Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

CAMPAMENTO DE VERAN PARA OS NENOS E NENAS DO CONCELLO DE COLES

08/06/2015 - Novas do Concello

O Concello de Coles, colabora xunto con EQUAL, Soc.Coop.Gal, e ALECRIN Centro Lúdico Educativo, a conciliación da vida familiar e laboral en períodos non lectivos, dentro de espazos formativos para a aprendizaxe e entre outros obxectivos, fomentando a creatividade por un lado e ensinar valores como a tolerancia, a solidariedade e a responsabilidade.

O Centro Lúdico Educativo "ALECRIN" levará a cabo dous Campamentos: Campamento I: entre os días 22 de xuño e 10 de xullo, e Campamento II, entre os días 13 de xullo o 31 de xullo, con horario de 10:00 a 13:00 horas, no que se mesturan actividades tales como xogos populares, contacontos e manualidades, xunto campionatos de xadres, gimcanas de auga.... .

O custe de cada campamento es de 110 euros.

Os campamentos están dirixidas a nenos/nenas con idades de entre 3 y 12 años.

Por outra banda, EQUAL, Soc.Coop.Gal, realizará actividades entre os días 20 e 24 de xullo, en horario de 09:00 a 18:30 horas. Neste campamento inclúense iniciación a hípica, obradoiros de cociña, obradoiros de reciclaxe, piscina ..... (horarios de actividades adxunto como información adicional)

O campamento está dirixidos a nenos/nenas con idades de entre 8 y 13 anos.

O custe do campamento e de 135 euros, incluíndo manutención (tentempé e comida).

En ambolos dous as prazas son limitadas.

O Concello de Coles participará tanto o Campamento Urbano proposto por ALECRIN, Centro Lúcido Educativo, como no campamento programado por EQUAL, Soc.Coop.Gal e para elo subvencionará a cada neno/nena empadroado no concello, que participe nos campamentos con 60 euros (soamente se subvencionará un campamento por neno/nena). Non obstante, tamén é posible a gratuidade das actividades no caso familias con problemas económicos, previa presentación de documentación solicitada polo concello.

 

MONÓLOGO: José Manuel Rodríguez "ISI"

28/05/2015 - Novas do Concello

O domingo, 31 de maio, ás 19:30 horas, no Auditorio de Coles, teremos unha divertida tarde de humor na compaña de José Manuel Rodríguez "ISI", que nos presentará o "Curioso caso dunha familia con tres nais e un feixe de peculiares veciños"


ACTUACIÓN DO CANTAUTOR EMILIO RUA

04/05/2015 - Novas do Concello

O domingo día 10 de maio as 19:30 h no auditorio do concello de Coles, en Cambeo,  teremos ocasión de escoitar o cantautor Emilio Rúa.

Na actuación deste domingo Emilio Rúa, cos seus trinta anos no mundo da música, trae o seu recente quinto disco “Destino Sur”. O son do sur de Estados Unidos entrelazase coa música tradicional do sur de Galicia para ofrecer unha delicada mestura que equilibra a modernidade coa tradición mais cantautor ourensá, posto que estará arroupado por A Banda, os seus músicos dende xa fai tempo, que tecen con mestría cada unha das composicións e que fan que o espectador sexa testemuña dun espectáculo cargado de melodías e tenrura, de delicadeza e de enerxía que medra son a son e canción a canción ata crear un directo único e irrepetible.


PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

04/05/2015 - Novas do Concello

Coa chegada do verán é do máximo interese para tódolos veciños e veciñas de Coles que as fincas, montes e solares existentes no Concello se atopen nun adecuado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada. Se ben este é un deber que teñen os propietarios de terreos durante todo o ano, nestas datas cobra unha especial relevancia perante o risco de incendios.

A lexislación vixente é moi clara ó respecto; así de conformidade co disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, obriga a:

- Limpeza da maleza, antes do 30 de xuño de cada ano, que se atope a menos de 50 metros de calquera tipo de edificación (50 metros no caso de certas árbores).

O incumprimento dará lugar á imposición de sancións por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar.


CHARLA INFORMATIVA: ALIMENTACIÓN E DIABETE

04/05/2015 - Novas do Concello

O xoves día 7 de maio as 18:30 h no auditorio o Concello de Coles en colaboración coa Asociación de Diabetes organizan una charla sobre ALIMENTACIÓN E DIEBETE sendo a ponente Dona MARISA RUIZ, enfermeira especialista en diabete.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal