Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Novas do Concello

A ESCOLA DE MÚSICA DE COLES ABRE O PRAZO DE MATRICULACIÓNS PARA O CURSO 2017/2018

05/09/2017 - Novas do Concello

O prazo de inscrición para o curso 2017-2018 da Escola de Música Municipal de Coles está aberta dende o día 5 ó 25 de setembro.

A oferta é moi ampla e variada, dende Música e movemento (para menores de 7 anos), solfeo e linguaxe musical, a formación instrumental (en instrumentos como: frauta, clarinete, saxofón ou trombrón, tuba, percusión, pandeireta, etc.)

En música, completarase a ensinanza con participación en grupos colectivos que se organicen na escola, como é o caso da Banda Infantil.

Os interesados deberán realizar a inscrición nas oficinas do Concello. O horario de atención ó público é de 8:30 h a 14:30 h.

A presentación do vindeiro curso da ESCOLA DE MÚSICA será o venres  día  29 de setembro ás 20:00 h no Auditorio de Coles.


ACTIVIDADES 2017/2018 PAVILLÓN DE COLES

05/09/2017 - Novas do Concello

Aberto o prazo de inscrición para as actividades que se desenvolverán no Pavillón de Coles durante o período 2017/2018.

As actividades que se levarán a cabo este ano son: os

 LUNS -  AEROBIC DANCE as 19:30 h. e PILATES as 20:30 h.

MARTES - IOGA ás 20:30 h.

MÉRCORES - PILATES ás 19:30 h. e CARDIO as 20:30 h.  

XOVES - AEROBIC DANCE ás 20:30 h.

As clases son de unha hora de duración.

Os grupos organizaranse  fixando  uns mínimos e máximos de persoas  inscritas nos mesmos,  sempre tendo en conta preferencia segundo a data de inscrición.

O custo será de 5 euros mensuais por actividade/clase para empadroados/as e 10 euros mensuais para non empadroados/as (prioridade na inscrición empadroados).

Será necesaria a inscrición no concello, ata o día 25 de setembro.

O comezo das actividades será o día 2 de outubro.


ESCOLA DE TEATRO DO CONCELLO DE COLES

05/09/2017 - Novas do Concello

A Escola de Teatro do Concello de Coles iniciará o curso o próximo mes de outubro, e xa abriu o prazo de presentación de matrícula, dirixido tanto  a rapaces como a adultos.

As persoas interesadas deberán facer a inscrición no concello

O grupo de  de teatro “COLES-TEATRO” inicio o seu percorrido o outubro do 2016,  e en xuño presenta a obra  “A ILLA MARELA”, obtendo un rotundo exito.

O seu horarió de ensaio e os xoves.

O grupo vai estar dirixido por Matilde Vázquez.

 


Convocatoria para a contratación laboral de 2 choferes para vehículo motobomba

30/08/2017 - Novas do ConcelloConvocatoria para a contratación laboral de dous choferes para vehículo motobomba

II ROMARIA BRAVA

29/08/2017 - Novas do Concello

O Concello de Coles colabora coa organización da “II Romaría Brava” un encontro que pretende recuperar a cultura tradicional, que se celebrará o sábado 9 de setembro no campo da festa de Cambeo.

Haberá sesión vermú, animación infantil, obradoiro de baile tradicional e concertos.

A partir das 13:00 horas sesión vermú amenizada polo grupo “OS RAMPEIROS” e xantar a prezos populares.

Os xogos e enredos para os mais cativos serán a partir das 16:30 horas.

As 18:00 horas haberá obradoiro de Baile acompañados das Pandereiteiras “CHARAMUSGA” de Coles.

A partir das 19:30h, a tarde estará amenizada cos concertos de OS RAMPEIROS (Baixa Limia), CANTARALAI (Limia), Xavier de Meri (Xunqueira de Ambia) e con XESTREU (Ourense).

Rematando con unha gran Foliada Aberta.

Trae o teu instrumento e desfruta da Romaría Brava!!


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal