Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

01/09/2014 - Novas do Concello

Os próximos días 22, 23 e 24 de setembro, os vehículos agrícolas poderán pasar a I.T.V. na estación móbil que se instalara nas inmediacións do polideportivo de Albán.

Os horarios serán de 9:00 h a 13:30 h pola mañá e de 15:15 h a 18:00 h. pola tarde. O día 24 o horario será de de 9:00 h a 13:30 h pola mañá.

Os vehículos agrícolas con menos de oito anos de antigüidade están exentos de pasar a inspección mentres que os que teñen menos de 16 a pasarán cada dous anos. Só aqueles vehículos que teñan máis de 16 anos deberán de pasar unha inspección anual. A documentación que se deberá de levar para revisar o vehículo agrícola é o permiso de circulación, a tarxeta de inspección técnica ou certificado de características do vehículo, o seguro obrigatorio e a cartilla de inscrición agrícola.

O teléfono de solicitude de cita previo é 902 30 90 00, ou na paxina web www.sycitv.com.


INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES

01/09/2014 - Novas do Concello

O próximo día 15 de setembro, os ciclomotores de dúas rodas e máis de 3 anos de antigüidade poderán pasar a I.T.V. na estación móbil que se instalara nas inmediacións do Edificio de Protección Civil en Vilarchao.

Os horarios serán de 9:00 h a 13:30 h pola mañá e de 15:15 h a 18:00 h. pola tarde.

A documentación que se deberá de levar para revisar os ciclomotores de dúas rodas é o permiso de circulación, a tarxeta de inspección técnica ou certificado de características do vehículo e o seguro obrigatorio. .


CHARLA INFORMATIVA - CONTRATOS DE FORMACIÓN E APRENDIZAXE -

19/08/2014 - Novas do Concello

O día 22 de agosto, ás 19:00 horas, terá lugar no Auditorio do Coles, unha Charla Informativa sobre os Contratos de Formación e Aprendizaxe. 

A charla irá destinada a mozos/as maiores de 16 e menores de 30 anos, empadroados no Concello, que carezan de cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación profesional para o Emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou ocupación obxecto do contrato

- Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de equipos eléctricos e electrónicos.

- Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.

- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.


SUBVENCIÓN RENOVACION DE CUBERTAS E REHABILITACIÓN DE FACHADAS.

28/06/2014 - Novas do Concello

A Consellería de Economía e Industría publica na Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN423B).

Esta SUBVENCIÓN e para :

- RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA.

- RENOVACIÓN DE CUBERTAS DE LOUSA.

- REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS DE EDIFICACIÓNS

A contía da subvención e do 30 % dos custos subvencionables (CON TOPES MÁXIMOS)

O prazo de solicitudes de do 28 de xuño ao 31 de xullo de 2.014.

Para máis información dirixirse as oficinas do Concello de Coles.

 

CAMPAÑA DE INFORMACIÓN SOBRE A RECICLAXE NA PRAZA DO CONCELLO DE COLES

23/06/2014 - Novas do Concello

O vindeiro luns 30 de xuño, de 10:00 horas ás 14:00 horas, realizarase unha campaña sobre a reciclaxe na Praza do Concello de Coles.

Esta actuación enmárcase no seo da campaña “Non rompas o esforzo de todos. Recicla"

Esperamos que esta actividade sirvan para que adoptemos –aínda con máis firmeza- o lema “Separemos Ben. Reciclaremos Mellor”, e contribuamos, deste xeito, a optimizar a xestión de residuos e a reducir os custes que estes nos ocasionan.

 

 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal