Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

TICKET ELÉCTRICO SOCIAL

01/11/2014 - Novas do Concello

O Tícket eléctrico social consiste nunha axuda directa de 45 € semestre para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, incrementándose esta cantidade ata 60€ para os que acrediten ser familia numerosa.

A axuda consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribiur ao pagamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo, cuxos ingresos totais durante o ano 2013 non superen o importe de 6.390,13 euros. A Contía da axuda non poderá superar o importe da factura eléctrica pagada durante o semestre.

 


FESTA INFANTIL SAMAÍN

22/10/2014 - Novas do Concello

O venres día 31 de outrubro, de 19:00 h a 22:00 h, ven a divertirte no Pavillón de Coles coa Festa Infantil de Samaín! IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN, o martes 28, na Biblioteca do Concello, de 18:00 h a 20:00 h (2 euros/persoa incluídos adultos)


VII ANDAINA DE COLES

15/10/2014 - Novas do Concello

Un ano máis, no Concello, lévase a cabo a VII Andaina de Coles, que terá lugar o domingo, 26 de outubro.

A ruta será de 22 km, cun percorrido alternativo máis curto, e  saída da carballeira de Vilarchao ás 9:30 horas.

A inscrición será de 3 euros (ata o xoves 23 ás 14:00 horas).

O total da recadación destinarase a AFAOR 2.0 ALZHEIMER.


XIMNASIA DE MENTEMENTO

05/10/2014 - Novas do Concello

A partir do mércores día 8 de outubro, as 19 horas, o Concello de Coles pon en marcha un novo grupo de Ximnasia de Mantemento no local da antiga Escola de Ribela.

Esta actividade está condicionada a permanencia de grupo mínimo de participantes.

Nos diferentes locais sociais do Concello, os grupos comenzaron o día 1 de outubro.

Os destinatarios do Programa son os veciños e veciñas do Concello de Coles.

A actividade é totalmente gratuíta.


II ENCONTRO DE BANDAS- MEMORIAL D. JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ MONTES

01/10/2014 - Novas do Concello

O próximo domingo día 5 no Auditorio de Coles dará comezo o II Encontro de Bándas de Música MEMORIAL D. JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ MONTES.

Os concertos terán os días 5, 12, e 19 ás 18:00 h. Nesta edición contaremos coa presenza das seguintes bandas:

- BANDA DE MÚSICA-ARTÍSTICA DE MERZA (VILA DE CRUCES-PONTEVEDRA) DOMINGO DÍA 5.

 - BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE VALGA (VALGA – PONTEVEDRA) DOMINGO DÍA 12

 - BANDA DE MÚSICA – SANTÁDEGA (COLES –OURENSE) DOMINGO DÍA 19


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal