Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

Convocatoria persoal laboral temporal 1 traballador/a social 1/2 xornada

18/12/2017 - Novas do Concello

01. Número de prazas:1. 02. Denominación: traballador/a social. 03. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. 04. Xornada: parcial (1/2 xornada), 20 horas semanais, de luns a venres. 05. Servizo: Servizo de axuda a domicilio (SAD). 06. Sistema de selección: concurso de méritos. 07. Duración do contrato: ata a fin de servizo (31/12/2018). 08. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 758,33 €. 09. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. 10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34 – 32152 Coles) e na súa páxina Web.


LUDOTECA DE NADAL

10/12/2017 - Novas do Concello

Un ano máis nestas datas, o Concello de Coles oferta para os máis cativos unha Ludoteca de Nadal, enfocada a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Os días que permanecerá en funcionamento serán o 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 10:00 h a 13:00 h e cun prezo de 25 euros por neno.

Tamén se oferta a posibilidade horaria de 9:00 h a 14:00 h, cun prezo de 35 euros por neno, neste caso.

As prazas son limitadas e con preferencia para empadroados e empadroadas.

inscrición será ata o 19 de decembro.


AUDITORIO DE COLES - NADAL

10/12/2017 - Novas do Concello

Este Nadal, no Auditorio de Coles, poderemos desfrutar coas actuacións das diferentes agrupacións do concello, así como algún invitado máis, que nos acompañará nestas datas.

O domingo, 17 de decembro, ás 18:30 horas serán as corais "A Torre" de Maside e "Encantiño" de Barra de Miño as encargadas de amenizar esta tarde de concerto.

O sábado 23 de decembro, ás 18:30 horas, Concerto de Nadal coa "Escola de Música de Coles" e representación teatral da "Escola de Teatro de Coles".

O domingo 7 de xaneiro, ás 18:30 horas, continuaremos co concerto das corais "Os Trinos" (Gustei) e "Cantares de Coles" (Coles).

E para rematar esta programación de Nadal, o domingo 14 de xaneiro, ás 18:30 horas, será a quenda para a coral "Liceo de Ourense".


Convocatoria persoal laboral temporal para o servizo de axuda a domicilio

15/11/2017 - Novas do ConcelloConvocatoria para a contratación laboral que logo se indica, en cumprimento do Decreto da Alcaldía de data 10/11/2017. 01. Número de prazas:8. 02. Denominación: auxiliar de axuda no fogar. 03. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. 04. Xornada: completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. 05. Servizo: Servizo de axuda a domicilio (SAD). 06. Sistema de selección: concurso de méritos. 07. Duración do contrato: ata a fin de servizo (31/12/2018). 08. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 1.044,14 €. 09. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: 7 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. 10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34 – 32152 Coles) e na súa páxina Web www.concellodecoles.com

CONCERTO BANDA DE MÚSICA "SANTÁDEGA"

14/11/2017 - Novas do Concello

O sábado día 25 de novembro, ás 19:00 horas no Auditorio de Coles, a Banda de Música “SANTÁDEGA” ofrecerá un concerto para celebrar Santa Icía - Patroa da música.

A banda de música Santádega nace en marzo do 2008 por iniciativa de Luís Humberto Cao Fernández, pianista natural de Vilarchao (Coles). A denominación ten a súa orixe no castro da Santádega, (Cuadernos de Estudios Gallegos LIII, N.º 119 D. Ramón Otero Pedraio).

Esta iniciativa tamén vai parella á Escola de Música Municipal de Coles, na que se están formando os novos músicos. 

A idea foi acollida con entusiasmo por considerala de grande interese sociocultural para a recuperación da memoria musical desta zona na que as bandas tiveron un importante protagonismo.

Chegamos a ter ata oito bandas de música nas que os seus compoñentes, tanto músicos como directores, sempre se distinguiron polo seu talento e profesionalidade: Vilarrubín (1.850-1.955), Amoeiro (1.927-1.951), Rivela (1.905-1.951), Bóveda (1.930-1.959), Cornoces (1.918-1.935), Cambeo (1.930-1.945), Albán (1.925-1.952) e Coles (1.950-1.959).

Podemos citar algúns dos seus compoñentes, que estarán na mente de todos, como: Xosé Figueiras, Edmundo Figueiras, Claudino, Lloves, Prada, Facundo de Cambeo, Cándido Fernández, Chicho de Albán, Segis e Eliseo de Vilarchao, Manuel González, Hipólito, Adolfo de Vilarrubín, Lolo de Vilarchao, Manuel Cao, Berto e Adolfo de Cudeiro (os Pichís)...

O concerto inaugural tivo lugar o día 3 de maio do 2008 en San Eusebio (Coles), posteriormente realiza concertos en varias localidades de Galicia. Nestes anos de experiencia, a banda foi consolidando un historial digno de ter en conta, cun repertorio coidado e cunha interpretación moi matizada.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal