Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

30/03/2017 - Novas do Concello

Coa chegada do verán é do máximo interese para tódolos veciños e veciñas de Coles que as leiras, montes e soares existentes no Concello se atopen nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada. Se ben este é un deber que teñen os propietarios de terreos durante todo o ano, nestas datas cobra unha especial relevancia polo risco de incendios.

A lexislación vixente é moi clara ó respecto; así de conformidade co disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, obrígase á limpeza das leiras antes do 30 de xuño nas seguintes condicións:

 

-XESTIÓN DA MALEZA NUNHA FRANXA DE 50 METROS AO REDOR:

  • do núcleo rural.
  • de edificacións de calquera tipo (vivendas, galpóns, …).    
  • de infraestruturas de uso público e áreas recreativas.

-XESTIÓN DA MALEZA QUE SE ATOPE A MENOS DE 2 METROS DO BORDE DAS VÍAS E CAMIÑOS.

 

-CERTAS ÁRBORES REGULADAS NA DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA (PIÑEIROS, EUCALIPTOS ACACIAS…), NON PODEN ATOPARSE A:

  • menos de 30 metros das edificacións. 
  • menos de 2 metros do borde das vías e camiños.

O incumprimento dará lugar á imposición de sancións por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar.

 

AUDITORIO MES DE ABRIL

30/03/2017 - Novas do Concello

Ao longo do mes de abril vanse realizar as seguintes actuacións no Auditorio de Coles.

O domingo día 9 ás 18:30 horas, desfrutaremos dunha tarde de concerto a cargo de Piano, Alvaro Blanco Seoane e Clarinete José Manuel Mosquera

A Banda de Música de Coles "SANTÁDEGA" ofrécenos un concerto o domingo día 30 ás 18:30 horas.


INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES

30/03/2017 - Novas do Concello

 O próximo día 25 de maio, os ciclomotores de dúas rodas e máis de 3 anos de antigüidade poderán pasar a I.T.V. na estación móbil que se instalará nas inmediacións do Edificio de Protección Civil en Vilarchao.

Os horarios serán de 9:00 h a 13:30 h pola mañá e de 15:15 h a 18:00 h pola tarde.

A documentación que se deberá de levar para revisar os ciclomotores de dúas rodas é: o permiso de circulación, a tarxeta de inspección técnica ou certificado de características do vehículo e o seguro obrigatorio.

O teléfono de solicitude de cita previa é o 902 30 90 00 ou nas oficina do Concello.


I BTT DE COLES

28/03/2017 - Novas do Concello

O 23 de abril terá lugar a I BTT do Concello de Coles, na que deporte e aventura se xuntarán para desfrutar das fermosas paisaxes do concello.

Para poder participar deberás anotarte antes do día 3 de abril no seguinte enlace: 

http://inscripciones.prueba-t.es/inscripcion/index.php?id=4608&lang=es

O número de inscricións será limitado, cun máximo de 200 participantes.

O prezo por inscrición será de 15 euros.

Anímate e participa!

 


ABERTO NOVO PRAZO RENOVACION E NOVO INGRESO ESCOLA INFANTIL DE COLES "A GALIÑA AZUL"

09/03/2017 - Novas do Concello

 O pasado 8 de de marzo o Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria do proceso ordinario de matrícula para nenos de 0 a 3 anos nas escolas infantís da rede autonómica de escolas infantís “A Galiña Azul”, na que establece os requisitos e procedementos para solicitar as prazas.

Segundo sinala ese anuncipo do D.O.G., o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso será dende o 9 de marzo ata o 10 de abril (ambos, incluídos).

Para máis información: Escola Infantil de Coles "A GALIÑA AZUL" número de teléfono 988 204 466.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal