Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

ABERTO NOVO PRAZO RENOVACION E NOVO INGRESO ESCOLA INFANTIL

22/02/2014 - Novas do Concello

Aberto o prazo de renovación e novo ingreso na Escola Infantil de Coles, do día 21 de febreiro ata o día 21 de marzo de 2.014. Para máis información: Escola Infantil de Coles "A GALIÑA AZUL" número de teléfono 988 204 466.


CHARLA INFORMATIVA PLAN MAIOR DE SEGURIDADE

31/01/2014 - Novas do Concello

Nestas últimas datas, as veciñas e veciños de Coles fomos testemuñas de unha serie de actos delituosos que crearon fonda  preocupación e alarma. Consciente desta preocupación no Concello de Coles organiza unha conferencia informativa impartida pola Garda Civil.

Mesmos da Garda Civil impartirán o sábado día 8 de febreiro as 18:30 horas, no Auditorio de Coles  unha charla informativa enmarcada no Plan Maior de Seguridade da Garda Civil, para dar a coñecer os diferentes riscos de seguridade existente. Entre os aspectos aos que se prestará especial ateción na charla estarán os roubos, as estafas, os enganos, as fraudes e todo tipo de actos delituosos que poñen o punto de mira nun sector tan vulnerable coma é o da terceira idade.


Edictos da Alcaldía

30/01/2014 - Novas do Concello

O Concello de Coles ven de publicar uns edictos de alcaldía concernintes a varios asuntos municipais.

Podes consultar a información completa nesta nova ou a través do apartado de Taboleiro de Anuncios do Concello Dixital na Web Municipal.


TALLERES DE MEMORIA

20/01/2014 - Novas do Concello

A semana do 27 de xaneiro, comenzará o sexto curso do taller de memoria do Concello de Coles, unha iniciativa destinada a todo os veciños/as.

Os talleres organízanse en sete grupos nas distintas parroquias,  co fin de achegar a actividade a todos os locais sociais e que podan participar o maior número de veciños/as.

Os obxetivos centrais destes talleres son mellorar a calidade de vida, ofrecer un espazo de interacción cos demais e de expresión propia, afondar na idea do auto-coidado e a motivación para levalo a cabo, adestrar en estratexias técnicas de memoria, así como estimular outros procesos cognitivos básicos como a percepción, atención, linguaxe, orientación espazo-temporal e a capacidade lóxica.

 

 


PREPARACIÓN PARA PROBA DE OBTENCIÓN TÍTULO DE E.S.O PARA MAIORES

12/12/2013 - Novas do Concello

O Concello de Coles, organiza un curso de preparación da proba libre para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, e  para mellorar a formación ,  destinado a  maiores de 18 anos.  


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal