dotalo con servizos necesarios para os veciños e mellorar o sistema de drenaxe recollendo as augas chovedizas.

Esta recuperación farase de maneira integral, dando un valor engadido o utilizar pedra, lastra e formigón. Nesta primeira fase os núcleos nos que se van a realizar esta as obras son Vilarnaz, A Reguenga, Tras do Río e Miegodevila.

As obras, por un importe de 127.660 €, executaranse integramente con fondos propios do CONCELLO.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal