Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

Convocatoria contratación laboral: auxilar de axuda no fogar

29/05/2017 - Novas do Concello

A presente convocatoria ten por obxecto a selección de dous/dúas traballadores/as para o desempeño do posto de "Auxiliar de axuda no fogar" mediante a formalización de contrato laboral temporal.

TIPO DE CONTRATO: OBRA OU SERVIZO.

DURACIÓN: ATA O 31/12/2017

XORNADA: COMPLETA (40 horas semanais de luns a domingo)

O prazo de presentación de solicitudes é de seis días hábiles a partires do día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense.

 

 

 

 

 


OBRADOIRO DE RISOTERAPIA

28/05/2017 - Novas do Concello

Os venres día 2, 9, 16, 23 e 30 de xuño, no Multiusos dos Viveiros de Emprego, levarase a cabo un Obradoiro de Risoterapia, dirixido a tódolos veciños que queiran participar.

As persoas que desexen anotarse neste obradoiro deberán inscribirse no teléfono do Concello: 988 20 51 34.

Anímate e participa!


ACTUACIÓN AUDITORIO - MARCOS PEREIRO

28/05/2017 - Novas do Concello

O domingo 4 de xuño ás 19:00 h, desfruta dunha tarde de humor coa actuación de MARCOS PEREIRO no Auditorio de Coles.


CARLOS BLANCO “OS MELLORES MONÓLOGOS” NO AUDITORIO DE COLES

12/05/2017 - Novas do Concello

domingo 21 de maio, ás 19 horas, no Auditorio de Coles, contaremos coa presenza de Carlos Banco que nos fará desfrutar coa súa actuación en "OS MELLORES MONÓLOGOS”.

Desta volta, Carlos Blanco decide revisar algúns dos seus máis coñecidos monólogos: "As bravas da Arousa (Queres Kiwis?)", "A dobraxe porno", "Galizara", "As grandes frases das nosas avoas e avós"... 60 minutos de risas garantidas, nos que introduce elementos de actualidade e improvisación. Carlos Blanco adapta, xoga e fai jazz coas palabras, o que resulta imprescindible nestes tempos onde a risa é algo máis ca terapéutica. 

Esta  actuación desenvólvese dentro da quinta edición de Cultura no Camiño, que o Concello de Coles  xunto ca  Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia,  programa esta iniciativa  en Coles, subvencionada nun 50 % cos fondos do Concello.

Para poder asistir  é necesario recoller a invitación nas dependencias do  Concello de Coles, ata completar aforamento do Auditorio. Prioridade de invitación a empadroados/as.


CONCERTO EMILIO RÚA

01/05/2017 - Novas do Concello

O domingo, día 7 de maio ás 19:00 h, no Auditorio do Concello de Coles, en Cambeo, teremos ocasión de escoitar o cantautor Emilio Rúa.

O cantautor ourensán presenta o seu sexto traballo no que mestura cancións inéditas, versións doutros discos e revisións de temas populares, ademais de contar coa colaboración das pandereteiras Xestreu, Carlos Branco, o músico vasco Kepa Junquera e o guitarrista Daniel Minimalia.

O disco, financiado vía crowdfunding, está composto por dez temas e dous bonus track, a través do cal o cantautor pretende transmitir optimismo a aquel que nalgunha ocasión estea a pasar por un momento de dificultade. Trátase, pois, dun repaso aos seus cinco discos editados durante 15 anos de carreira discográfica, dun percorrido musical a través das cancións xa publicadas e de temas populares da cultura galega reinterpretados dunha forma persoal e festiva, ademais de poemas de grandes e clásicos autores da poesía galega.

Emilio Rúa leva trinta anos no mundo da música. Comezou na orquestra familiar Concorde Atenea formada polo seu pai e os seus catro irmáns maiores, con sete anos de idade.

Foi no ano 2000 cando publica o seu primeiro traballo discográfico homónimo con temas inéditos (Edicións do Cumio 2000). Logo chegarían "Vida Miña" (Boamusic 2006) e "Interior" (Paimúsica 2009), ao que engadiría un libro-disco co escritor e poeta Xosé Carlos Caneiro (Galaxia 2010). Sen esquecer os dous premios nacionais de canción de autor de Ceutí e Elxe, cantando sempre en galego.

En 2012 edita o seu quinto traballo titulado "Destino Sur", producido por Emilio Rúa e Segundo Grandío no que o son camiña cara ao folk americano co que o autor ve unha ligazón coa música galega. Pero sempre co estilo persoal e característico que o representa en cada un dos seus traballos.

Esta actuación realízase dentro da Rede de Auditorios da Deputación de Ourense. A entrada é gratuíta.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal