Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

LUDOTECA DE NADAL

02/12/2014 - Novas do Concello

Con motivo das vacacións de Nadal o Concello de Coles organiza unha ludoteca para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

A inscrición farase na Casa do Concello antes do día 18 de decembro.

As datas nas que terá lugar a ludoteca serán do 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro de 2014 e o 2 e 5 de xaneiro de 2015 en horario de 10.00 a 13.00h.

Entre as actividades que se levan a cabo están talleres de creatividade artística ( barro, collage...) xogos populares sesións de contacontos e animación á lectura, xogos dirixidos e libres, e moito mais. Sen que se nos esquece celebrar fin de ano e reis.

O custo total será de 5 euros, e so poderán participar nenos e nenas empadroados/as.


BASES PARA A CONTRATACION DE PERSOAL DE AXUDA NO FOGAR

01/12/2014 - Novas do Concello

BASES PARA A CONTRATACIÓN, POLO CONCELLO DE COLES, DE CATRO TRABALLADORES/ASNA OCUPACIÓN DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR.

TIPO DE CONTRATO: OBRA OU SERVIZO

DURACIÓN ESTIMADA: 12 MESES (01/01/2015-31/12/2015)

XORNADA: COMPLETA

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O DÍA 4 DE DECEMBRO. 


DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

22/11/2014 - Novas do Concello

O 25 de novembro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

No que levamos de ano 2014 foron 44 as vítimas deste tipo de violencia (6 en Galicia).

Pero ás 44 vítimas mortais tamén debemos sumar os 32 menores orfos, as 62.110 denuncias (de xaneiro a xuño), as 16.293 ordes de protección (de xaneiro a xuño) e a dor e repulsa de familiares e de toda a sociedade ante estas alarmantes cifras.

Con motivo desta conmemoración, o Concello de Coles quere expresar o seu rexeitamento e repulsa a todo tipo de violencia exercida contra a muller.


AUDITORIO - MES DE NOVEMBRO -

08/11/2014 - Novas do Concello

O sábado, día 15, ás 18:30 horas no Auditorio, poderemos desfrutar na compaña do Grupo de Teatro BARBAÑÁ que nos presentan: "Una rosa es  una rosa".

Tamén teremos a oportunidade de volver a escoitar a Luis Humberto (piano) e Baldomero Pavón (acordeón e tenor) no Concerto de Santa Icía (Patroa da Música) que terá lugar o domingo, día 23, ás 18:00 horas no Auditorio.

E o sábado, día 29, ás 18:30 horas no Auditorio, Conferencia sobre Seguridade Viaria baixo o lema "Coñecer e Vivir". Organizada coa colaboración da Xefatura Provincial da Dirección Xeral de Tráfico, a Asociación Provincial de Autoescolas de Ourense, a Deputación de Ourense e o Concello de Coles.


TICKET ELÉCTRICO SOCIAL

01/11/2014 - Novas do Concello

O Tícket eléctrico social consiste nunha axuda directa de 45 € semestre para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, incrementándose esta cantidade ata 60€ para os que acrediten ser familia numerosa.

A axuda consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribiur ao pagamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo, cuxos ingresos totais durante o ano 2013 non superen o importe de 6.390,13 euros. A Contía da axuda non poderá superar o importe da factura eléctrica pagada durante o semestre.

 


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal