Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

ABERTO NOVO PRAZO RENOVACION E NOVO INGRESO ESCOLA INFANTIL

21/02/2015 - Novas do Concello

Aberto o prazo de renovación e novo ingreso na Escola Infantil de Coles, do día 21 de febreiro ata o día 21 de marzo de 2.015.

Para máis información: Escola Infantil de Coles "A GALIÑA AZUL" número de teléfono 988 204 466.


FESTA INFANTIL DE ENTROIDO

02/02/2015 - Novas do Concello

O sábado 14 de febreiro, de 16:00 a 20:00 horas, ven a desfrutar dunha divertida tarde de Entroido no Polideportivo de Albán.

Haberá desfile de disfraces con trofeos e tamén teremos inchables, música e moita diversión.

Ven acompañado dun adulto, e non esquezades vir disfrazados!!

A entrada é gratuíta.

Anímate e acompáñanos nesta tarde de Entroido!!


ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS ESTATAIS Ó ALUGUER DE VIVENDAS

20/01/2015 - Novas do Concello

O Concello de Coles informa sobre o plan estatal de axudas ó aluguer, tramitado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e publicado do DOG do 19 de xaneiro de 2015.

As persoas que cumpran os requisitos que a continuación se especifican poderán solicitar axudas ó aluguer, de ata un 40 % do custo anual, no período comprendido entre o 20 de xaneiro e o 19 de febreiro de 2015.

Salientamos o máis significativo da orde publicada no DOG e, para máis información, poderán dirixirse o Instituto da Vivenda e Solo.

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE ALUGAMENTO DE VIVENDAS.

PLAN ESTATAL DE FOMENTO DO ALUGAMENTO DE VIVENDAS, A REHABILITACIÓN EDIFICATORIA E A REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS 2013-2016 Publicada no DOG do 19 de xaneiro de 2015 a Convocatoria das Subvencións do Programa de Alugamento de Vivendas.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150119/AnuncioC3Q2-090115-0002_es.html

As bases reguladoras das axudas ao alugamento previstas nesta convocatoria están aprobadas pola Orde do 24 de novembro de 2014, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, publicada no Diario Oficial de Galicia número 236, do 10 de decembro de 2014.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141210/AnuncioCA02-031214-0004_gl.html

O procedemento de concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva.

Prazo de presentación das solicitudes:do 20 de xaneiro ao 19 de febreiro de 2015 Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Forma de presentación das solicitudes: -vía electrónica:https://sede.xunta.es (Require DNI electrónico, ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia) -en soporte papel, utilizando o formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Beneficiarios: As persoas físicas que cumpran os requisitos previstos no artigo 2 das bases reguladoras. En xeral, deben cumprir as seguintes condicións:

a. Ser titular ou estar en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de Arrendamentos Urbanos, en calidade de arrendatario.

b. Que a vivenda arrendada ou a arrendar constitúa, ou vaia a constituír, a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria.

c. Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia que teñan, ou vaian ter, o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de arrendamento, sexan en conxunto inferiores a 3 veces o IPREM.

d. Que a renda do contrato de arrendamento non supere os seguintes límites;

• 400€ para as vivendas situadas na zona territorial 2 – Coles.

No caso de familias numerosas que necesiten unha vivenda de maiores dimensións, ou adaptada por ter un membro con discapacidade, a renda máxima da vivenda poderá acadar os 600 euros mensuais, nos concellos da zona territorial 1, e 500 euros en concellos da zona territorial 2.

Axudas: O importe das axudas será do 40% da renda anual que se deba satisfacer polo aluguer da vivenda, cun límite máximo anual de 2.400 euros por vivenda.

As axudas concederanse por un prazo de doce meses, prorrogables a solicitude da persoa interesada, ata a data de finalización do Plan.


TALLERES DE MEMORIA

19/01/2015 - Novas do Concello

A semana do 26 de xaneiro, comezará o sétimo curso do taller de memoria do Concello de Coles, unha iniciativa destinada todos os veciños/as.

Os talleres organízanse en oito grupos nas distintas parroquias, co fin de achegar a actividade a todos os locais sociais e que podan participar o maior número de veciños/as.

O taller non é só un taller para exercitar a memoria, é un lugar de reencontro, de diversión e de aprendizaxe. O tempo de duración dos talleres vai a ser ata xuño.

Os obxetivos centrais destes talleres son mellorar a calidade de vida, ofrecer un espazo de interacción cos demais e de expresión propia, afondar na idea do auto-coidado e a motivación para levalo a cabo, adestrar en estratexias técnicas de memoria, así como estimular outros procesos cognitivos básicos como a percepción, atención, linguaxe, orientación espazo-temporal e a capacidade lóxica

Aquelas persoas que estén interesados en apuntarse no programa non e necesario facer unha inscrición previa, e poden facelo no propio local da actividade.

Unha máis das actividades gratuitas das que dispoñemos os veciños e veciñas do Concello de Coles.

 
 

ACTUACIÓNS DE NADAL - AUDITORIO -

14/12/2014 - Novas do Concello

O domingo día 21 de decembro, ás  18:30 horas, poderemos desfrutar dun CONCERTO DE NADAL coas Corais “Encantiño”  (Barra de Miño) e "Val do Avia" (Leiro)

O luns día 22, luns día 29 e venres día 2, ás 16:30 horas, para os máis pequenos, CINE INFANTIL.

Tamén o domingo día 28, ás 18:30 horas, tarde con CONCERTO DE NADAL coas Corais “Os Trinos” (Gustei) e “Cantares de Coles”.

E o domingo día 4 ás 17:00 horas, CONTACONTOS DE NADAL con Arunrun, Xogos e Enredos.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal