Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

TALLERES DE MEMORIA

19/01/2015 - Novas do Concello

A semana do 26 de xaneiro, comezará o sétimo curso do taller de memoria do Concello de Coles, unha iniciativa destinada todos os veciños/as.

Os talleres organízanse en oito grupos nas distintas parroquias, co fin de achegar a actividade a todos os locais sociais e que podan participar o maior número de veciños/as.

O taller non é só un taller para exercitar a memoria, é un lugar de reencontro, de diversión e de aprendizaxe. O tempo de duración dos talleres vai a ser ata xuño.

Os obxetivos centrais destes talleres son mellorar a calidade de vida, ofrecer un espazo de interacción cos demais e de expresión propia, afondar na idea do auto-coidado e a motivación para levalo a cabo, adestrar en estratexias técnicas de memoria, así como estimular outros procesos cognitivos básicos como a percepción, atención, linguaxe, orientación espazo-temporal e a capacidade lóxica

Aquelas persoas que estén interesados en apuntarse no programa non e necesario facer unha inscrición previa, e poden facelo no propio local da actividade.

Unha máis das actividades gratuitas das que dispoñemos os veciños e veciñas do Concello de Coles.

 
 

ACTUACIÓNS DE NADAL - AUDITORIO -

14/12/2014 - Novas do Concello

O domingo día 21 de decembro, ás  18:30 horas, poderemos desfrutar dun CONCERTO DE NADAL coas Corais “Encantiño”  (Barra de Miño) e "Val do Avia" (Leiro)

O luns día 22, luns día 29 e venres día 2, ás 16:30 horas, para os máis pequenos, CINE INFANTIL.

Tamén o domingo día 28, ás 18:30 horas, tarde con CONCERTO DE NADAL coas Corais “Os Trinos” (Gustei) e “Cantares de Coles”.

E o domingo día 4 ás 17:00 horas, CONTACONTOS DE NADAL con Arunrun, Xogos e Enredos.


TALLER ABDOMINAIS HIPOPRESIVOS

02/12/2014 - Novas do Concello

Nos días 23. 26 e 30 de decembro vaise realizar un taller de abdominais Hipopresicos no Concello de Coles.

O taller está dirixido a toda persoa interesada en aprender Abdominais Hipopresivos co obxectivo de practicalo a nivel individual na súa propia rutina cotiá de adestramento.

Os horarios do taller son día 23 de 18:30 h a 21:30 h, día 26de 19:00 h a 21:00 h e día 30 de 18:30 h a 21:30 h.

Nestas oito horas vas aprender e practicar as diversas posicións e movementos cos que reducir a cintura, mellorar a posición da columna e solucionar lesións do chan pélvico, entre outros moitos máis beneficios que ten os abdominais hipopresivos.

Non está indicado para embarazadas non obstante é a actividade máis recomendada se deches a luz recentemente.

O taller completo son oito horas de  Adestramento Persoal e ten un custo total de 60 €, e posterior seguimento.

As prazas son reducidas e por estrita orde do inscrición, nas oficinas do Concello de Coles ata o 15 de decembro.


LUDOTECA DE NADAL

02/12/2014 - Novas do Concello

Con motivo das vacacións de Nadal o Concello de Coles organiza unha ludoteca para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

A inscrición farase na Casa do Concello antes do día 18 de decembro.

As datas nas que terá lugar a ludoteca serán do 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro de 2014 e o 2 e 5 de xaneiro de 2015 en horario de 10.00 a 13.00h.

Entre as actividades que se levan a cabo están talleres de creatividade artística ( barro, collage...) xogos populares sesións de contacontos e animación á lectura, xogos dirixidos e libres, e moito mais. Sen que se nos esquece celebrar fin de ano e reis.

O custo total será de 5 euros, e so poderán participar nenos e nenas empadroados/as.


BASES PARA A CONTRATACION DE PERSOAL DE AXUDA NO FOGAR

01/12/2014 - Novas do Concello

BASES PARA A CONTRATACIÓN, POLO CONCELLO DE COLES, DE CATRO TRABALLADORES/ASNA OCUPACIÓN DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR.

TIPO DE CONTRATO: OBRA OU SERVIZO

DURACIÓN ESTIMADA: 12 MESES (01/01/2015-31/12/2015)

XORNADA: COMPLETA

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O DÍA 4 DE DECEMBRO. 


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal