Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

VII ANDAINA DE COLES

15/10/2014 - Novas do Concello

Un ano máis, no Concello, lévase a cabo a VII Andaina de Coles, que terá lugar o domingo, 26 de outubro.

A ruta será de 22 km, cun percorrido alternativo máis curto, e  saída da carballeira de Vilarchao ás 9:30 horas.

A inscrición será de 3 euros (ata o xoves 23 ás 14:00 horas).

O total da recadación destinarase a AFAOR 2.0 ALZHEIMER.


XIMNASIA DE MENTEMENTO

05/10/2014 - Novas do Concello

A partir do mércores día 8 de outubro, as 19 horas, o Concello de Coles pon en marcha un novo grupo de Ximnasia de Mantemento no local da antiga Escola de Ribela.

Esta actividade está condicionada a permanencia de grupo mínimo de participantes.

Nos diferentes locais sociais do Concello, os grupos comenzaron o día 1 de outubro.

Os destinatarios do Programa son os veciños e veciñas do Concello de Coles.

A actividade é totalmente gratuíta.


II ENCONTRO DE BANDAS- MEMORIAL D. JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ MONTES

01/10/2014 - Novas do Concello

O próximo domingo día 5 no Auditorio de Coles dará comezo o II Encontro de Bándas de Música MEMORIAL D. JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ MONTES.

Os concertos terán os días 5, 12, e 19 ás 18:00 h. Nesta edición contaremos coa presenza das seguintes bandas:

- BANDA DE MÚSICA-ARTÍSTICA DE MERZA (VILA DE CRUCES-PONTEVEDRA) DOMINGO DÍA 5.

 - BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE VALGA (VALGA – PONTEVEDRA) DOMINGO DÍA 12

 - BANDA DE MÚSICA – SANTÁDEGA (COLES –OURENSE) DOMINGO DÍA 19


CONVOCATORIA OFERTA PARA CONTRATOS DE FORMACIÓN E APRENDIZAXE.

23/09/2014 - Novas do Concello

1. Destinatarios:

- Mozos/as maiores de 16 anos e menores de 30 anos.

- Desempregados/ás inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

- Non ter participado noutra acción en alternancia de formación e emprego.

- Reunir as condicións necesarias que require o desenvolvemento do posto de traballo.

2 - Que é o Programa Dual de Formación e Emprego?

O programa Dual de Formación e Emprego configúrase como unha política activa de emprego do Servizo Público de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, en colaboración co Concello de Coles, que consiste na realización de accións en alternancia de formación e emprego para mellorar o empleo das persoas desempregadas participantes. 3.Obxetivo Que os traballadores/ás realicen un traballo efectivo a través da execución de obras ou servizos de utilidade pública e interese social alternando coa formación teórica, para facilitar a adquisición das competencias profesionais relacionadas coas devanditas obras ou servizos co obxecto de favorecer a inserción laboral.

4 - Presentación das solicitudes

Venres dia 26 de setembro de 2014 de 12:00 a 14:00 horas nas oficinas do concello.


ACTUACIÓN AUDITORIO - XOSÉ A. TOURIÑÁN

20/09/2014 - Novas do Concello

O domingo, día 28 de setembro, ás 20:00 horas, Airapro Producións presenta a Xosé A. Touriñán no papel de "Manolo Lojo". Divertida actuación que poderemos desfrutar no Auditorio de Coles.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal