Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

CAMPAÑA DE INFORMACIÓN SOBRE A RECICLAXE NA PRAZA DO CONCELLO DE COLES

23/06/2014 - Novas do Concello

O vindeiro luns 30 de xuño, de 10:00 horas ás 14:00 horas, realizarase unha campaña sobre a reciclaxe na Praza do Concello de Coles.

Esta actuación enmárcase no seo da campaña “Non rompas o esforzo de todos. Recicla"

Esperamos que esta actividade sirvan para que adoptemos –aínda con máis firmeza- o lema “Separemos Ben. Reciclaremos Mellor”, e contribuamos, deste xeito, a optimizar a xestión de residuos e a reducir os custes que estes nos ocasionan.

 

CAMPAMENTO DE VERAN PARA OS NENOS E NENAS DO CONCELLO DE COLES

19/06/2014 - Novas do Concello

O longo do mes de xullo de 2014, o Concello de COLES desenvolverá un amplo catálogo de actividades dirixidas á infancia, nenas/os de 3 a 12 anos, contando para elo coa colaboración de ALECRIN.

As actividades realizaranse de luns a venres durante, comezando o luns 23 de xuño e rematando o xoves 31 de xullo.

O noso programa une o didáctico e o divertido co fin de proporcionar un espazo de ocio construtivo onde, entre outros obxectivos, están fomentar a creatividade e a autoestima por un lado e ensinar valores como a tolerancia, a solidariedade e a responsabilidade.

Para logralo, o  equipo busca permanentemente a integración de todos os nenos e nenas nas dinámicas do campamento mediante técnicas que os invitan a participar nun conxunto de actividades non competitivas.

Na planificación tivéronse en conta criterios lúdicos, artísticos, educativos, culturais e deportivos, de xeito que a variedade de accións fomenten o interese das cativas e dos cativos nun proxecto plural dirixido ó seu enriquecemento persoal. O equipo de monitores, está formado por profesionales en educación infantil,

As arcas municipais asumirán, o 50% do custe do programa (60 euros). Non obstante, tamén é posible a gratuidade das actividades no caso familias con problemas económicos, previa presentación de documentación solicitada polo concello.


COLES TERÁ UN OBRADOIRO DE EMPREGO

18/06/2014 - Novas do Concello

 A Consellería de Traballo e Benestar anunciou a concesión dun obradoiro de emprego á Mancomunidade de Municipios Santa Águeda, conformada polos concellos de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín.

A idea inicial, dos catros alcaldes, foi a de solicitar en común dito obradoiro para 41 alumnas/os e dous módulos formativos: albañileria e axuda no fogar. Pero as praza concedidas quedando en 21 alumnas/os, suprimindo o modulo de Axuda no fogar.

A iniciativa durará seis meses e inclúe formación tanto teórica como práctica no ámbito de albañilería, e a través do cal, conseguiran un contrato laboral un total de 21 veciños/as en paro de estas localidades.

No que atinxe o Concello de Coles, ditas accións formativas acompañaranse na rehabilitación e mellora planta inferior da Antiga Escola de Cambeo, e Antiga Escola de Miegodevila e Local Social e as seus entornas.

Trátase, dunha acción beneficiosa para o municipio xa que redundará na mellora da cualificación persoal, na reparación do patrimonio, e non menos importante, na redución do desemprego que nos asola nestes momentos de crise.

O Concello de Coles aportará a cantidade para custear os materiais construtivos, mentres que a Consellería de Traballo contribuirá cos fondos necesarios para pagar as nóminas do alumnado e do profesorado.

As persoas desempregadas que desexen participar no proceso selectivo teñen que acudir o antes posible á oficina de emprego da Ponte ou do Carballiño, para deixar constancia do seu interese.

REQUISITOS MÍNIMOS DOS CANDIDATOS/AS (según art.11 da Orde do 23/12/2013 da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os talleres de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 ):

-Ter 18 ou máis anos de idade.

- Estar desempregados/as.

- Cumprir os requisitos para poder formalizar un contrato de formación e aprendizaxe. - Posuír a formación mínima en materia de competencias clave.

SITUACIÓNS PREFERENTES dos candidatos que cumpran os requisitos mínimos (según art. 11 da Orde do 23/12/2013 da Consellería de Traballo e Benestar):

- Os desempregados con RENDA ACTIVA DE INSERCIÓN

- Persoas con especiais dificultades de inserción no mercado de traballo:

 Traballadores menores de 30 anos. 

     Mulleres, especialmente as vítimas de violencia de xénero. 

    Desempregados que esgotaron prestacións e subsidios por desemprego.

 Persoas paradas de longa duración. 

    Persoas maiores de 45 anos. 

    Persoas que carezan de títulos universitarios e de FP de grao superior. 

    Persoas con discapacidade (que poidan desempeñar os traballos). 

    Persoas Beneficiarias da RISGA.

O proceso de baremación, entre os candidatos aportados polo servizo público de emprego, será levado a cabo por un grupo mixto composto por persoal da Consellería de Traballo e Benestar e dos Concellos integrantes da Mancomunidade.


ACTUACIÓNS XUÑO - AUDITORIO

28/05/2014 - Novas do Concello

O domingo, día 1 de xuño, ás 19:00 horas, poderemos gozar dunha tarde de corais na que contaremos coa actuación da Coral Polifónica “ANTIOQUÍA” de Xinzo de Limia, a Coral “RENFE” de Monforte de Lemos e a Coral “O ENCANTIÑO” de Barra de Miño.      

O domingo, día 8 de xuño, ás 19:30 horas, desfrutaremos coa actuación de A RUN RUN TEATRO que nos presenta “ULO SWING?”

E o sábado, día 14 de xuño, ás 19:00 horas, a Escola de Música de Coles amenizará a tarde co seu CONCERTO FIN DE CURSO.


PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

02/05/2014 - Novas do Concello

 OBRIGA DE LIMPEZA DE MALEZA E CERTAS ESPECIES ARBÓREAS NA PROXIMIDADES A EDIFICACIÓNS.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal