Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25 DE NOVEMBRO

05/11/2016 - Novas do Concello

Co motivo do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25 DE NOVEMBRO, o Centro de Información da Muller da Mancomunidade Santa Águeda organiza unha serie de actividades nos distintos Concellos que formamos parte da Mancomunidade e que se detallan a continuación.

1. DESCRICIÓN DE ACTIVIDADES

Actividades a desenvolver nos colexios na semana do 21 ao 25 de Novembro:

• Obradoiro de coeducación e prevención da violencia de xénero no terceiro ciclo de E.Primaria (un grupo en CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro, un no CEIP Roberto Blanco Torres de A Peroxa e dous en CPI Antonio Faílde de Coles)

• Obradoiro de coeducación e prevención da violencia de xénero no primeiro ciclo de E.Secundaria (dous grupos en CPR Malvedo e catro grupos no CPI Antonio Faílde en Coles)

Actividades a desenvolver nos grupos de Memoria ou de actividades deportivas das distintas parroquias dos Concellos da Mancomunidade:

• Realización de carteis con mensaxes.

• Redacción de documento de reflexión.

• Vídeos con cancións.

• Busca de poemas.

• Preparación de canción Obradoiro “Muller, violencia e micromachismo”, a desenvolver nos catro Concellos na semana do 14 ao 19 de Novembro.

O Obradoiro no Concello de Coles será o luns día 14 de novembro ás 18:00 h. no salón de Plenos do Concello.

O día 25 de novembro na Casa de Cultura de Amoeiro ás 18:00 h. teremos o acto central e encontro.


Ordenanzas fiscais. Proceso de consulta.

24/10/2016 - Novas do ConcelloA fin de darlle cumprimento ao sinalado no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sométese a consulta previa antes da súa aprobación, ata as 24 horas do día 3/11/2016, os textos das ordenanzas fiscais, obxecto de nova imposición e modificación das existentes.

O Concello de Coles emprega o Plan Marco para mellorar da capa de rodadura

24/10/2016 - Novas do Concello

Recentemente, acábanse de concluír os traballos de mellora de viarios municipais incluídos no denominado Plan Marco. En concreto, "MELLORA DA CAPA DE RODADURA EN CAMIÑOS DE ACCESO A EXPLOTACIÓNS AGRARIAS ENTRE OS NUCLEO DE BELESAR E LEVICES".

Permitiuse o acceso a propiedades ata entón inaccesibles e camiños intransitables.

O importe total da obra e de 60.192,66 €, O concello de Coles financia o 21% destas obras, mentres que o 79% restante procede do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER, que aporta o 75% desta parte), o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MARM, que aporta o 7,5% de dita parte) e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER, de quen procede o 17,5% restante da antedita proporción).


FESTA INFANTIL SAMAÍN

16/10/2016 - Novas do Concello

O domingo, 30 de outubro, de 17:00 h a 19:00 h, ven a desfrutar no pavillón de Coles da Festa Infantil do Samaín.

prezo das entradas será de 1 euro, con dereito a unha consumición.

venda das entradas farase o día 24 de outubro na Biblioteca do Concello, en horario de 17:00 h a 19:00 h.

Ven disfrazado, sexas neno ou adulto.

Haberá inchables para os nenos e moita diversión.

E recorda que tódolos nenos e nenas deberán vir acompañados dunha persoa adulta.


IV ENCONTRO DE BANDAS DE MÚSICA MEMORIAL D. JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ MONTES.

09/10/2016 - Novas do Concello

O próximo domingo día 16 de outubro, no Auditorio de Coles dará comezo o IV ENCONTRO DE BANDAS DE MÚSICA MEMORIAL D. JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ MONTES.

Os concertos serán os días 16 e 23 de outubro ás 18:00 h.

Nesta edición contaremos coa presenza das seguintes bandas:

- BANDA DE MÚSICA POPULAR DE RUBIÓS, AS NEVES-PONTEVEDRA, o domingo día 16

-BANDA INFANTIL DA ESCOLA DE MÚSICA DE COLES BANDA DE MÚSICA SANTÁDEGA COLES,  o domingo día 23.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal