Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO K2/C2

23/04/2017 - Novas do Concello

O sábado, día 29 de abril, teremos unha cita co piragüismo en Barra de Miño ás 10:00 horas, no Campionato Galego de Inverno  K2/C2.


AUDITORIO MES DE ABRIL

30/03/2017 - Novas do Concello

Ao longo do mes de abril vanse realizar as seguintes actuacións no Auditorio de Coles.

O domingo día 9 ás 18:30 horas, desfrutaremos dunha tarde de concerto a cargo de Piano, Alvaro Blanco Seoane e Clarinete José Manuel Mosquera

A Banda de Música de Coles "SANTÁDEGA" ofrécenos un concerto o domingo día 30 ás 18:30 horas.


INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES

30/03/2017 - Novas do Concello

 O próximo día 25 de maio, os ciclomotores de dúas rodas e máis de 3 anos de antigüidade poderán pasar a I.T.V. na estación móbil que se instalará nas inmediacións do Edificio de Protección Civil en Vilarchao.

Os horarios serán de 9:00 h a 13:30 h pola mañá e de 15:15 h a 18:00 h pola tarde.

A documentación que se deberá de levar para revisar os ciclomotores de dúas rodas é: o permiso de circulación, a tarxeta de inspección técnica ou certificado de características do vehículo e o seguro obrigatorio.

O teléfono de solicitude de cita previa é o 902 30 90 00 ou nas oficina do Concello.


PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

30/03/2017 - Novas do Concello

Coa chegada do verán é do máximo interese para tódolos veciños e veciñas de Coles que as leiras, montes e soares existentes no Concello se atopen nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada. Se ben este é un deber que teñen os propietarios de terreos durante todo o ano, nestas datas cobra unha especial relevancia polo risco de incendios.

A lexislación vixente é moi clara ó respecto; así de conformidade co disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, obrígase á limpeza das leiras antes do 30 de xuño nas seguintes condicións:

 

-XESTIÓN DA MALEZA NUNHA FRANXA DE 50 METROS AO REDOR:

  • do núcleo rural.
  • de edificacións de calquera tipo (vivendas, galpóns, …).    
  • de infraestruturas de uso público e áreas recreativas.

-XESTIÓN DA MALEZA QUE SE ATOPE A MENOS DE 2 METROS DO BORDE DAS VÍAS E CAMIÑOS.

 

-CERTAS ÁRBORES REGULADAS NA DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA (PIÑEIROS, EUCALIPTOS ACACIAS…), NON PODEN ATOPARSE A:

  • menos de 30 metros das edificacións. 
  • menos de 2 metros do borde das vías e camiños.

O incumprimento dará lugar á imposición de sancións por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar.

 

BANZO TENZA DE CANS

30/03/2017 - Novas do Concello

Co fin de regular algúns aspectos relativos á tenza de cans no Concello de Coles, e tendo en conta a Lei 1/1993, de 13 de abril, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade (C.A. DE GALICIA), o decreto 153/1998 de 2 de abril (C.A. DE GALICIA), a Lei 50/1999 , de 23 de decembro (ESTATAL), o Real decreto 287/2002, de 22 de marzo (Estatal)e o decreto 90/2002 de 28 de febreiro e o decreto 94/2008 do 30 de abril, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea o rexistro galego de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores caninos (C.A. DE GALICIA), recórdase a todos os propietarios ou posuidores de cans, a obrigatoriedade do cumprimento da normativa e expresamente:

- A obriga de tratalos humanamente e mantelos en boas condicións hixiénico-sanitarias, de acordo coas características da especie. 

- A tenza de un can de raza Potencialmente Perigosa requirirá a obtención previa dunha licencia administrativa outorgada polo Concello, nos termos previstos no artigo 3 da lei 50/1999 do 23 de decembro, outorgada polo Concello, de forma gratuíta, e dun seguro de responsabilidade civil. 

- A identificación dos animais da especie canina, coa debida garantía, é obrigatoria sen excepcións. Os propietarios criadores ou posuidores de animais terán a obriga de identificar os animais cun microchip nos tres primeiros meses de vida ou nun mes dende a súa adquisición. 

- Adoptar as medidas necesarias para que o animal non poida acceder libremente ás vías e espazos públicos ou privados, así como impedir o seu libre acceso a persoas, animais ou cousas que se achen neles.

 -Os posuidores de animais que se atopen en liberdade en leiras ou recintos deberán dispoñer os medios adecuados para evitar que poidan ocasionar danos ou molestias aos viandantes. Así mesmo procurarán que a circulación e transporte dos seus animais pola vía pública lévese a cabo coas adecuadas medidas de protección,   tales como a correspondente correa ou cadea non superior a dous metros e bozal, sen que en ningún caso poidan estar soltos nas zonas indicadas.

- A adoptar as medidas necesarias para impedir que ensucien as vías e espazos públicos de zonas urbanas, debendo recoller os excrementos que os animais depositen nas beirarrúas, vías e espazos públicos  

Do cumprimento do sinalado anteriormente, o posuidor dun animal, sen prexuízo da responsabilidade civil subsidiaria do propietario, será responsable dos danos, prexuízos e molestias que ocasione ás persoas, animais, cousas, espazos públicos ou ao medio natural en xeral, de acordo co establecido no artigo 1905 do Código Civil .

 
 
 

No caso de cans soltos abandoados, rogamos informen directamente ao Concello no 988 205 134.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal