Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

CHARLA INFORMATIVA -ADERCOU- DINAMIZACIÓN NO RURAL

08/04/2014 - Novas do Concello

O venres, día 11 de abril, ás19:00 horas, terá lugar unha charla informativa no Auditorio, onde a Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca Ourense (ADERCOU) levará a cabo a charla: "Dinamización no rural".

Onde se falará sobre as subvencións do Fondo Europeo (Programa LEADER 2014/15) para a creación, ampliación ou modernización das pequenas e medianas empresas (PEMES).


CONCERTO DE JAZZ -TON RISCO E JACOBO DE MIGUEL

08/04/2014 - Novas do Concello

O sábado, día 12 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio, poderemos desfrutar dunha tarde de Jazz co concerto de Ton Risco e Jacobo De Miguel.

A música deste dúo, formado en marzo do 2006, está tinguida ca singular sonoridade da mestura de vibráfono e piano.


CHARLA INFORMATIVA- "ALTERNATIVA AGRICOLA" "A OLIVEIRA"

01/04/2014 - Novas do Concello

O día 4 de abril, ás 19.30 horas, no Auditorio desenvolvésese unha charla que leva o titulo "Alternatívas Agrícolas" "A OLIVEIRA". Os encargados de ofrecer a conferencia serán D. Fernando Pumar Cañizares, de Xerente de Viveiros "Latinoplant", D. Iago Gomez Fernandez, enxeñeiro técnico Agrícola, e D. José Galán Díaz, Xerente de "Aceites Galán" ,  os que disertarán sobre as posibilidades de Coles como lugar para o cultivo de oliveiras así como sobre os diferentes sistemas de cultivo que poderían aplicarse na zona para obter unha maior rendibilidade.

O obxectivo desta iniciativa é que en Coles se poidan establecer explotacións rendibles; fomentar o traballo conxunto entre produtores; establecer cultivos alternativos que axuden a diversificar a economía, e fomentar novos cultivos ecolóxicos.


CONCERTO CORAL DE RUADA

26/03/2014 - Novas do Concello

Este domingo día 30 de marzo, as 18:30 terá lugar no Auditorio de Coles actuará en concerto a Coral de Ruada.

A Coral de Ruada foi fundada no ano 1918 polos ourensáns Fabriciano Iglesias, Xabier Prado “Lameiro”, Xulio Prieto Nespereira, Virxilio Fernández e Cesáreo Eire. Presentouse no Salón Apolo de Ourense o día 24 de xuño de 1919 e en Madrid en 1920. O seu primeiro director foi o mestre Daniel González, con quen visitou América do Sur en 1931 e, con outras Agrupacións Galegas, representou a Galicia na Feira Internacional de Chicago en 1934. Na actualidade centra o seu labor na difusión dos temas folclóricos galegos e polifonía galega e universal nas Sociedades Culturais do País e do estranxeiro. Dende o ano 2002 preside a Xunta de Goberno da CORAL Eladio Quevedo Almoina. Compoñen a CORAL, actualmente, 44 voces mixtas e 7 instrumentistas (gaita, percusión, zanfona, piano e órgano) baixo a dirección de Xoán Antón Vázquez Casas.


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

05/03/2014 - Novas do Concello

O domingo día 9 de marzo, o Concello de Coles organiza un concerto para conmemorar o dia 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”.

O concerto celebrarase ás 18:30 h. no Auditorio, e actuará o grupo "CANTAREIRAS CHARAMUSGA" da Escola Municipal de Música.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal