Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

BIEITO IGLESIAS PRESENTA O OURO DE OURENSE

28/03/2016 - Novas do Concello

O domingo día 3 de abril as 18:00 h. no Auditorio de Coles, AFONSO VÁZQUEZ-MONXARDÍN presenta a obra "O Ouro de Ourense", unha publicación do historiador e escritor de Coles, BIEITO IGLESIAS con fotografías de Xulio Gil que fai un percorrido, a través dunha visión persoal do autor, pola historia, a literatura e as imaxes da capital ourensá.

En O Ouro de Ourense, Bieito Iglesias fai unha aproximación á cidade de Ourense que ensarilla a historia, a literatura, a anécdota, a arquitectura e a arte, dende o punto de vista persoal, onde o coñecemento das sucesivas transformacións da cidade axudan ao lector a un percorrido engaiolante, con ritmo e humor, e con datos e un coñecemento exhaustivo da capital ourensá e de moitas das personaxes e figuras que foron construíndo a súa rexa personalidade.

Esta obra de Engaiolarte Edicións mestura literatura e fotografía da man do fotógrafo ourensá Xulio Gil, que conta cunha traxectoria artística moi importante e que foi premio da Crítica de Artes Visuais e Plásticas 2013.

Bieito Iglesias, e un dos escritores galegos contemporáneos máis relevantes, con este libro consolida unha idea, debatida en moitas ocasións, sobre a singularidade da cidade literaria de Blanco Amor, Vicente Risco, Carlos Casares ou Otero Pedraio, entre outras moitas figuras que nuclearon a acción da súa obra literaria na vella capital das Burgas.


CHARLA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS PARA A MELLORA DA VIVENDA NAS PARROQUIAS DE CAMBEO E GUSTEI

19/03/2016 - Novas do Concello

O vindeiro martes 22 de marzo, ás 17:00 da tarde , terá lugar no Auditorio de Coles (Cambeo) unha Charla Informativa sobre axudas para a mellora das vivendas sitas nas parroquias de Cambeo e Gustei.

Ditas axudas débense á pertenza das parroquias mencionadas ó Camiño de Santiago, concretamente á Ruta da Prata, sendo esta unha das localizacións subvencionadas no seo das establecidas para a Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago.

A normativa existente a este respecto aparece recollida na Orde de 22 de decembro de 2015 (DOG nº 246 de 28/12/15), que será explicada por unha arquitecta á veciñanza de ambas parroquias con interese en mellorar o estado das súas vivendas.

Neste senso, debe subliñarse que as axudas benefician a todas as vivendas de tales parroquias e non só ás que se atopan á beira da Vía da Prata. A contía máxima das axudas non poderá exceder do 35% dos custes desagregados das actuacións de rehabilitación subvencionables, e terá un máximo de 11.000 euros.

Para informarse máis polo miúdo das actuacións subvencionables, así como para solucionar calquera dúbida respecto a esta materia, resulta do máximo interese acudir á citada charla informativa.

Na seguinte ligazón pódese anticipar máis información sobre o asunto obxecto desta nova: http://igvs.es/web/actuamos/858

 

ACTUACION DA ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA LEMAVOS

14/03/2016 - Novas do Concello

O próximo domingo día 20 de Marzo, as 18:30 no Auditorio de Coles, actuará a ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA LEMAVOS, de Monforte de Lemos.

Esta agrupación foi fundada en Outubro de 1982, para a creación de una Escola de Danza Galega, e asimesmo impatir ensino de instrumentos tradicionais do folclore galego como: gaita, tambor, bombo, pandeireta e cunchas alumnos e alumnas.

No mes de Xuño de 1983 celebrase o primeiro festival coa participación dos 40 alumnos que remataron o curso.

A traveso do tempo comezan as actuacións fora de Monforte, visitando en Galicia: Lugo, Pontevedra, Ourense, Santiago, Ferrol e as vilas de Melide, Guitiriz, Ribeira, Cervo, Quiroga, Visantoña, Sarria, Burela, Valadouro, Silleda e Portomarín. Tamén actúan fora de Galicia visitando: Bembibre, Toreno, Sta. Maria del Páramo, Torrelavega, Ribadesellla, Miranda de Ebro, Almansa, Campo de Criptana, Fuengirola, Mairena del Aljarafe, Avilés, Zamora, León, Valladolid, Ciudad Real, Santander e Murcia. No veciño Portugal actúan en: Ponte de Lima, Braga, Peso da Régua, Chaves, San Paio de Oleiros, Lanheses, Viana do Castelo, Portuzelo, Leiria, Gaia, Porto e Guimaraes.

Son numerosas as actuacións en Festivais Internacionais de Folclore nas que participou esta agrupación, tales como: Rennes, Brioude e Montiure en Francia, Bayreuth, Frankenberg e Munich en Alemania, Turín e Milán en Italia, Martigny en Suiza, Amberes en Bélxica e Horsens en Dinamarca.

Así mesmo esta agrupación organiza cada ano o Festival Internacional de Danza Folclórica dos Pobos Ibéricos con grupos de Portugal e diversas comunidades autónomas de España.

Para este curso 2015/2016 a agrupación conta con un total de 33 compoñentes entre bailadoras, bailadores, gaiteiros e percusionistas.


III RUTA CABALAR CONCELLO DE COLES

12/03/2016 - Novas do Concello

O próximo domingo 20 de Marzo terá lugar a III Ruta Cabalar Concello de Coles.

Os asistentes a este evento poderán gozar a partir das 10.00 horas, que será a recepción dos animais,  dunha amena ruta a cabalo polas belas paraxes do municipio, cuxa saída será dende ao Polideportivo de Albán á 11 horas.

A ruta terá un percorrido de 20 km aprox. é 13:30 horas será a comida no Polideportivo de Alban.

Ás 16:30 terán lugar as carreiras nas inmediacións do Polideportivo. Tamén se levará a cabo o sorteo de diversos regalos e realizaranse a entrega de premios.

O prazo de inscrición remata do xoves día 17.

O prezo de será de 20 € por persoa e será necesario confirmar asistencia a través dos teléfonos 679 316 665 (Sergio) e 637 735 381 (Antonio).


8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

10/03/2016 - Novas do Concello

O 8 DE MARZO E O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. As orixes do Día Internacional da Muller están ligados ós partidos socialistas de Estados Unidos e Europa, en particular ó protagonismo das mulleres do Partido Socialista Norteamericano que, dende 1908, instauraron unhas xornadas de reflexión e acción denominadas Womans Day. A primeira tivo lugar o 3 de maio de 1908, no teatro Garrick de Chicago, co obxectivo central de facer campaña polo sufraxio e contra a escravitude sexual.

A II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, que tivo lugar en Copenhague no ano 1910, é a orixe da conmemoración actual do Día Internacional da Muller e, por extensión, da muller Traballadora que se celebrou por primeira vez en Alemania, Austria, Dinamarca e Suíza o 19 de marzo de 1911.

En España, a primeira celebración tivo lugar en 1936, e a Organización das Nacións Unidas (ONU) institucionalizou o día 8 de marzo como data de celebración a partires de 1975. Este ano, o lema ou consigna da ONU é: “Por un planeta 50-50 en 2030: demos o paso para a igualdade de xénero.”

Co galo da celebración do día 8 de Marzo día Internacional da Muller, no concello de Coles organízanse varios actos.

O primeiro destes actos será o día 8 de marzo, no cal o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade Santa Águeda organiza e súmase así a esta simbólica data recoñecendo a traxectoria vital das mulleres que loitan a cotío na nosa comunidade de concellos, e sinalando por vez primeira, con afán de continuidade, a unha delas en cada un dos municipios como emblema de loita e traballo.

Dende o Grupo de Goberno do Concello de Coles proponse como homenaxeadas a Amparo e Marité Vazquez Ramos, de Equal Sociedad Cooperativa Galega, como mulleres emprendedoras, as cales crearon a primeira cooperativa de Coles, apostando polo rural. O Centro inagúrase en maio de 2002, unha cooperativa de traballo asociado formada por Amparo e Marité Vazquez Ramos, que decidirán abandoar as súas profesións como docentes na ensinanza formal, para iniciar unha nova andadura no campo da ensinanza na Educación Ambiental.

O acto terá lugar no Auditorio de Coles a partires das 19:00 h.

No mencionado acto presentarase un vídeo referido ás homenaxeadas dos distintos concellos da Mancomunidade, e farase entrega dun obsequio na súa honra.

A lectura dun manifesto, e a entrega de premios ó alumnado que presentou os seus debuxos ó Primeiro Concurso denominado “A Igualdade da Muller e do Home no Traballo”

E o próximo día 13 de Marzo, ás 18:30 horas, tamén no Auditorio de Coles, remataremos a conmemoración do Día da Muller coa actuación das CANTAREIRAS "CHARAMUSGA" da Escola Municipal de Música de Coles. O Grupo está íntegramente formado por veciñas do Concello de Coles: Silvia Cid, Mª Jesús Gregorio, Mª del Carmen Montes, Isaura Núñez, Purificación Pavón, Elena Pérez, Ana Sotelo e Norma Vázquez, acompañadas pola súa profesora Patricia López. Nesta actuación teremos unhas cantas sorpresas máis.

 
 

 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal