Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

AUDITORIO DE COLES - MARZO "CON VOZ DE MULLER"

23/02/2017 - Novas do Concello

O día 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller, declarado oficialmente pola ONU en 1975. Este día, é un recoñecemento ás mulleres como artífices da historia e da loita pola súa liberación e igualdade co home. Reivindícase a todas as mulleres e a igualdade completa de dereitos.

Pero no 2017 aínda hai pouco que celebrar, e moito que reclamar: a fin da discriminación, que se erradiquen as violencias machistas, que se alcance a igualdade salarial, a universalización dos coidados, o dereito para decidir, a libre elección... e a erradicación dos asasinatos machistas, unha verdadeira lacra, non podemos seguir permitindo esta ideoloxía machista na que algúns homes crense co dereito de asasinar as mulleres polo mero feito de ser mulleres.

Dende o concello de Coles, queremos darlle ÁS MULLERES un protagonismo e recoñecemento especial nestes días, presentando esta programación do mes de marzo "CON VOZ DE MULLER".

Para comezar, o día 5, ás 18:30 horas, abriremos cun concerto de "A Dama de Gris" grupo composto por José Carlos González ao piano e voz de Belén Monís.

Seguiremos o día 12, ás 18:00 horas, co grupo "Cantareiras Charamusga" da Escola de Música de Coles, formado por veciñas e veciños do Concello de Coles Silvia Cid, Mª Jesús Gregorio, Mª del Carmen Montes, Isaura Núñez, Purificación Pavón, Elena Pérez, Ana Sotelo, Norma Vázquez, Mª del Carmen Gonzalez, Emilio Luaces, Pilar Rodriguez, Jesús Rodriguez, Tito Taboada y Eva Tato acompañadas por Patricia López.

E, para pechar este ciclo, o día 19, ás 18:30 horas, concerto a cargo da prodixiosa voz de Ana Rosa acompañada ao piano e acordeón por Luís Humberto.


IV RUTA CABALAR CONCELLO DE COLES

22/02/2017 - Novas do Concello

O próximo domingo 26 de marzo terá lugar a IV Ruta Cabalar Concello de Coles.

Os asistentes a este evento poderán gozar dunha amena ruta a cabalo polas fermosas paraxes do municipio.

A saída será dende o Polideportivo de Albán, ás 11 horas, con recepción de animais a partir das 10:00 horas.

A ruta terá un percorrido de 20 km aproximadamente.

Ás 13:30 horas será a comida no Polideportivo de Albán e ás 16:30 horas terán lugar as carreiras nas inmediacións do Polideportivo.

Ó remate das carreiras levarase a cabo o sorteo de diversos regalos e realizarase a entrega de premios.

O prazo de inscrición remata o mércores día 22.

O prezo será de 20 € por persoa (inclúe bocadillo quente, lacón asado, polbo, carne ó caldeiro, carne richada, bica, bebida e café - A cargo de "Taberna Male" A Peroxa -) 

Os nenos/as menores de 10 anos gratis.

Será necesario confirmar asistencia a través dos teléfonos 679 316 665 (Sergio) e 637 735 381 (Antonio).


TORNEO DE FÚTBOL POLA IGUALDADE - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

22/02/2017 - Novas do Concello

Dende o CIM da Mancomunidade de Santa Águeda estase a organizar un Torneo de Fútbol pola Igualdade, para conmemorar o Día Internacional da Muller, que se celebrará o próximo día 11 de marzo, ás 16:00 h, no Campo de Fútbol O Marco de A Peroxa (en caso de mal tempo no Polideportivo).

Poderán inscribirse para o Torneo, as persoas maiores de 16 anos orixinarias da Mancomunidade,sendo preciso facer a inscrición nas dependencias do CIM en A Pena s/n, 32101, Vilamarín, no correo electrónico cimsantagueda@gmail.com, ou ben no concello correspondente.

No caso de menores de 18 anos, será necesaria autorización.

A data límite para inscribirse será o 3 de marzo de 2017. O día do Torneo, celebrarase un partido institucional disputado por representantes das Corporacións Municipais, por traballadores/as dos Concellos, dos Centros de Saúde, dos Centros Educativos...

Posteriormente terá lugar o Torneo de Fútbol, no que se xogarán dous partidos eliminatorios cos equipos mixtos de cada Concello, xogando a Gran Final os vencedores de cada partido.


FESTA DE ENTROIDO

13/02/2017 - Novas do Concello

O sábado, 25 de febreiro, de 16:30 h a 19:30 h, ven a desfrutar o Entroido no Polideportivo de Albán.

Haberá concurso de disfraces: -Infantil, con trofeos para 1º, 2º e 3º premio e agasallos para os participantes.

-Comparsas (para todas as idades) con premios en metálico (1º premio: 150 €; 2º premio: 80 €; 3º premio 50 €)

E tamén inchables, touro mecánico, música con DJ e moita diversión.

O prezo da entrada será 1 euro.

Á venda o 19 de febreiro no Local Multiusos dos Viveiros de Emprego de Vilarchao de 17:00 h a 19:00 h.

Será preciso ir acompañado dun adulto.


AUDITORIO MES DE FEBREIRO

03/02/2017 - Novas do Concello

Ao longo do mes de febreiro vanse realizar as seguintes actuacións no Auditorio de Coles:

O domingo día 12 ás 18:30 horas, a coral "SOCIEDAD ALBOR” de OURENSE faranos desfrutar dunha tarde de concerto.

O sábado día 18 ás 18:30 horas, vaise ofrecer unha conferencia por parte de D. Ramón Villares Paz (Presidente do Consello da Cultura Galega), sobre “FOROS E FIDALGOS” (Historia do Pazo de Lagariños), que presentará D. Bieito Iglesias.

Ramón Villares Paz. É catedrático de História Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dende 1987 e Presidente do Consello da Cultura Galega dende 2006. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia no período 1986-1990, reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1990 e 1994 e membro fundador e presidente da Asociación española de Historia Contemporánea (1996-2002). Foi director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (1997-2005) e, dende 2006, é membro numerario da Real Academia Galega. Tamén pertence a varios patronatos de centros e fundacións (Museo do Pobo Galego, Fundación Juana de Vega, Fundación Luis Seoane ou Centro Galego de Arte Contemporánea, entre outros).

O domingo día 19 ás 18:30 vainos ofrecer un concerto a “CORAL DO LICEO”, cun variado repertorio.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal