Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

IV RUTA CABALAR CONCELLO DE COLES

22/02/2017 - Novas do Concello

O próximo domingo 26 de marzo terá lugar a IV Ruta Cabalar Concello de Coles.

Os asistentes a este evento poderán gozar dunha amena ruta a cabalo polas fermosas paraxes do municipio.

A saída será dende o Polideportivo de Albán, ás 11 horas, con recepción de animais a partir das 10:00 horas.

A ruta terá un percorrido de 20 km aproximadamente.

Ás 13:30 horas será a comida no Polideportivo de Albán e ás 16:30 horas terán lugar as carreiras nas inmediacións do Polideportivo.

Ó remate das carreiras levarase a cabo o sorteo de diversos regalos e realizarase a entrega de premios.

O prazo de inscrición remata o mércores día 22.

O prezo será de 20 € por persoa (inclúe bocadillo quente, lacón asado, polbo, carne ó caldeiro, carne richada, bica, bebida e café - A cargo de "Taberna Male" A Peroxa -) 

Os nenos/as menores de 10 anos gratis.

Será necesario confirmar asistencia a través dos teléfonos 679 316 665 (Sergio) e 637 735 381 (Antonio).


TORNEO DE FÚTBOL POLA IGUALDADE - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

22/02/2017 - Novas do Concello

Dende o CIM da Mancomunidade de Santa Águeda estase a organizar un Torneo de Fútbol pola Igualdade, para conmemorar o Día Internacional da Muller, que se celebrará o próximo día 11 de marzo, ás 16:00 h, no Campo de Fútbol O Marco de A Peroxa (en caso de mal tempo no Polideportivo).

Poderán inscribirse para o Torneo, as persoas maiores de 16 anos orixinarias da Mancomunidade,sendo preciso facer a inscrición nas dependencias do CIM en A Pena s/n, 32101, Vilamarín, no correo electrónico cimsantagueda@gmail.com, ou ben no concello correspondente.

No caso de menores de 18 anos, será necesaria autorización.

A data límite para inscribirse será o 3 de marzo de 2017. O día do Torneo, celebrarase un partido institucional disputado por representantes das Corporacións Municipais, por traballadores/as dos Concellos, dos Centros de Saúde, dos Centros Educativos...

Posteriormente terá lugar o Torneo de Fútbol, no que se xogarán dous partidos eliminatorios cos equipos mixtos de cada Concello, xogando a Gran Final os vencedores de cada partido.


FESTA DE ENTROIDO

13/02/2017 - Novas do Concello

O sábado, 25 de febreiro, de 16:30 h a 19:30 h, ven a desfrutar o Entroido no Polideportivo de Albán.

Haberá concurso de disfraces: -Infantil, con trofeos para 1º, 2º e 3º premio e agasallos para os participantes.

-Comparsas (para todas as idades) con premios en metálico (1º premio: 150 €; 2º premio: 80 €; 3º premio 50 €)

E tamén inchables, touro mecánico, música con DJ e moita diversión.

O prezo da entrada será 1 euro.

Á venda o 19 de febreiro no Local Multiusos dos Viveiros de Emprego de Vilarchao de 17:00 h a 19:00 h.

Será preciso ir acompañado dun adulto.


AUDITORIO MES DE FEBREIRO

03/02/2017 - Novas do Concello

Ao longo do mes de febreiro vanse realizar as seguintes actuacións no Auditorio de Coles:

O domingo día 12 ás 18:30 horas, a coral "SOCIEDAD ALBOR” de OURENSE faranos desfrutar dunha tarde de concerto.

O sábado día 18 ás 18:30 horas, vaise ofrecer unha conferencia por parte de D. Ramón Villares Paz (Presidente do Consello da Cultura Galega), sobre “FOROS E FIDALGOS” (Historia do Pazo de Lagariños), que presentará D. Bieito Iglesias.

Ramón Villares Paz. É catedrático de História Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dende 1987 e Presidente do Consello da Cultura Galega dende 2006. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia no período 1986-1990, reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1990 e 1994 e membro fundador e presidente da Asociación española de Historia Contemporánea (1996-2002). Foi director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (1997-2005) e, dende 2006, é membro numerario da Real Academia Galega. Tamén pertence a varios patronatos de centros e fundacións (Museo do Pobo Galego, Fundación Juana de Vega, Fundación Luis Seoane ou Centro Galego de Arte Contemporánea, entre outros).

O domingo día 19 ás 18:30 vainos ofrecer un concerto a “CORAL DO LICEO”, cun variado repertorio.


TALLERES DE MEMORIA

26/01/2017 - Novas do Concello

A semana do 6 de febreiro de 2017, comezará o oitavo curso do taller de memoria do Concello de Coles, unha iniciativa destinada todos os veciños/as.

Os talleres organízanse en oito grupos nas distintas parroquias, co fin de achegar a actividade a todos os locais sociais e que poidan participar o maior número de veciños/as. O taller non é só un taller para exercitar a memoria, é un lugar de reencontro, de diversión e de aprendizaxe.

O tempo de duración dos talleres vai ser ata xuño.

Os obxectivos centrais destes talleres son mellorar a calidade de vida, ofrecer un espazo de interacción cos demais e de expresión propia, afondar na idea do auto-coidado e a motivación para levalo a cabo, adestrar en estratexias técnicas de memoria, así como estimular outros procesos cognitivos básicos como a percepción, atención, linguaxe, orientación espazo-temporal e a capacidade lóxica

Aquelas persoas que estén interesadas en apuntarse no programa non é necesario facer unha inscrición previa, e poden facelo no propio local da actividade.

Unha máis das actividades gratuítas das que dispoñemos os veciños e veciñas do Concello de Coles.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal