Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

26/04/2016 - Novas do Concello

Coa chegada do verán é do máximo interese para tódolos veciños e veciñas de Coles que as leiras, montes e soares existentes no Concello se atopen nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada. Se ben este é un deber que teñen os propietarios de terreos durante todo o ano, nestas datas cobra unha especial relevancia polo risco de incendios.

A lexislación vixente é moi clara ó respecto; así de conformidade co disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, obrígase á limpeza das leiras antes do 30 de xuño nas seguintes condicións:

 

-XESTIÓN DA MALEZA NUNHA FRANXA DE 50 METROS AO REDOR:

  • do núcleo rural.
  • de edificacións de calquera tipo (vivendas, galpóns, …).    
  • de infraestruturas de uso público e áreas recreativas.

-XESTIÓN DA MALEZA QUE SE ATOPE A MENOS DE 2 METROS DO BORDE DAS VÍAS E CAMIÑOS.

 

-CERTAS ÁRBORES REGULADAS NA DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA (PIÑEIROS, EUCALIPTOS ACACIAS…), NON PODEN ATOPARSE A:

  • menos de 30 metros das edificacións. 
  • menos de 2 metros do borde das vías e camiños.

O incumprimento dará lugar á imposición de sancións por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar.

 

CONCERTO DA CORAL "SOCIEDAD ALBOR" NO AUDITORIO DE COLES

19/04/2016 - Novas do Concello

O domingo día 24, no Auditorio de Coles, ás 18:30 horas, poderemos desfrutar dunha tarde de concerto coa coral "SOCIEDAD ALBOR", de Ourense.

O acto enmárcase na programación cultural continuada que organiza o Concello de Coles.

A entrada ó concerto é libre.


CONCERTO DE ACORDEÓNS DA ESCOLA MUSICAL "BIEITO BLANCO" NO AUDITORIO DE COLES

12/04/2016 - Novas do Concello

O domingo día 17, no Auditorio de Coles, ás 18:30 h, poderemos desfrutar co concerto do GRUPO DE ACORDEÓNS DA ESCOLA MUSICAL "BIETO BLANCO" de Ourense. 

Este grupo de acordeonistas vén actuando xunto dende hai varios anos, e forman xa unha pequena orquestra. 

Na actuación contarán tamén coa participación do tenor Baldomero Pavón.

Este acto enmárcase na programación cultural continuada que organiza o Concello de Coles

A entrada ó concerto será libre.


CONCERTO DE CORAIS NO AUDITORIO DE COLES

11/04/2016 - Novas do Concello

O domingo día 10, no Auditorio de Coles, as 18:30, celebrase un concerto no que participaran as corais infantís: "NENOS CANTORES DA CAPELA MADRIGALISTA" e "CORO DE VOCES BLANCAS DO OUO" e a coral “GAUDEAMUS", todas elas de Ourense.

O acto se enmarca na programación cultural continuada que organiza o Concello de Coles. A entrada o concerto e libre.


BIEITO IGLESIAS PRESENTA O OURO DE OURENSE

28/03/2016 - Novas do Concello

O domingo día 3 de abril as 18:00 h. no Auditorio de Coles, AFONSO VÁZQUEZ-MONXARDÍN presenta a obra "O Ouro de Ourense", unha publicación do historiador e escritor de Coles, BIEITO IGLESIAS con fotografías de Xulio Gil que fai un percorrido, a través dunha visión persoal do autor, pola historia, a literatura e as imaxes da capital ourensá.

En O Ouro de Ourense, Bieito Iglesias fai unha aproximación á cidade de Ourense que ensarilla a historia, a literatura, a anécdota, a arquitectura e a arte, dende o punto de vista persoal, onde o coñecemento das sucesivas transformacións da cidade axudan ao lector a un percorrido engaiolante, con ritmo e humor, e con datos e un coñecemento exhaustivo da capital ourensá e de moitas das personaxes e figuras que foron construíndo a súa rexa personalidade.

Esta obra de Engaiolarte Edicións mestura literatura e fotografía da man do fotógrafo ourensá Xulio Gil, que conta cunha traxectoria artística moi importante e que foi premio da Crítica de Artes Visuais e Plásticas 2013.

Bieito Iglesias, e un dos escritores galegos contemporáneos máis relevantes, con este libro consolida unha idea, debatida en moitas ocasións, sobre a singularidade da cidade literaria de Blanco Amor, Vicente Risco, Carlos Casares ou Otero Pedraio, entre outras moitas figuras que nuclearon a acción da súa obra literaria na vella capital das Burgas.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal