Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

AUDITORIO - MES DE MAIO -

02/05/2014 - Novas do Concello

O sábado, día 10 de maio, ás 18:30 horas, terá lugar no Auditorio a actuación do Grupo de Danzas e Gaitas "El Castro" de Columbrianos. Con sección de baile tradicional, pandereteiras-cantareiras e banda de gaitas.

Tamén poderemos desfrutar nesta tarde co grupo de Cantareiras "Charamusga" e coa Banda de Gaitas do Concello de Coles, que acompañan esta actuación.

E o domingo, 18 de maio, ás 20:00 horas, poderemos ver no Auditorio a actuación de Federico Pérez ("Josito" en Padre Casares - TVG - ) co seu monólogo "Ración de Breogán".

 


MAXIA NO AUDITORIO

14/04/2014 - Novas do Concello

O domingo 27 de abril, ás 19:30 horas, no Auditorio do concello, teremos unha tarde de maxia para desfrute de pequenos e maiores co espectáculo: Aplausos (Maxia no Camiño).


XORNADAS ADERCOU - PROXECTO MOZOS RURAIS -

14/04/2014 - Novas do Concello

A Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca Ourense (ADERCOU) levará a cabo unhas xornadas sobre o Proxecto Mozos Rurais que se desenvolverán os días 5 de maio, no Campus de Ourense (de 9:00 a 10:30 horas) e no IES Vilamarín (de 16:00 a 17:30 horas); e o 6 de maio, no CIFP A Farixa (de 9:00 a 11:00 horas).

Estas xornadas están dirixidas a mozas e mozos entre 16 e 25 anos, e contarán cos ponentes seguintes: Beatriz Martínez -Xerente de Adercou. Programa Leader- e Pedro González Gutiérrez -Licenciado en xeografía, ordenación do territorio e urbanismo. Especialidade en desenvolvemento local e emprego.


CHARLA INFORMATIVA -ADERCOU- DINAMIZACIÓN NO RURAL

08/04/2014 - Novas do Concello

O venres, día 11 de abril, ás19:00 horas, terá lugar unha charla informativa no Auditorio, onde a Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca Ourense (ADERCOU) levará a cabo a charla: "Dinamización no rural".

Onde se falará sobre as subvencións do Fondo Europeo (Programa LEADER 2014/15) para a creación, ampliación ou modernización das pequenas e medianas empresas (PEMES).


CONCERTO DE JAZZ -TON RISCO E JACOBO DE MIGUEL

08/04/2014 - Novas do Concello

O sábado, día 12 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio, poderemos desfrutar dunha tarde de Jazz co concerto de Ton Risco e Jacobo De Miguel.

A música deste dúo, formado en marzo do 2006, está tinguida ca singular sonoridade da mestura de vibráfono e piano.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal