O CONCELLO EXECUTARÁ OBRAS DE ALUMEADO PÚBLICO E REDE DE SUMIDOIROS
No vindeiro mes de Abril o Concello de Coles vai levar a cabo as obras de Rede de Sumidoiros e Mellora do Alumeado Público en distintos núcleos, por un importe total de 299.230 € con cargo a fondos do CONCELLO.
Estas obras foron aprobadas no presuposto municipal do ano 2.015 , no pleno que tivo lugar no pasado mes de outubro.
As obras que se van a executar son as seguintes:
REDE DE SUMIDOIROS SEQUEIROS - SEOANE
REDE DE SUMIDOIROS DE A LAVANDEIRA
REDE DE SUMIDOIROS A ZARRIÑA – PAVILLON
REDE DE AUGAS CHOVEDIZAS EN GUSTEI
MELLORA DO ALUMEADO EN VILARNAZ
MELLORA DO ALUMEADO EN BELESAR
MELLORA DO ALUMEADO PARROQUIA A BARRA
Subvencións da Xunta para cubertas e fachadas de vivendas
O Concello de Coles informa sobre axudas da Xunta de Galicia para a rehabilitación de cubertas e fachadas de vivendas.
No Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 50, do 13 de marzo, a Consellería de Economía e Industria publica subvencións destinadas á rehabilitación con granito das fachadas e á renovación de cubertas de lousa e de tella cerámica.
O prazo de presentación de solicitudes abriuse o día 14 de marzo de 2015 e prolongaraseata que se esgoten os fondos económicos. En todo caso, finalizará cumpridos tres meses dende o día seguinte da publicación da orde que regula as citadas subvencións.
No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de soli¬citudes se esgote o crédito, esta información será publicada no DOG e na páxina web da consellería.
A información sobre os requisitos para acceder a estas axudas así como a contía das mesmas figura no DOG nº 50 do 13 de marzo.
Contacto: Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es
Teléfono: 981 95 70 92 / 981 95 72 59
Enderezo electrónico: cei.sxai@xunta.es
CLAUSURA II OBRADOIRO DA MANCOMUNIDADE DE SANTA ÁGUEDA
O xoves 12 foi a clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego “Santa Águeda II” promovido polos concellos que integran a Mancomunidade de concellos do mesmo nome, é dicir, Coles, Amoeiro, A Peroxa, e Vilamarín.
Este obradoiro púxose en funcionamento o pasado mes de agosto e nel participaron 21 desempregados como alumnos de albanelería.
Durante estes últimos anos, o Concello de Coles dirixiu unha notable proporción de recursos cara a creación e rehabilitación de espazos públicos, recuperando e conservando o patrimonio municipal e proporcionando así a posibilidade dunha maior participación cidadá. Un destes recursos para a recuperación e rehabilitación de espazos públicos foi o II Obradoiro da Mancomunidade de Santa Águeda.
Co traballo de rehabilitación do Obradoiro de Emprego, en Coles recuperáronse: a vella Escola de Miegodevila e a planta inferior da Escola de Cambeo. Servindo así a primeira como local para a Asociación de Mulleres Rurais, e a segunda como centro multiusos ó servizo da veciñanza e da Escola de Música.
Tal empresa foi posible grazas a intervención exemplar da dirección, dos monitores, e do alumnado deste obradoiro (parte do cal son veciños e veciñas de Coles) que xestionaron eficazmente os recursos e traballaron a reo para avanzar moito máis aló do previsto, con resultados que superaron amplamente as expectativas iniciais
Así, a partida de 25.000 euros da que se dispuña para restaurar ambos locais, foi distribuída do seguinte xeito: En Miegodevila: cambiáronse caleiros e tellado, pintáronse paredes, puxéronse novas ventás, colocouse tarima e chan e púxose aire acondicinado, tamén se axardinou o exterior, canalizáronse augas chovedizas e fecais e acondicionouse un local de unión deste co local social. Pintouse o local da Asociación de Veciños e tamén se instalou aire acondicionado e WIFI gratuíta.
En Cambeo: cambiouse a instalación eléctrica e instaláronse luces LED novas en todo o edificio, insonorizouse e aproveitouse o espazo do local, unindo varios departamentos pequenos e inutilizados a outro de maior tamaño, facendo así unha sala máis espaciosa e aproveitable.
Á mellora destas infraestruturas públicas engádese, así mesmo, unha innovación común: a dispoñibilidade de WIFI gratuíta.
Para dar continuidade a estas políticas, na axenda municipal figura, así mesmo, a restauración do antigo concello, o illamento do pavillón e a reforma da planta superior da Escola de Gustei, proxecto xa presentado no seo do III Obradoiro da Mancomunidade Santa Águeda 2015.
O próximo domingo 22 de Marzo o Concello de Coles colabora na II Ruta Cabalar.
Os asistentes a este evento poderán gozar a partir das 10.00 horas dunha amena ruta a cabalo polas belas paraxes do municipio, cuxa saída será dende ao Polideportivo de Albán á 11 horas.
A ruta terá un percorrido de 20 km aprox. A las13:30 horas será a comida no Polideportivo de Alban.
A novidade deste ano é que ás 16:30 terán unhas carreiras nas inmediacións do Polideportivo. Durante a reunión levarase a cabo o sorteo de diversos regalos e realizarase a entrega de premios.
O prazo de inscrición remata do xoves día 19. O prezo de será de 20 € por persoa e será necesario confirmar asistencia a través dos teléfonos 679 316 665 (Sergio) e 637 735 381 (Antonio).
O Tícket eléctrico social consiste nunha axuda directa de 90 € semestre para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, incrementándose esta cantidade ata 150 € para os que acrediten ser familia numerosa.
A axuda consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribiur ao pagamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo, cuxos ingresos totais durante o ano 2013 non superen o importe de 9.585,195 euros. A Contía da axuda non poderá superar o importe da factura eléctrica pagada durante o segundo semestre 2014 ou 1º semestre 2015, segundo corresponda