Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

Convocatoria para a selección de traballadores para brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais para a Mancomunidade Santa Águeda.

15/06/2017 - Novas do Concello

Convocatoria para a contratación laboral que se indica:

1. Número de prazas: 25 (Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural e do Mar):

- 5 xefes de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

- 5 peóns condutores de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

- 15 peóns de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

2. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.

3. Xornada: completa.

4. Sistema de selección: concurso de méritos.

5. Duración do contrato: 3 meses.

6. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de ourense, no Rexistro Xeral da Mancomunidade de Concellos Santa Águeda en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 


CURSO DE PIRAGÜISMO

14/06/2017 - Novas do Concello

O xoves 13 de xullo o Concello de Coles organiza un curso de iniciación ó piragüismo.

O horario do mesmo será de 16:30 h a 19:30 h.

Non se necesitan coñecementos previos de piragüismo, xa que o único requisito é saber nadar. 

Facilitarase ós inscritos piragua, pa e chaleco.

A duración do curso será de tres horas e realizarase no río Miño.

O prezo é de 5 euros (inclúe o monitor, o material necesario e o seguro).

A inscrición será ata o día 10 de xullo.

 


PRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO “A ILLA MARELA”

14/06/2017 - Novas do Concello

O domingo día 18 de xuño, ás 19:00 horas, o grupo de teatro “COLES-TEATRO” presenta a obra “A ILLA MARELA”, baixo a dirección de MATILDE VÁZQUEZ IGLESIAS.

“A ILLA MARELA” é unha adaptación dramática creada polo grupo "COLES-TEATRO", a partir da obra teatral “La isla amarilla”, que  Paloma Gómez Pedrero escribiu en 1995, inspirándose na lectura do relato do antropólogo Eric Scheurmann, e baseado este nuns discursos que o Xefe Samoano dunha perdida illa dos Mares do Sur, Tuiavii de Tiavea, dirixiu á súa tribo para tratar de explicarlles o que os seus ollos e o seu corazón percibiron durante os meses nos que conviviron co home branco (papalagi) en Europa,  alá polos anos vinte do século pasado.

O  elenco de actores e actrices que interveñen  nesta obra son: Álex Currás Rodríguez, Carmen Tovar López, María Rúa Rodríguez, Inés Atanes, Héctor González Pereira, Laura Salgado Tovar, Lucía Dacal Pavón, Alfredo Ellacuriaga García, Lucía Cougil Estévez, Eugenia Viéitez Pérez, Asunción Veloso, Victoria Rodríguez Veloso, Noelia Pereira Grande, Tiago e Maio; acompañados polos músicos Luis Humberto Cao, acordeón, e Adrián Rodríguez Iglesias na percusión. 


Campamento de Día “NATUREZA”

12/06/2017 - Novas do Concello

Campamento de Día “NATUREZA” desenvolverase no Centro de Educación Ambiental EQUAL, na parroquia de A Barra. O campamento está enfocado para rapaces e rapazas a partir de 8 anos.

A data de realización do campamento será do 24 ó 28 de xullo, con horario de 9 h a 18:30 h.

O día a día confórmase coas actividades programadas, algunhas delas de realización diaria, obradoiros de medio ambiente, piscina, teatro e manualidades, así como diferentes xogos.

Desenvolverase unha actividade diaria de carácter lúdico na que os diversos xeitos de comunicación e relación interpersoais, a través do xogo, o deporte, a arte, o teatro e a interacción coa natureza, serán elementos moi importantes que van favorecer a diversión, a convivencia e a cooperación. Coa expresión plástica e artística as nenas e os nenos serán capaces de interpretar os diversos códigos expresivos, mellorar as súas habilidades comunicativas e facer un uso axeitado do espazo.

A paisaxe natural e humana que vai servir como escenario, durante o campamento que presentamos, é rural de interior. Esta característica facilitará o achegamento á natureza e á xente que conforma esta pequena aldea de A Barra.

Pretendemos con este campamento achegar ós participantes á natureza, para observala, desfrutala e interpretar a súa linguaxe plástica.

O desenvolvemento do campamento acolle outras actuacións, como son a animación e a educación ambiental, presentando unhas actividades troncais en torno á temática elexida e outras que están presentes de xeito transversal ó longo do desenvolvemento do campamento en todas as actividades da vida cotiá e que están relacionadas coa adquisición de procedementos e comportamentos durables no tempo e relativos ó aseo persoal e á hixiene, á saúde e a prácticas ambientais sinxelas.

CUSTO E PRE-INSCRICIÓNS:

O custo do campamento é de 85 euros por participante.

Prioridade empadroados/as.

O campamento é subvencionado polo Concello de Coles.

Para formalizar as pre-inscricións será necesario facilitar os seguintes datos:

• Nome e apelidos.

• DNI

• Dirección, teléfono e e-mail (optativo) do responsable familiar así como do/a menor con interese en participar no campamento.

Estas informacións poderanse facilitar a partir do luns 12 de xuño, e a través de calquera dos seguintes medios:

• Tlf.: 988205134

• En persoa, nas oficinas da Casa do Concello.

As prazas son limitadas.

 

LUDOTECA DE VERÁN

12/06/2017 - Novas do Concello

O Concello de Coles organiza a "Ludoteca de Verán", como unha alternativa no tempo de lecer, para que os nenos e nenas aproveiten o horario laboral dos seus maiores para xogar, aprender, bailar, facer deporte e relacionarse con máis nenos cos que compartan intereses comúns, sen esquecer o importante fondo educativo entre outros obxectivos, fomentar a creatividade por un lado e ensinar valores como a tolerancia, a solidariedade e a responsabilidade.

O Campamento levarase a cabo entre os días 26 de xuño e 31 de xullo, con horario de 10:00 a 13:00 horas, no que se mesturarán actividades tales como baile, xogos populares, contacontos e manualidades.....

O custo do campamento é de 50 euros.

O campamento está dirixido a nenos/nenas con idades entre 3 e 12 anos.

O prazo de inscrición remata o xoves día 22 xuño.

Existe a posibilidade de ampliar horario de 9:00 h a 14:00 h, o que supoñería un incremento de 25 euros ó prezo estipulado. 

As prazas son limitadas. A ludoteca é subvencionada polo Concello de Coles.

Prioridade empadroados/as.

A ludoteca de Verán será impartida por A RUN RUN xogos e enredos.

 


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal