Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

SUBVENCIÓN POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN

02/09/2014 - Novas do Concello

Apróbase un regulamento para a concesión de axudas de ata 500 euros por nacemento ou adopción de nenos nenas do concello de Coles  

 

 
 
 

A Escola de Música de Coles abre o prazo de matriculacións para o próximo curso

02/09/2014 - Novas do Concello

O prazo de inscrición para o curso 2014-2015 da Escola de Música Municipal de Coles está aberta dende o día 2 de Setembro ata o 22 de Setembro.

A oferta é moi ampla e variada, dende Música e Movemento, para menores de 7 anos, solfexo, linguaxe musical, e formación instrumental, dende instrumentos como clarinete, saxofón ou trombrón, tuba, percusión, pandeireta, gaita, etc.

 En música, completarase a ensinanza con participación en grupos colectivos que se organicen na escola.

Os interesados deberán entregar a inscrición adxunta no Concello. O horario de atención ó público é de 8:30 a 14:30 h.

Máis información no teléfono do concello: 988 20 51 34


XIMNASIA DE MANTEMENTO

02/09/2014 - Novas do Concello

A partir do día 1 de outubro, un ano máis o Concello de Coles pon en marcha a Ximnasia de Mantemento nos diferentes locais sociais do Concello.

Este programa está baseado nun conxunto de actividades encamiñadas á conservación e á mellora da condición física, mediante o exercicio periódico e continuo.

Os exercicios de mantemento que se realizarán neste programa, comprenden unha serie de movementos sinxelos nos que se utilizan as principais articulacións do corpo. Os obxetivos que ten este programa son, entre outros, recuperar a forza perdida ó longo dos anos, diminuír tanto as dores articulares, como musculares, mellorar a flexibilidade e mobilidade articular, alcanzar un maior control e coñecemento do seu propio corpo e prever lesións de tipo xeral incidindo en posturas corporais saudables.

Os destinatarios do Programa son os veciños e veciñas do Concello de Coles.

A actividade é totalmente gratuíta.

 

INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES

01/09/2014 - Novas do Concello

O próximo día 15 de setembro, os ciclomotores de dúas rodas e máis de 3 anos de antigüidade poderán pasar a I.T.V. na estación móbil que se instalara nas inmediacións do Edificio de Protección Civil en Vilarchao.

Os horarios serán de 9:00 h a 13:30 h pola mañá e de 15:15 h a 18:00 h. pola tarde.

A documentación que se deberá de levar para revisar os ciclomotores de dúas rodas é o permiso de circulación, a tarxeta de inspección técnica ou certificado de características do vehículo e o seguro obrigatorio. .


INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

01/09/2014 - Novas do Concello

Os próximos días 22, 23 e 24 de setembro, os vehículos agrícolas poderán pasar a I.T.V. na estación móbil que se instalara nas inmediacións do polideportivo de Albán.

Os horarios serán de 9:00 h a 13:30 h pola mañá e de 15:15 h a 18:00 h. pola tarde. O día 24 o horario será de de 9:00 h a 13:30 h pola mañá.

Os vehículos agrícolas con menos de oito anos de antigüidade están exentos de pasar a inspección mentres que os que teñen menos de 16 a pasarán cada dous anos. Só aqueles vehículos que teñan máis de 16 anos deberán de pasar unha inspección anual. A documentación que se deberá de levar para revisar o vehículo agrícola é o permiso de circulación, a tarxeta de inspección técnica ou certificado de características do vehículo, o seguro obrigatorio e a cartilla de inscrición agrícola.

O teléfono de solicitude de cita previo é 902 30 90 00, ou na paxina web www.sycitv.com.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal