Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

LUDOTECA DE NADAL

02/12/2015 - Novas do Concello

Con motivo das vacacións de Nadal o Concello de Coles organiza unha ludoteca para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

A inscrición farase na Casa do Concello antes do día 18 de decembro.

As datas nas que terá lugar a ludoteca serán do 21, 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro de 2015 e o 4 e 5 de xaneiro de 2016 en horario de 10.00 a 13.00h.

Entre as actividades que se levan a cabo están talleres de creatividade artística ( barro, collage...) xogos populares sesións de contacontos e animación á lectura, xogos dirixidos e libres, e moito mais. Sen que se nos esquece celebrar fin de ano e reis.

O custo total será de 25 euros, e so poderán participar nenos e nenas empadroados/as


VIII ANDAINA DE COLES

25/10/2015 - Novas do Concello

A VIII ANDAINA DE COLES terá lugar el próximo domingo 8 de novembro de 2015.

O punto de partida estará situado no campo dá Feira de Cambeo.

Vaise realizar sobre unha distancia aproximada de 22 quilómetros, sendo circular, con punto central no campo dá Feira de Cambeo, podendo realizar un percorrido máis curto de 10 quilómetros.

A hora de saída será as 9:30 horas. Entregándose os dorsais 30 minutos antes.

A cota de inscrición será de 5 euros que se fará efectiva o mesmo día da andaina, previa inscrición no concello de Coles. Dos cales 2 € serán para gastos de organización e 3€ para Cruz Vermella, co Progama solidario “Ateción a Solicitantes de Asilo e Refuxiados da Cruz Vermella para responder ás necesidades humanitarias dos refuxiados e solicitantes de asilo que foxen de conflitos que asolan seus países de orixe buscando un ambiente seguro que lles permita vivir en paz “ .

O longo dos percorridos haberá varios puntos de avituallamento e o finalizar a proba bocadillos, froita e bebida.

Sendo a data de incripción ata o día 5 de novembro


FESTA INFANTIL DE SAMAÍN

15/10/2015 - Novas do Concello

O domingo, día 1 de novembro, desfruta no pavillón de Coles coa Festa Infantil de Samaín, de 18:00 a 21:00 h.

Haberá inchables para os nenos. 

Inscríbete este domingo, 18 de outubro, na Biblioteca do concello de 16:00 a 19:00 h. 

O prezo será de 1 euro por neno ou adulto con dereito a unha consumición.

Tódolos nenos deberán vir acompañados dun adulto.

E non esquezades vir disfrazados!

 


III ENCONTRO DE BÁNDAS DE MÚSICA MEMORIAL D. JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ MONTES.

22/09/2015 - Novas do Concello

O próximo domingo día 4 de outubro no Auditorio de Coles dará comezo o III Encontro de Bándas de Música MEMORIAL D. JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ MONTES.

Os concertos terán os días 4, 11, e 18 ás 18:00 h.

Nesta edición contaremos coa presenza das seguintes bandas:

- BANDA DE MÚSICA CULTURAL DE TEO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) DOMINGO DÍA 4.

- BANDA DE MÚSICA UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO (MEAÑO – PONTEVEDRA) DOMINGO DÍA 1

- BANDA DE MÚSICA RECREATIVA E CULTURAL DE BANDEIRA (BANDEIRA –– PONTEVEDRA) DOMINGO DÍA 18


AUDITORIO - MAXIA

19/09/2015 - Novas do Concello

O domingo, día 27 de setembro, ás 19:30 horas no Auditorio, desfruta dunha tarde de maxia co espectáculo "Spiral" que nos achega o Mago Gusi.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal