Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES

01/05/2016 - Novas do Concello

O próximo día 6 de xuño, os ciclomotores de dúas rodas e máis de 3 anos de antigüidade poderán pasar a I.T.V. na estación móbil que se instalará nas inmediacións do Edificio de Protección Civil en Vilarchao.

Os horarios serán de 9:00 h a 13:30 h pola mañá e de 15:15 h a 18:00 h pola tarde.

A documentación que se deberá de levar para revisar os ciclomotores de dúas rodas é: o permiso de circulación, a tarxeta de inspección técnica ou certificado de características do vehículo e o seguro obrigatorio.

O teléfono de solicitude de cita previa é 902 30 90 00 ou ben nas oficinas do Concello.


PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

26/04/2016 - Novas do Concello

Coa chegada do verán é do máximo interese para tódolos veciños e veciñas de Coles que as leiras, montes e soares existentes no Concello se atopen nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada. Se ben este é un deber que teñen os propietarios de terreos durante todo o ano, nestas datas cobra unha especial relevancia polo risco de incendios.

A lexislación vixente é moi clara ó respecto; así de conformidade co disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, obrígase á limpeza das leiras antes do 30 de xuño nas seguintes condicións:

 

-XESTIÓN DA MALEZA NUNHA FRANXA DE 50 METROS AO REDOR:

  • do núcleo rural.
  • de edificacións de calquera tipo (vivendas, galpóns, …).    
  • de infraestruturas de uso público e áreas recreativas.

-XESTIÓN DA MALEZA QUE SE ATOPE A MENOS DE 2 METROS DO BORDE DAS VÍAS E CAMIÑOS.

 

-CERTAS ÁRBORES REGULADAS NA DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA (PIÑEIROS, EUCALIPTOS ACACIAS…), NON PODEN ATOPARSE A:

  • menos de 30 metros das edificacións. 
  • menos de 2 metros do borde das vías e camiños.

O incumprimento dará lugar á imposición de sancións por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar.

 

CONCERTO DA CORAL "SOCIEDAD ALBOR" NO AUDITORIO DE COLES

19/04/2016 - Novas do Concello

O domingo día 24, no Auditorio de Coles, ás 18:30 horas, poderemos desfrutar dunha tarde de concerto coa coral "SOCIEDAD ALBOR", de Ourense.

O acto enmárcase na programación cultural continuada que organiza o Concello de Coles.

A entrada ó concerto é libre.


CONCERTO DE ACORDEÓNS DA ESCOLA MUSICAL "BIEITO BLANCO" NO AUDITORIO DE COLES

12/04/2016 - Novas do Concello

O domingo día 17, no Auditorio de Coles, ás 18:30 h, poderemos desfrutar co concerto do GRUPO DE ACORDEÓNS DA ESCOLA MUSICAL "BIETO BLANCO" de Ourense. 

Este grupo de acordeonistas vén actuando xunto dende hai varios anos, e forman xa unha pequena orquestra. 

Na actuación contarán tamén coa participación do tenor Baldomero Pavón.

Este acto enmárcase na programación cultural continuada que organiza o Concello de Coles

A entrada ó concerto será libre.


CONCERTO DE CORAIS NO AUDITORIO DE COLES

11/04/2016 - Novas do Concello

O domingo día 10, no Auditorio de Coles, as 18:30, celebrase un concerto no que participaran as corais infantís: "NENOS CANTORES DA CAPELA MADRIGALISTA" e "CORO DE VOCES BLANCAS DO OUO" e a coral “GAUDEAMUS", todas elas de Ourense.

O acto se enmarca na programación cultural continuada que organiza o Concello de Coles. A entrada o concerto e libre.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal